Mostrando entradas con la etiqueta xogos tradicionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos tradicionais. Mostrar todas las entradas

20 abr 2016

ENTREGA DE PREMIOS BRILÉ 2016

Rematou o torneo de brilé 2016 con grande éxito de participación e, o millor de todo, sen incidencias graves. Seguindo as bases do mesmo, todos os equipos participantes gañaron un premio (ademais do diploma de participación).
XI TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ (XANEIRO – ABRIL 2016) - RESUMO FINAL
OURENSE    
PORTELA    
LUGO           
CORUÑA     
SANTIAGO  

VIGO             6º

Parabéns para o alumnado participante e para as alumnas - axudantes, que estiveron cada día coidando de que todo saíse ben.

 ENTREGA DE PREMIOS BRILÉ 16 on PhotoPeach

26 feb 2016

XI TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ

Esta semana empezaron a disputarse con gran emoción os partidos do XI TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ do noso centro. Os equipos están formados por nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Na foto aparecen algúns dos compoñentes dos dous equipos que se enfrontaban hoxe.
O torneo está pensado para aprender a compartir xogos e .espazos dun xeito pacífico, solucionado os conflitos a través do diálogo.
É por iso que todos os equipos que o consigan terán dereito a un agasallo e a un diploma de participación.

12 nov 2015

DÍA DO PEÓN 2015

Imaxes da festa de hoxe: os xogadores e xogadoras ocuparon o patio enchendo de alegría e compañeirismo a pista que habitualmente se adica a xogar ao fútbol.
Unha marabilla!

12 abr 2015

ENTREGA DE AGASALLOS DO TORNEO DE BRILÉ

A X edición do torneo de brilé rematou coa entrega de agasallos a todos os equipos souberon xogar resolvendo pacificamente os conflitos. Tamén recibiron agasallo as catro nenas de 5 que desempeñaron o labor de axudantes de maneira moi eficaz.

31 oct 2014

GRAVANDO VÍDEO PEÓN

O San Martiño está cerca e nós xa empezamos a traballar un pouco o xogo tradicional propio desta época, o peón.
O alumnado de 4º fixo unhas fotos a algúns dos seus compañeiros/as mentres estaban diante da cámara de vídeo.

5 jun 2014

PRACTICANDO XOGOS TRADICIONAIS EN E.F.

Os nenos e nenas de 3º practicaron con entusiasmo dous xogos tradicionais: PAÍSES, PAÍSES e A RAIA DO CARACOL. Nos dous desenvólvense habilidades de salto e moitas relacións sociais.

3 abr 2014

FIN DO TORNEO DE BRILÉ 2014


Estas son as fotos da entrega de agasallos do torneo de brilé deste ano. Non están todos/as os que xogaron porque só 4 equipos acadaron "trofeo" (3 equipos máis tiveron penalizacións por non axustarse estrictamente ás normas do torneo: solución pacífica dos conflitos. Outra vez será.
Parabéns para todos os gañadores/as e os xogadores/as dos outros equipos que souberon participar con limpeza e compañeirismo no xogo e que conseguiron o seu diploma. Tamén para as tres axudantes colaboradoras (Bea de 5º e Paula e María de 3º) polo seu magnífico traballo.

BRILÉ 2014 on PhotoPeach

6 nov 2013

HABILIDADES CO PEÓN: A SERRA

A serra é un truco moi difícil de realizar con éxito, pero para estes artistas do peón nada hai imposible.
Para que poidades ver o xeito de executalo, déixovos este pequeno vídeo da clase de Ed. Física de hoxe.

4 nov 2013

O PEÓN NA CLASE DE ED. FÍSICA

Aínda que os peóns saíron ao patio do noso cole hai tempo,  hoxe empezou "oficialmente" a actividade de XOGO CO PEÓN, nas clases de Ed. Física.
Algúns xa trouxeron a súa obra de arte para participar na III mostra mundial de decoración de peóns, outros esqueceron que tamén fai falta un para bailalo, xogar e aprender trucos.

Este ano imos a facer un circuíto de  habelencias co peón: bailar á patada, bailar normal, o canciño, o ascensor, a serra e calquera outro truco que sexan capaces de facer.

Tamén practicaremos xogos: OS VEZOS, O TURBO, OS BECHOS...

Se premes na imaxe poderás acceder á galería de imaxes de hoxe.
PEÓN 13 - 2ºCICLO

29 sept 2013

XOGOS TARDICIONAIS NA CLASE DE ED. FÍSICA

Empezamos o curso disfrutando co bo tempo practicando os xogos de sempre; algúns non moi coñecidos para algúns, que resultaron gratamente sorprendidos pola emoción que lles proporcionou o xogo.

5 jun 2013

Á CAZA DOS GRILOS: XOGOS DE ANIMAIS EN ED.FÍSICA

Hoxe facía calor pero os grilos resistíanse. Foi o xogo elixido por Adrián para explicarlles aos seus compañeiros. Un auténtico éxito aínda que atopamos máis ben outros bichiños, así aprendemos a distinguilos porque andamos un pouco "verdes" no asunto.
Soupemos atopar as covas dos grilos e "facerlles cóxegas" cunha palliña para que saíran, pillamaos saltamontes, bolboretas, escarabellos bóla...