Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas

13 feb 2019

AS MATEMÁTICAS SABEN RICAS RICAS!

Quen dixo que as matemáticas son aburridas?
Hoxe demostramos que unha clase de matemáticaspode ser moi divertida. Tratábase de afianzar o concepto matemático de fracción utilizando como recurso unha riquísima pizza. Ademais de facelas tuveron que ir superando os retos que tiñamos preparados: repartir entre 5, repartir en trozos diferentes pero que todas as persoas comeran a mesma cantidade, trozear a pizza rectangular para compartir entre todos/as, calcular con decimais os cartos que gastamos para facer esta actividade...

Lorraine, a alumna en prácticas, e máis eu quedamos gratamente sorprendidas polo bo traballo feito.


1 nov 2018

OBRADOIRO DE COCIÑA: FLAN DE CASTAÑAS

Onte aproveitamos a visita á Praza de Abastos para comprar as castañas e o resto de ingredientes para facer un flan de castañas. Con este xesto queremos concienciar da necesidade de mercar produtos de temporada e, na medida do posible, de proximidade. Será un beneficio para a vosa saúde e a do noso planeta.
A sesión de cociña resultou todo un éxito e poidemos  convidar aos nosos compañeiros/as de 4ºB, que nesta ocasión non puideron participar na actividade con nós.



1 jun 2016

OBRADOIRO DE COCIÑA GALEGA

Hoxe rematamos o proxecto anual "Coñecer Galicia". E na nosa terra celebramos case todo cos mellores manxares.
Nós elaboramos 2 empanadas (unha de atún e outra de xoubas) e uns riquísimos amendoados de Allariz.
Tivemos a valiosísima axuda de Mª José Carbonell, a nai de Rodrigo, que puido comprobar en directo  o marabilloso traballo que realizamos cada día nun centro educativo e tamén o esgotador que pode chegar a ser.
Pasamos unha mañá estupenda e os resultados, a pesar dos "problemiñas", foron moi satisfactorios.

31 may 2016

OBRADOIRO DE COCIÑA GALEGA

O curso está a piques de finalizar e con el tamén imos rematando o noso proxecto "Coñecer Galicia".
Mañá levaremos á práctica úas receitas típicas da gastronomía galega: empanada de xoubas e de atún e amendoados de Allariz. Colaborará con nós Mª José Carbonell (nai de Rodrigo), que aportou a proposta para facer os amendoados.
Seguro que o pasaremos moi ben e todo estará riquísimo!



7 nov 2015

MADALENAS DE RISA

Despois do obradoiro de galletas de medo e das trufas terroríficas de Anxo e súa nai, Yam e seu pai ( para sacarnos o medo de enriba) fixeron madalenas de risa con diferentes debuxos que nos encantaron. Moitas grazas!




28 oct 2015

COCIÑA DE MEDO

Hoxe tivemos a sorte de contar, unha vez máis, coa colaboración familiar. Novamente Mari, a nai de Chano, levou a cabo unha actividade divertida: a elaboración de galletas de medo.
Unha masa con azucre, manteiga, ovos e fariña. Moldeamos con forma de dedo e engadimos un pouco de "sangue" (marmelada de fresa) debaixo da unlla (amendoa). Un anaco ao forno e .... a comer!
Ummmm, que ricas!

E tamén houbo cociña de medo na casa de Anxo e como saben que somos lambóns mandaron a Anxo cargado de "trufas de chocolate" con ollos e boca. Vaia día de festa total!

Grazas familias pola vosa colaboración neste SAMAÍN 2015: cabazas, obxectos para a decoración, lambetadas...

30 oct 2014

CELEBRANDO O SAMAÍN EN 4º


A nai da nosa compañeira Laura fixo unha torta de cabaza e unha flor para cada un!!! Que rico!!! Graciñas.

20 jun 2014

GALERÍA DE FOTOS DO OBRADOIRO DE COCIÑA VEXETAL

José Luis Fernández Alló comentoume a posibilidade de que colgara fotos no flickr, para que poidades baixalas con máis calidade. Pois aí van estas reptidas; preme na imaxe para velas.

16 jun 2014

OBRADOIRO DE COCIÑA VEXETAL

 Por fin chegou o día de meternos na cociña de novo. Neste caso había que cociñar e comer hortalizas e froitas, algo especialmente difícil nestas idades. Pero demos un pasiño máis e, nunha gran maioría, isto foi posible.
Xa sabemos que non todos/as son atrevidos para probar pero, algúns dos que o fixeron, quedaron sorprendidos/as gratamente cos novos sabores. Tamén sacaron a conclusión de que a comida elaborada por eles está moi boa.


