Mostrando entradas con la etiqueta ed. en valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ed. en valores. Mostrar todas las entradas

13 mar 2017

E TI QUE QUERES SER DE MAIOR?

Este é o título do obradoiro de coeducación impartido por Educultoras  a semana pasada.
Nel participaron os nenos e nenas de 3º e 4º e poideron debater sobre o rol de xénero que veñen tendo moitas profesións ao longo dos tempos.
A conclusión a que chegaron é que cadaquén debe facer aquilo que máis lle guste e que as súas capacidades e as circunstancias lle permitan.

6 abr 2016

PUBLICIDADE ENGANOSA

Levamos un tempo traballando para desenvolver un espíritu crítico en relación  á publicidade.  Trátase de analizar unha serie de anuncios que podemos ver en calquera canle de TV poñendo atención en cada detalle e descubrindo onde está a trampa.

E que mellor maneira de comprobar se aprendemos algo que elaborando o noso anuncio.
Cada equipo traballou a idea, o guión e a propia gravación. Isto é o que saíu, non está nada mal. Bravo polos meus publicistas!

26 feb 2016

XI TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ

Esta semana empezaron a disputarse con gran emoción os partidos do XI TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ do noso centro. Os equipos están formados por nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Na foto aparecen algúns dos compoñentes dos dous equipos que se enfrontaban hoxe.
O torneo está pensado para aprender a compartir xogos e .espazos dun xeito pacífico, solucionado os conflitos a través do diálogo.
É por iso que todos os equipos que o consigan terán dereito a un agasallo e a un diploma de participación.

25 nov 2015

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día quixemos reflexionar sobre as condutas violentas que sofren moitas nenas, nenos e mulleres, sobre todo.
Temos moi claro que debemos colaborar na medida do posible  para que estas persoas non se sintan, ademais de maltratadas, abandonadas.
Debemos denunciar en calquera ámbito no que nos movamos calquera situación que consideremos discriminatoria.
Gustounos moito o lema desta campaña que promove no día de hoxe o concello de Santiago porque é algo que os maltratadores non entenden. Nós si.

13 abr 2015

TRABALLANDO OS VALORES. TRÁILERS DE CINE EN 3º


Este era o último tráiler que faltaba. Estaban ansiosos por velo, pero ás veces as tecnoloxías lévannos de cabeza! Que o desfrutedes!

9 jun 2014

AMAL NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"

O xoves 5 de maio, pola tarde, estivo a nosa compañeira Amal contando un novo conto árabe coa súa nai e irmán. Vedes o pescador?
O día 7 de xullo volverán!!!

23 may 2014

2 may 2014

CONTOS ÁRABES

SEMANA DA LECTURA

Hoxe estivo co alumnado de e a nai de Tamara, que é a cónsul de Cuba en Galicia. Recitaron dous poemas: "Cultivo una rosa blanca" (a nai de Tamara) e "28 de enero" (Tamara, que o aprendeu de memoria e eran moitos versos!) do poeta cubano José Martí. Despois, Laura (a nai) leu dous contos cubanos: "A caixiña misteriosa" (de Emilia Gallego) e "Un bo amigo" ("Na miña escola hai moitos lugares interesantes, pero un dos que máis nos gustan é a biblioteca..." "Agardannos uns bos amigos:os libros") porque llo pedimos nós!. Ao final, falamos do que nos ensinaban estes contos. Graciñas!!!

25 abr 2014

A SEMANA DA LECTURA

 Hoxe empezou no noso colexio a Semana da Lectura onde participan familiares do alumnado e profesorado do centro. A nai de Amal veu contarnos a 3º e 4º dous contos en árabe: "A araña Tuta" e "A árbore de granada". Graciñas!!!!





17 ene 2014

CONTO ÁRABE NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"

  Onte a nai de Amal estivo contando un conto árabe que a súa filla  traducía. Foi un éxito! Teñen pensado repetilo e facelo tamén no Centro sociocultural "Xosé Saramago" de Vite.

16 dic 2013

O NOSO NADAL

         O alumnado de 3º fixo un traballo sobre o Nadal na REPÚBLICA DOMINICANA (Bruno), en CUBA (Tamara), en UZBEKISTÁN (Samira), en RUMANÍA (Marian), nos PAÍSES ÁRABES (Amal), na CULTURA XITANA (Rubén, Triana), en MADRID (Ismael) e en GALICIA (Laura, Hugo, David, Gael, Manuel). BO NADAL!!!!

12 dic 2013

O CLUB DA CALCETA DE 3º

      Un grupo de alumnado de 3º  está aprendendo a calcetar nalgún recreo con persoas maiores que lle veñen a ensinar. Como mola!!!!

26 nov 2013

O ÁRTICO ROMPE


   Hoxe, o alumnado de 3º, estivemos nunha exposición sobre o Polo Norte (instalada na Alameda). Foi moi interesante a explicación que nos deron e todo o que vimos e aprendimos. Agora podemos ir a vela coas nosas familias polas tardes e os fins de semana (remata o 12 de decembro).

21 oct 2013

AUDITORIO DE GALICIA

                                          Agardando a que empece...         
                                        Aquí nos están ensinando A TAMA (O tambor que fala)
    O alumnado de 3º e 4º (coas titoras e a profesora de Música)  estivemos no Auditorio vendo unha actuación dun grupo musical africano do Senegal: TERANGA, "O legado dos griots do Senegal". Os griots son os gardas da tradición africana. Interpretaron varias danzas e cancións con diferentes instrumentos de África  ("Que facemos se non chove?", "Se queres casarte comigo terás que traerme vacas!"... eran algúns dos títulos). Acabaron cunha danza e canción de paz na que participou o numeroso público dende os seus asentos. Tamén nos falaron da importancia da tradición oral: "Só escoitando podes aprender". Foi moi interesante!!!

17 oct 2013

A FESTA DO CORDEIRO

 O 15 de outubro a nosa compañeira Amal non veu a clase porque os musulmáns de todo o mundo celebran ese día a festa do cordeiro. E púxose tatuaxes de henna (e fíxonos un traballo escrito coa axuda da súa familia) para ir moi guapa!


16 oct 2013

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"

     Hoxe, o alumnado de terceiro, fixemos unha saída e visitamos o Museo das Peregrinacións onde estivemos moi atentos/as ao que nos explicaban. Coñecimos a bandeira xitana (o azul é o ceo, o verde é a terra, e a roda dos carros) e Rubén cantou con Merchi, que ben o fixo!!! Aproveitamos tamén para ir á biblioteca Ánxel Casal (vimos un vídeo, coñecimos toda a biblioteca, vimos libros en braille, fixemos os carnés..).e usámola lendo!!!





30 may 2013

Onde está o perigo?

Nas rúas, obviamente, en descoñecer as normas viarias e as sinais de circulación.

Hoxe fumos á Alameda a asistir ao programa de Compromiso coa seguridade viaria de RACE.
Estivo moi ben, xa que aprendimos que se sinte cando estamos baixo os efectos do alcol (gracias a unhas gafas especiais) e tamén a importancia de levar casco nos vehículos de 2 rodas! Vimos como é un casco por dentro, pero quedamos coa gana de xogar nos simuladores de coches... mágoa!