19 dic 2014

OS 4 REIS MAGOS

O alumnado de 4º limos unha historia sobre a existencia do cuarto rei mago: Melchor, Gaspar, Baltasar e Arbatán. Que interesante!


17 dic 2014

PEQUENOS ARTISTAS

Hoxe, os nenos e nenas de 3º e 4º fomos ver unha exposición de arte. Había moitos cadros bonitos de Dalí, Picasso, Miró, Laxeiro,Urbano Lugrís.... Fixemos un xogo para adiviñar cadros seguindo unhas pistas. Despois fixemos a nosa propia obra de arte: unha escultura que nos saiu xenial! Pareceume moi bonito.
                                                                                                                 
                                                                                                                 SARA MÍGUEZ 3º


FELIZ ANIVERSARIO!


Parabéns para os nenos e nenas que cumpriron anos este trimestre: Candela, Karla, Chano, Luis, Brais e Manuel.


OS MOVEMENTOS DA TERRA E AS SÚAS CONSECUENCIAS

Este é o último traballo realizado polo alumnado de 3º. Os nenos e nenas deste grupo  (Sara Míguez, Sara Elisa, Vanesa, Álvaro, Alén e Carla García) tuveron que facer un importante esforzó para buscar, seleccionar e resumir a información. Para a presentación final usaron a aplicación EDUCREATIONS .

12 dic 2014

NADAL

   O alumnado de 4º de Primaria escribimos a nosa carta para Xián, o Xestor Intergaláctico de Agasallos do Nadal. As nosas cartas son as primeiras que hai na caixa de correo!  E tamén lles escribimos unha postal de Nadal ao alumnado de 4º do colexio de Portosín.               Bo Nadal!!!!




11 dic 2014

ORIENTACIÓN

Un novo traballo realizado polo alumnado de 3º, dentro do tema "O Planeta Terra". Nesta ocasión Candela, Diego, Brais Espiña e Manuel utilizaron a aplicación VOICE para ipad. O difícil sempre é a busca e selección da información así como á elaboración dos textos, utilizando unha linguaxe que poidan entender.

8 dic 2014

O SISTEMA SOLAR: IMAXE INTERACTIVA

Luis, Karla, Anxo e Brais Portos traballaron coa aplicación THING LINK para ipad, que permite crear imaxes interactivas. Nesta imaxe tiveron que incluír textos, vídeo e fotos para axudarnos a lembrar algúns termos do tema que estamos a estudar: galaxias, planetas, Vía Láctea...

A TERRA: ESTRUCTURA E PECULIARIDADES. OS VOLCÁNS.

O equipo formado por Chano, Idalina, Iria, Antón, Daniel e Airas preséntanvos este traballo realizado coa aplicación EDUCREATIONS para ipad. Utilizaron libros divulgativos, libros de texto e internet para buscar información (textos e imaxes. Unha vez seleccionada a información, tiveron que organizala e facer a gravación. A última etapa do proceso é a exposiciónoral para os compañeiros/as.

27 nov 2014

APRENDENDO AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Cambiando de tema, aquí tedes uns enlaces para aprender as táboas de multiplicar de forma divertida. Espero que o pasedes ben e que as aprendades pronto.






MÁIS SOBRE O UNIVERSO

Como os nenos e nenas están encantados co tema do Universo déixovos este enlace a unha páxina sobre o tema.



TRABALLANDO SOBRE O PLANETA TERRA

Os nenos e nenas de 3º andan metidos nun novo proxecto de aprendizaxe. Nesta ocasión o tema central é "O planeta Terra".
Dispoñen dun guión e unhas tarefas estruturadas en distintas fases, que teñen que realizar. As presentacións, realizadas cos ipads, conlevan a posterior exposición oral para os compañeiros.
Aínda que difícil, tamén lles resulta moi interesante e motivador. Estas son imaxes do traballo nos distintos equipos.

24 nov 2014

ANO PLATERO

O alumnado de 4º celebramos o centenario (1914-2014) da publicación de "Platero y yo" (libro traducido a 48 idiomas) de Juan Ramón Jiménez (Premio Nobel de Literatura) facendo unha lectura conxunta.

19 nov 2014

A ORIXE DO UNIVERSO E ALGO MÁIS

Iste é o título dunha pequena presentación, que elaborei para introducir ao alumnado de 3º no tema que están empezando, O PLANETA TERRA, empezando pola súa orixe.


