29 sept 2013

XOGOS TARDICIONAIS NA CLASE DE ED. FÍSICA

Empezamos o curso disfrutando co bo tempo practicando os xogos de sempre; algúns non moi coñecidos para algúns, que resultaron gratamente sorprendidos pola emoción que lles proporcionou o xogo.

26 sept 2013

VISITAMOS O MERCADO DE ABASTOS

A  mañá semellaba longa pero tiñamos moito traballo por diante.
Seis equipos de reporteiros, coas súas cámaras, fixeron entrevistas a distintas persoas que venden os seus produtos no mercado. Non foi tarefa fácil; non todos aceptan ser gravados e as preguntas tampouco querían saír aínda que as tiñamos preparado na clase. As persoas foron moia amables e os resultados poderedes velos nun programa especial que estamos a preparar e que publicaremos no blogue leriasdevite.
Despois a visita guiada por Leandro, mediante a cal poidemos aprender un pouco máis do funcionamento da praza en xeral e de distintos postos e produtos.
E chegou o momento de mercar todo o necesario para preparar a nosa merenda saudable: pan, tomates ben maduriños, xamón e ata uns allos.
A merenda saíu fenomenal e, ata os que dicían non gustar do tomate, acabaron pedindo outra ración. Sempre hai excepcións, claro!

25 sept 2013

PAN CON TOMATE E XAMÓN

Mañá imos facer unha visita ao Mercado de abastos. Será unha xornada práctica combinando o tema 1 de Coñecemento do Medio sobre DIETA SAUDABLE E NUTRICIÓN coa campaña anual da biblioteca, OS OFICIOS E AS PROFESIÓNS.

Sen dúbida que aproveitaremos ben o tempo porque xa levamos uns días preparando a actividade.

Á volta teremos que repoñer forzas elaborando unha merenda a base de produtos mercados polo propio alumnado e que pertenecen a cada un dos grupos da roda alimentaria. Esta é a sinxela receita. Que rico!


23 sept 2013

PICASSO

  O alumnado de 3º empezamos a traballar sobre o pintor Picasso.
   E chámase: PABLO DIEGO JOSÉ FRANCISCO DE PAULA JUAN NEPOMUCENO MARÍA DE LOS REMEDIOS CIPRIANO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD RUÍZ PICASSO!!!!!!

O ANIVERSARIO DE PAULA

Aínda que foi onte, día 22, as lambetadas, a canción e o tirón de orellas fixémolo hoxe porque onte foi domingo e Paula celebrouno coa súa familia.
Parabéns para Paula no seu noveno aniversario!

18 sept 2013

9º ANIVERSARIO DE ROBERTO

Roberto inaugura o curso cumprindo anos, xa son 9 así que cada vez hai que dar máis tiróns de orellas.
Pero tamén houbo galletas e zumes, creo eu, porque a min non me tocou nada... Estes son uns larpeiros e cando subo do pavillón xa non queda nada!
Parabéns para ti, como di a canción.

16 sept 2013

Starting again!

New year, old fellows!

We have started a new adventure, and it will last a whole year: it's called Academic Year 2013-14!

Count on teacher Pablo to improve your English, as usual. We'll try to update this blog with curious, funny and weird posts about any topic we decide.



We'll be watching you... You'll be reading us!

12 sept 2013

MANDALAS DE INICIO DE CURSO

 O alumnado de 3º fixemos o primeiro día de clase "Os mandalas de inicio de curso". Aquí vos deixamos a nosa "exposición" :