Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
Mostrando entradas con la etiqueta Expresión Escrita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Expresión Escrita. Mostrar todas las entradas
28 feb 2019
TELEXORNAL 4º- NOTICIAS 6º
Que fai o alumnado de 6º cos caldeiros amarelos dun lada para outro? Iso é o que este equipo intentou averiguar. Agora informan detalladamente sobre iso.
27 feb 2019
TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DO COMEDOR
O equipo formado por Seil, Samuel, Iago e Álex Seone decidiron informarnos sobre o funcionamento do comedor: curiosidades sobre as persoas que traballan alí, os menús, os prezos e as actividades que fan. Bo traballo!
TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 2º
Os xornalistas que fixeron este traballo de investigación foron: Jesús, Sofía, Lucía, Raúl e Lucas. Estiveron falando cos nenos e nenas e tamén con Nuria, a profe de 2º á que pillaron polos pelos porque era o seu último día no cole.
Esperamos que vexa este telexornal e que lembre os bos momentos pasados en Vite.
Esperamos que vexa este telexornal e que lembre os bos momentos pasados en Vite.
TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 4ºA
Aarón, Teo, Adriana e Javier estiveron cos seus compañeiros/as de 4ºA e interesoulles moito un traballo que estaban a facer usando os Ipads.
TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 5º
Joel, Noelia, Patricia e Andrea viron uns traballos colgados no taboleiro de 5º que está no corredor. Decidiron averiguar como se facía aquilo que lles gustaba tanto.
26 feb 2019
TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 3º
Neste grupo a noticia seleccionada foi unha saída didáctica relacionada coa alimentación; se queredes saber máis tedes que ver o telexornal que fixeron Álex, Carla, Sara e Abel.
TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 1º
Os nenos e nenas de 4º (A e B) andan moi ocupados no seu novo papel de xornalistas. Preguntando aquí e acolá averiguaron unha chea de cousas que se están a facer nas distintas aulas. Tiveron que escoller unha actividade para elaborar a noticia final.
Moito traballo previo e moito esforzo que agora ven recompensado, os resultados están á vista.
O equipo formado por Lara, Alejandro Oti e Cristina (e coa colaboración de Claudia no traballo inicial) seleccionou unha noticia relacionada co traballo artístico do alumnado e profes de 1º.

20 feb 2019
NARRACIÓN EN CADEA
Aprender a escribir non é tarefa doada. Por iso hoxe fixemos esta actividade en parellas e resultou así de ben: mellorou a creatividade, a caligrafía, a ortografía... E non o pasamos nada mal!
26 oct 2015
UN DESFILE DE MODELOS MOI ESPECIAL
Este desfile de modelos celebrouse no mes de setembro. Na aula de 4º estaban a traballar a descrición de persoas. Á profe Luisa non se lle ocurríu mellor cousa para desempolvar as mentes adormiladas despois do verán: cada equipo tiña que desfilar diante do resto da clase para que puideran fixarse ben e despois poder describir con detalle todo canto viron.
Houbo moitas risas e un pouco de vergoña, uns menos que outros, pero seguro que despois foron capaces de facer mellor a actividade escrita.
Houbo moitas risas e un pouco de vergoña, uns menos que outros, pero seguro que despois foron capaces de facer mellor a actividade escrita.
22 oct 2015
DIÁLOGO 6: CAMAREIRO, HAI UNHA MOSCA NA SOPA!
Aidan, Iria, Manuel e Brais Portos crearon un diálogo no que o problema xurde nun restaurante: parece que as condicións hixiénicas dos alimentos non eran as millores.
DIÁLOGO 5: NOVOS NA VILA
Un neno recén chegado ao pobo vai ao parque e non tén con quen xogar: esa é a situación que inventaron e dramatizaron Rodrigo, Idalina, Vanesa e Antón.
DIÁLOGO 4: PERDIDAS NO MONTE
Manuel, Victoria, Brais Espiña e Carla dramatizan unha situación na que dúas amigas pérdense no monte cando practican sendeirismo.
DIÁLOGO 3: UN PARTIDO DE BALONCESTO COMPLICADO
No equipo de Candela, Chano, Álvaro e Yam o problema que representan xurde durante un partido de baloncesto. Moi ben rapaces e rapaza!
DIÁLOGO 2: UNHA FESTA SORPRESA
Luis, Carlos, Alén e Sara Míguez dramatizaron un diálogo no que hai unha festa sorpresa entre amigos. Moi bo traballo!
12 feb 2015
ANUNCIO INMOBILIARIO A PARTIR DA OBRA "CIDADE XARDÍN", DE GUERREIRO
Tamara, Samira e Gael elaboraron este anuncio inmobiliario a partir da obra "CIDADE XARDÍN", de Xoán Guerreiro.
NOVA DE PRENSA A PARTIR DA OBRA "GARDANDO O TEU SECRETO" DE XOÁN GUERREIRO.
Manuel e Óscar elaboraron unha nova de prensa ficticia a partir da obra de Guerreiro titulada "GARDANDO O TEU SEGREDO".
11 feb 2015
UNHA HISTORIA SORPRENDENTE: CÓMIC INSPIRADO NA OBRA DE XOÁN GUERREIRO
Este é o conto que crearon Amal, Laura e Rubén a partir da obra de Xoán Guerreiro, titulada "DIÁLOGOS CALADOS".
4 ene 2015
CARTA GAÑADORA DO CONCURSO DE NADAL
Amal foi a gañadora do concurso de Nadal! Xián Embaixador di: " Moitísima emoción despois de ter lido xunto aos Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador máis de medio millar de cartas chegadas ás 40 caixas de correo que estiveron instaladas por todo Compostela! Aquí están os gañadores. Artistas absolutos, familias auténticas. Mil grazas!!"
Son tres cartas gañadoras en tres tramos de idade (pequenos, medianos e maiores). Recibirá o premio mañá, 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis.
Parabéns!!!!
"A preciosa carta-libro de Amal"
"O coidado interior da preciosa carta-libro de Amal"

12 dic 2014
NADAL
O alumnado de 4º de Primaria escribimos a nosa carta para Xián, o Xestor Intergaláctico de Agasallos do Nadal. As nosas cartas son as primeiras que hai na caixa de correo! E tamén lles escribimos unha postal de Nadal ao alumnado de 4º do colexio de Portosín. Bo Nadal!!!!
5 jun 2014
DESEQUILIBRIO NATURAL: UNHA PELÍCULA SOBRE ECOSISTEMAS
Preséntovos hoxe a película que crearon as nosas artistas de 4º (NOA, MARIA, SANDRA E PAULA), coa colaboración de algún compañeiro/a (Sergio, Pedro, Teo e Lucía).
Na mesma elixiron a temática dos ecosistemas, que estamos traballando en Coñecemento do Medio.
Teño que dicir que estamos totalmente emocionadas e satisfeitas de ver como xa son capaces de crear, suxerir, investigar... de xeito autónomo e partindo dos seus intereses e motivacións.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)