Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas

19 may 2016

3º PREMIO LETRAS GALEGAS PARA O NOSO CARTEL

Onte foi a entrega de diplomas e agasallos do VI Concurso de Carteis das Letras Galegas. O que máis nos gustou foi o diploma colectivo, porque esa é a nosa dinámica de traballo habitual e sabemos que o resultado é froito do traballo de cada un de nós.

O noso cartel levou o 3º premio e alí estabades parte de vós para recollelo, ademais de Luisa, Pili e alumnado e familias doutros cursos e/ou coles.


11 may 2016

CARTEL LETRAS GALEGAS 2016 - MANUEL MARÍA

Aínda que non son moi partidaria dos concursos, nesta ocasión decidimos participar na convocatoria  da biblioteca Ánxel Casal con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2016.
Fixemos o traballo en grupo utilizando todo tipo de materias e isto foi o que saíu.  Por se non queda claro o paxaro é un cuco, que da título a un poema que estamos a traballar e á canción que tamén cantaremos.
Estamos orgullosos/as do noso traballo, que é suficientemente recompensado co gozo da súa elaboración e posterior exposición na referida biblioteca.



13 abr 2015

CONCURSO NACIONAL DE PINTURA

 Triana participa no "I Concurso Nacional de Pintura da Fundación Atiende" para nenos e nenas con autismo. Todas as obras serán expostas no Espacio Cultural Volturno de Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 25 de abril (de 12:30 a 20.00). O xurado estará composto por tres pintores de recoñecido prestixio.Sorte!!!!

                                           Título: "Coñecendo a Pollock"

4 ene 2015

CARTA GAÑADORA DO CONCURSO DE NADAL

 Amal foi a gañadora do concurso de Nadal! Xián Embaixador di: " Moitísima emoción despois de ter lido xunto aos Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador máis de medio millar de cartas chegadas ás 40 caixas de correo que estiveron instaladas por todo Compostela! Aquí están os gañadores. Artistas absolutos, familias auténticas. Mil grazas!!"
Son tres cartas gañadoras en tres tramos de idade (pequenos, medianos e maiores). Recibirá o premio mañá, 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis.
Parabéns!!!!
                                                         "A preciosa carta-libro de Amal"

                                           "O coidado interior da preciosa carta-libro de Amal"

24 abr 2014

XIX CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS DE COMPOSTELA E COMARCA.

   Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º coas nosas titoras fumos ao Salón de Actos da Facultade de Educación, para  ver a representación de dúas obras de teatro: "O Tío Miseria" (Uns galegos chegan ao outro mundo pensando que sería mellor ca este) do colexio López Ferreiro e "Catro esquiniñas de nada" (Conta a historia de Cadradiño que quere xogar na casa dos seus amigos Redondiños...) do colexio de Aspanaes (onde vai a nosa compañeira Triana). Ao final, votamos. (O Xurado estará integrado polo alumnado asistente e por profesionais do teatro e as obras premiadas representaranse no Teatro Principal os días 12 e 26 de maio ás 20 h).





22 may 2013

DIPLOMAS DO CONCURSO DE CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS 2013

Noso compañeiro Sergio Liste gañou o 2º premio e o resto da clase recibimos este diploma. Ollade as nosas caras, menuda sorpresa!!!



17 abr 2013

Teatreiros!

Eiquí tedes a aportación teatreira de cuarto ao 18º certame de Teatro Intercentros, Os Poemas do Río. Ao final poderedes ver tamén a actuación de quinto, os Camareiros da Seguridade Social.

Parabéns a todos eles!