A GUERRA DE TROIA

 Hoxe, o alumnado de 3º e 4º, estivemos no Auditorio de Galicia vendo un espectáculo histórico de narración, títeres e animación titulado: "A guerra de Troia".

                                   Os gregos á esquerda do escenario e os troianos a nosa dereita.

ASÍ FIXEMOS O NOSO EXPERIMENTO


Durante a II Semana da Ciencia en Galego fixemos un experimento para aprender que lle fai o vinagre aos ósos. Así repasamos o tema da alimentación. Aprendemos que o vinagre, como é acedo, quitáballe o calcio aos ósos.Todos sabemos que os ósos necesitan moito calcio. Realizamos un cómic para presentarlle aos compañeiros de 4º o noso experimento.
Aprendemos moito e foi moi fácil. Agora gustaríanos facelo outra vez!

CHANO, KARLA E DIEGO


12 nov 2014

UN DÍA CON ÁNGEL CARRACEDO

O luns 10 de novembro, Ángel Carracedo estivo no noso colexio dándonos unha charla sobre o ADN. Fixo un experimento para demostrarnos como podemos ver o ADN nuns chícharos. Explicounos moi ben como se facía. Ao final, fixemos unha rolda de preguntas por se non entenderamos algo sobre o que nos explicou. Pareceume unha boa experiencia porque tiña ganas de coñecelo. Ademais eu non entendía moito que era o ADN e agora xa entendo máis o que é.        
                                                                                                               SARA MÍGUEZ 3º



                                

 Para min foi un honor que Ángel Carracedo viñese ao noso colexio porque é un científico moi importante, coñecido en todo o mundo. Contounos cousas moi interesantes sobre o seu traballo.

                                                                                                                         ANTÓN LAREO 3º

 Como ben din os nenos, foi un honor contar coa presenza de Ángel Carracedo no noso cole.A experiencia foi estupenda tanto para os nenos e nenas como para as profesoras que tivemos a sorte de poder escoitalo. Para os que non puidestes facelo, deixámosvos unha pequena mostra. Aproveito para reiterarlle o noso agradecemento porque ben sabemos como anda de atarefado e, sen embargo, fixo un oco na súa axenda para visitarnos. Moitas grazas!

11 nov 2014

FIXEMOS UN ESPIRÓMETRO

O alumnado de 4º EP fixo un espirómetro para poder medir a capacidade pulmonar. Estes son os pasos necesarios para poder facelo na casa, narrados por eles mesmos/as. Utilizaron a aplicación VOICE, para ipad.

10 nov 2014

LIBRO ALIMENTACIÓN 3º

Aínda que con retraso, déixovos hoxe a presentación dos traballos feitos polo alumnado de 3º, dentro do proxecto sobre alimentación.

9 nov 2014

AS EXPOSICIÓNS NA SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

O venres, tivemos unha sesión científica, con intercambio de experiencias entre o alumnado de 3º e o de 4º. Estes rapaces e rapazas, que traballaron durante días nos preparativos, demostraron que teñen moita soltura para falar en público. Resultou ser unha experiencia moi positiva para todas e todos.

8 nov 2014

OBRA DE TEATRO E VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

 O mércores, 5 de novembro, o alumnado de 3º e 4º asistimos a unha representación teatral "Rumpelstikin, o anano saltarín" (Como é posible fiar de calquera herba seca un fío de ouro puro? Cal é o prezo da riqueza?...). Antes aproveitamos para ver a exposición de marionetas de África que había alí tamén. A continuación, visitamos o Museo de Historia Natural.





6 nov 2014

TRABALLANDO EN EQUIPO EN 3º

Estas son imaxes de hoxe. Traballo en equipo do alumnado de 3º:
Uns, aplicando os coñecementos adquiridos no proxecto da alimentación, tiñan que preparar menús equilibrados.
Outros facendo esquemas do tema actual de Ciencias Naturais, aprendendo a seleccionar as ideas principais e as secundarias e a organizar a información. Todo iso coa axuda dos ipads, usando a aplicación MINDOMO.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS















https://plus.google.com/photos/105555881205836485805/albums/6078638990912704673/6078638993660551442?banner=pwa&pid=6078638993660551442&oid=105555881205836485805

2º MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL

Estas son algunhas fotos da participación do alumnado de 3º e 4º no 2º MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL, celebrado na Biblioteca Ánxel Casal. Son de baixísima calidade pero así saíron...
Trabalinguas, sortes de rifas, cantigas de berce, diálogos á porta da casa... Unha marabilla escoitalos a todos e todas.