11 jun 2014

OBRADOIRO DE COCIÑA: ESPETADAS DE FROITA CON CHOCOLATE

A sobremesa do noso menú "hortícola" será a base de froita: ESPETADAS DE FROITA DO TEMPO  CON CHOCOLATE.
Quen se vai resistir a isto?

OBRADOIRO DE COCIÑA: ROLIÑOS DO HORTO

Sabedes aquelo que di "gústame, non me gusta, gústame, non me gusta...". Imos xogar a ese xogo, que vos parece?
O luns daremos por rematado o traballo sobre o horto...
- Como?
- Pois "comendo"
- Si, comendo; pero primeiro teremos que cociñar, ¿non?

Unha comida a base de produtos do horto, que teremos que probar polo menos...
O primeiro prato consistirá en ROLIÑOS DO HORTO, déixovos a receita.

15 nov 2013

TORTA DE CABAZA

   Hoxe, en 3º; comimos -antes da celebración do Magosto- unha torta de cabaza feita pola nai de Laura. Que ricaaa!


14 nov 2013

OBRADOIRO DE COCIÑA

   Hoxe fixemos o primeiro obradoiro de cociña para 3º. A profe/chef Cristina axudounos a preparar unha torta fría de froitos do outono, unha torta de mazá e minipalmeiras no forno. Rico, rico!!!




26 sept 2013

VISITAMOS O MERCADO DE ABASTOS

A  mañá semellaba longa pero tiñamos moito traballo por diante.
Seis equipos de reporteiros, coas súas cámaras, fixeron entrevistas a distintas persoas que venden os seus produtos no mercado. Non foi tarefa fácil; non todos aceptan ser gravados e as preguntas tampouco querían saír aínda que as tiñamos preparado na clase. As persoas foron moia amables e os resultados poderedes velos nun programa especial que estamos a preparar e que publicaremos no blogue leriasdevite.
Despois a visita guiada por Leandro, mediante a cal poidemos aprender un pouco máis do funcionamento da praza en xeral e de distintos postos e produtos.
E chegou o momento de mercar todo o necesario para preparar a nosa merenda saudable: pan, tomates ben maduriños, xamón e ata uns allos.
A merenda saíu fenomenal e, ata os que dicían non gustar do tomate, acabaron pedindo outra ración. Sempre hai excepcións, claro!

25 sept 2013

PAN CON TOMATE E XAMÓN

Mañá imos facer unha visita ao Mercado de abastos. Será unha xornada práctica combinando o tema 1 de Coñecemento do Medio sobre DIETA SAUDABLE E NUTRICIÓN coa campaña anual da biblioteca, OS OFICIOS E AS PROFESIÓNS.

Sen dúbida que aproveitaremos ben o tempo porque xa levamos uns días preparando a actividade.

Á volta teremos que repoñer forzas elaborando unha merenda a base de produtos mercados polo propio alumnado e que pertenecen a cada un dos grupos da roda alimentaria. Esta é a sinxela receita. Que rico!


3 abr 2013

FASES DA ELABORACIÓN DAS HAMBURGUESAS

Este era o vídeo que faltaba, con relación ao obradoiro das hamburguesas: as catro fases previas nas que aparecen os distintos equipos facendo as tarefas encomendadas.
É un pracer traballar con estes rapaces e rapazas. Non vedes que ben saben facer todo o que lles gusta? E ademais, compartindo e disfrutando, non hai discusións nin pelexas, só hai voces e risas... o normal nos LARETAS!


22 mar 2013

OBRADOIRO COCIÑA (HAMBURGUESAS): VÍDEOS

Esta nova entrada é para deixarvos unha mostra da festa de hoxe a través de vídeos; faltan algúns pero necesítoo editalos e iso requerirá un pouco máis de tempo (e aprendizaxe).






COCIÑAMOS AS HAMBURGUESAS!

Os preparativos fixémolos traballando en equipo; cada equipo encargouse de facer unha cousa diferente ata que deixamos repousar a carne xa adobada.
Entón fomos preparando a limonada e facendo unhas fichas coas secuencias da elaboración das hamburguesas.
... e xa chegou o momento de elaborar as bólas para facer as hamburguesas (cada un fixo dúas) e poñelas á prancha.
E a comerrrrrrr!: con queixo, leituga, cebola, mostaza ou ketchup. Fomos elixindo o que nos apeteceu para rechear o pan.
Estaban RIQUÍSIMAS!
E Sabela trouxo o postre: bombóns e tarta con galleta e chocolate, todo feito por ela e tamén riquísimo.