4 nov 2014

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Estes días todo o alumnado e profesorado andamos moi ocupados, entre outras cousas. Aínda non podemos deixarvos a presentación completa, para non perder a sorpresa. Déixovos un avance dos preparativos na clase de 4º.

31 oct 2014

GRAVANDO VÍDEO PEÓN

O San Martiño está cerca e nós xa empezamos a traballar un pouco o xogo tradicional propio desta época, o peón.
O alumnado de 4º fixo unhas fotos a algúns dos seus compañeiros/as mentres estaban diante da cámara de vídeo.

30 oct 2014

CELEBRANDO O SAMAÍN EN 4º


A nai da nosa compañeira Laura fixo unha torta de cabaza e unha flor para cada un!!! Que rico!!! Graciñas.

7 oct 2014

TRABALLAMOS CO CORPO EN ED. FÍSICA - 3º

Hoxe descubrimos moitos xeitos de representar  figuras utilizando os nosos corpos. Como podedes ver non foi nada aburrido.

17 sept 2014

MAPA MENTAL ALIMENTACIÓN 3º

Empezamos a andaina do curso e tamén iniciamos un proxecto de aprendizaxe sobre ALIMENTACIÓN.
Isto é o que os rapaces e rapazas de 3º fixeron xuntando coñecementos previos. E non foi pouco.

16 sept 2014

EXPOSICIÓNS-4º

O alumnado de 4º fixemos unhas pequenas exposicións: AMAL sobre Palestina, SAMIRA sobre Uzbekistán, LAURA (e HUGO) falaron de Galicia, MANUEL das Illas Canarias, ÓSCAR de Escarabote, GAEL (e RUBÉN) sobre Santa Comba e BRUNO sobre a República Dominicana. Canto aprendimos!!!!

24 jun 2014

FIN DE CURSO 2013-2014

O curso rematou e a xornada deixounos imaxes moi simpáticas que quero compartir con todos vós. Aproveito para agradecervos, alumnado e familias, estes dous anos de magnífico traballo e colaboración. Foi todo un pracer.
Bo verán!
PREME PARA VER A GALERÍA 

20 jun 2014

GALERÍA DE FOTOS DO OBRADOIRO DE COCIÑA VEXETAL

José Luis Fernández Alló comentoume a posibilidade de que colgara fotos no flickr, para que poidades baixalas con máis calidade. Pois aí van estas reptidas; preme na imaxe para velas.

19 jun 2014

ESPECTÁCULO DE MAXIA

O mago Óscar fixo as delicias de nenos e mestras nunha sesión que tivo lugar na biblioteca Ánxel Casal: cartas, panos de cores, bolas, laranxas... todo valeu para sacar o sorriso e os aplausos do público, formado polo alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º. Déixovos esta galería de imaxes da xornada


18 jun 2014

PASEO POLOS HORTOS DO SARELA - LERMO

Hoxe si que podemos dicir que rematamos o proxecto sobre os hortos. Puidemos dar un paseo á beira do río Sarela e afianzar un pouco os contidos adquiridos. Vimos todo tipo de hortos e repasamos un pouco sobre os ecosistemas.
As fotos, algunhas delas feitas polo propio alumnado podedes velas premendo  a imaxe.

VISITA A PORTOSÍN

Que día pasamos todos xuntos hoxe! Boa compañía, magníficas visitas e un día de praia que... Mirade as imaxes e que eles/as vos conten.

17 jun 2014

SESIÓN DE XOGO LIBRE EN EDUCACIÓN FÍSICA

Estas son algunhas das actividades que inventaron hoxe os alumnos/as de 3º e 4º, nunha clase conxunta de Ed. Física. As imaxes falan por sí mesmas.

16 jun 2014

OBRADOIRO DE COCIÑA VEXETAL

 Por fin chegou o día de meternos na cociña de novo. Neste caso había que cociñar e comer hortalizas e froitas, algo especialmente difícil nestas idades. Pero demos un pasiño máis e, nunha gran maioría, isto foi posible.
Xa sabemos que non todos/as son atrevidos para probar pero, algúns dos que o fixeron, quedaron sorprendidos/as gratamente cos novos sabores. Tamén sacaron a conclusión de que a comida elaborada por eles está moi boa.


15 jun 2014

A HISTORIA DO OVO DE PATA

Noa e súa irmá Claudia atoparon un ovo de pata, que semellaba estar "en apuros"; decidiron levalo para a casa para poder salvalo...
O caso é que ovo acabou pasando pola nosa clase para poder telo ben abrigadiño. O equipo de salvamento foi medrando coa incorporación de María, Sandra e Paula. Xuntas presentaron o ovo ante o grupo e tamén un traballiño sobre outros animais aos que axudaron en algunha ocasión.
O caso é que parecía que se escoitaba un son procedente do ovo... Conseguirán que saia o patiño?



PRESENTACIÓNS SOBRE O HORTO

Déixovos as imaxes das presentacións feitas por todo o alumnado de 4º, dentro do último proxecto deste curso. Uns con máis soltura e outros con algo menos, todos e todas defenderon o traballo realizado. Tamén houbo, como sempre, un importante intercambio de preguntas-respostas.


13 jun 2014

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

Hoxe o alumnado de 4º tivo a oportunidade de gozar cunha clase de Ed. Física extra. Aproveitando a marcha dos compañeiros de 6º, que ían de acampada, realizaron unha carreira de orientación polo recinto do colexio. A actividade presentábase como un reto para eles e podo dicir que saíron moi, pero que moi satisfeitos/as. E a profe tanto ou máis.
Foron capaces de orientarse moi ben, parándose a interpretar o plano, axudándose uns a outros...
E xa reservaron outra para o seguinte curso!

11 jun 2014

OBRADOIRO DE COCIÑA: ESPETADAS DE FROITA CON CHOCOLATE

A sobremesa do noso menú "hortícola" será a base de froita: ESPETADAS DE FROITA DO TEMPO  CON CHOCOLATE.
Quen se vai resistir a isto?

OBRADOIRO DE COCIÑA: ROLIÑOS DO HORTO

Sabedes aquelo que di "gústame, non me gusta, gústame, non me gusta...". Imos xogar a ese xogo, que vos parece?
O luns daremos por rematado o traballo sobre o horto...
- Como?
- Pois "comendo"
- Si, comendo; pero primeiro teremos que cociñar, ¿non?

Unha comida a base de produtos do horto, que teremos que probar polo menos...
O primeiro prato consistirá en ROLIÑOS DO HORTO, déixovos a receita.

9 jun 2014

ANIVERSARIOS EN 4º: SERGIO LISTE E ÓSCAR

Hoxe é o aniversario de Óscar pero, como non fixemos a foto de Sergio o propio día, hoxe deixo a presentación dos dous.
Parabéns para eles!



QUE QUEREMOS SER DE MAIORES O ALUMNADO DE 3º

ISMA : arqueólogo. LAURA : alcaldesa ou bailarina. HUGO E BRUNO : cociñeiros. GAEL : veterinario,camareiro ou xogador de baloncesto. MANUEL : profesor de Educación Física. TAMARA : Azafata ou médica. SAMIRA: médica ou cantante. RUBÉN : policía. DAVID : tractorista. TRIANA : bailadora de flamenco. AMAL : mestra de Infantil.

AMAL NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"

O xoves 5 de maio, pola tarde, estivo a nosa compañeira Amal contando un novo conto árabe coa súa nai e irmán. Vedes o pescador?
O día 7 de xullo volverán!!!

6 jun 2014

O PLANETA TERRA ESTÁ EN PERIGO

Esa é a conclusión que sacaron os nosos alumnos/as ao facer este traballo. Eles propoñen unha serie de solucións que todos podemos aportar para resolver, en certa medida, moitos dos problemas que a vida actual provoca no noso planeta.
Así que xa sabedes... A aportar o vóso gran de area!



O PLANETA TERRA ESTÁ EN PERIGO on PhotoPeach

O HORTO COMO ECOSISTEMA

Por fin rematamos este traballo de investigación sobre ecosistemas. O horto en xeral e o horto ecolóxico foron obxecto de profundo estudo. Na vindeira semana faremos a presentación, cada parella mostrará a súa parte e entre todos iremos facendo suxestións, preguntas, etc. A edición en maxilibro xa a temos na aula para que o poidan ir manexando libremente.
Estamos moi satisfeitos co traballo realizado grazas á colaboración de todos.