Parabéns para todos!
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
Mostrando entradas con la etiqueta ed. artística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ed. artística. Mostrar todas las entradas
19 jun 2016
OS NOSOS ROBOTS
Sátrapa iniciou con nós o obradoiro para elaborar estas magníficas pezas pero o traballo posterior produciu estes resultados, tan bonitos e tan diferentes. O proceso foi longo e os nenos e nenas demostraron que a súa creatividade non ten límites.
Parabéns para todos!
Parabéns para todos!
19 may 2016
3º PREMIO LETRAS GALEGAS PARA O NOSO CARTEL
Onte foi a entrega de diplomas e agasallos do VI Concurso de Carteis das Letras Galegas. O que máis nos gustou foi o diploma colectivo, porque esa é a nosa dinámica de traballo habitual e sabemos que o resultado é froito do traballo de cada un de nós.
O noso cartel levou o 3º premio e alí estabades parte de vós para recollelo, ademais de Luisa, Pili e alumnado e familias doutros cursos e/ou coles.
O noso cartel levou o 3º premio e alí estabades parte de vós para recollelo, ademais de Luisa, Pili e alumnado e familias doutros cursos e/ou coles.
11 may 2016
CARTEL LETRAS GALEGAS 2016 - MANUEL MARÍA
Aínda que non son moi partidaria dos concursos, nesta ocasión decidimos participar na convocatoria da biblioteca Ánxel Casal con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2016.
Fixemos o traballo en grupo utilizando todo tipo de materias e isto foi o que saíu. Por se non queda claro o paxaro é un cuco, que da título a un poema que estamos a traballar e á canción que tamén cantaremos.
Estamos orgullosos/as do noso traballo, que é suficientemente recompensado co gozo da súa elaboración e posterior exposición na referida biblioteca.

23 abr 2016
AS BATEAS NAS RÍAS BAIXAS
Ao longo deste curso estamos a adquirir infinidade de coñecementos sobre Galicia, a través dos nosos traballos e os dos outros cursos.
E para aprender o mellor e facer. Así que xa empezamos a construír unha maqueta para aclarar como é unha batea, para que serve, etc. Todo iso ambientado nun "anaco" das Rías Baixas.
Aproveitamos as técnicas plásticas adquiridas ao longo do curso para decidir como facer cada elemento da nosa maqueta. E tantas cousas queremos facer que o espazo vaise quedar algo escaso.
De momento vai bonito, non?

19 mar 2016
OBRADOIRO DE "A FACTORÍA DE ANDROIDES"
A "Factoría de Androides" enviou algúns efectivos á aula de 4º, acompañados por Sátrapa que é o seu representante.
Toda a actividade resultou emocionante; o alumnado tivo a oportunidade de crear o seu propio robot con cartón reciclado a partir dunha plantilla.
Ademais tivemos unha visita sorpresa: a profe Luz acompañada polo seu alumnado de Ed. Infantil - 4 anos. Non hai máis que ver as caras para imaxinar a súa sorpresa.
Como a imaxinación dos nenos e nenas non ten límites e Sátrapa proporcionou oportunidades para iso, o proceso foi precioso e os resultados magníficos.
Aínda sen rematar podemos ver unhas creacións interesantísimas.
Parabéns por este traballo e o noso agradecemento ao artista!
Para coñecer o resto de androides:
En facebook: páxina Gran Sátrapa
Na web: www.satrapa.es

4 mar 2016
COÑECENDO O TRAXE TRADICIONAL GALEGO
Hoxe tivemos unha mañá ben movida aprendendo algunhas cousiñas sobre o traxe tradicional galego, a cantidade enorme de prendas que levaban fixera frío ou calor, como eran os tecidos e relacionar isto co tipo de actividades que facían.
Algunhas prendas femininas puideron probalas entre risas e incluso cantamos "Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, co zapato baixo e a media de seda..." A ver se outro día podemos ter prendas masculinas.
Despois xa puideron dedicarse con interese á realización de cartaces para cada unha das prendas elixidas para o mural colectivo do corredor de entrada. E mirade que resultados tan bonitos!

26 feb 2016
O CÍRCULO CROMÁTICO
Nas clases de Ed. Plástica estamos a traballar a cor. Nesta actividade teñen que partir das 3 cores primarias e elaborar as secundarias e, posteriormente, as terciarias. Están traballando con pinturas acrílicas e colaborando uns cos outros para lograr bos resultados.
10 dic 2015
REMATAMOS OS MONICREQUES!
Foi un traballo longo, duro e no que houbo que utilizar moita creatividade, paciencia, compañeirismo... Pero os resultados están a vista: unhas creacións magníficas que servirán de apoio para a actividade que presentaremos o vindeiro mércores.
Parabéns para todos porque xuntos/as podemos conseguir o que nos propoñamos.
Parabéns para todos porque xuntos/as podemos conseguir o que nos propoñamos.
27 nov 2015
22 nov 2015
FACENDO MONICREQUES
Algunhas fotos están repetidas pero esta unha presentación xuntando fotos de distintos días destas dúas primeiras fases de elaboración dos monicreques. Agora empezaremos a pintar e despois a facerlles a roupa. Seguro que entre todos seremos capaces de logralo!
MONSTROS
Estas son as imaxes dos monstros que debuxaron os nenos e nenas de 4º dentro da campaña adicada a traballar o medo.
O proceso foi o seguinte:
1º. Elección a sortes das características que deberían ter os monstros creados por cada equipo de traballo (ollos, patas, escamas, cresta...)
2º. Creación dun bosquexo moi rápido como base para o traballo final.
3º. Debuxar e colorear.
O traballo resultou moi divertido ao mesmo tempo que serviu para desenvolver a creatividade que todos levan dentro.

22 oct 2015
ED. ARTÍSTICA: FACENDO SCKETCHING NO PATIO
O lugar elixido para inaugurar as clases de Ed. Artística deste curso foi o patio de Ed. Infantil. Durante dúas sesións intentamos debuxar árbores cunha técnica que parece un pouco difícil pero que nos reportou moi bos traballos: debuxar a árbore en posición invertida; empezamos por onde queremos pero o tronco está na parte superior e as follas na inferior.
Que opinades? Chulos non?
Que opinades? Chulos non?
21 oct 2015
SCKETCHING VERÁN 2015
Ola familias!
Inauguramos a publicación de actividades de aula neste blogue coas imaxes dos debuxos feitos por alumnado e mestras Luisa e Carmela durante as súas vacacións estivais. Non houbo demasiada participación pero o conta é a calidade e diso non estivo nada mal. Os debuxos e os comentarios leváronnos a Francia, Portosín, Foz, Muros, Portugal... a través de praias, montes, canais, campings, portos, monumentos...

13 abr 2015
CONCURSO NACIONAL DE PINTURA
Triana participa no "I Concurso Nacional de Pintura da Fundación Atiende" para nenos e nenas con autismo. Todas as obras serán expostas no Espacio Cultural Volturno de Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 25 de abril (de 12:30 a 20.00). O xurado estará composto por tres pintores de recoñecido prestixio.Sorte!!!!
Título: "Coñecendo a Pollock"
Título: "Coñecendo a Pollock"
11 mar 2015
A EXPOSICIÓN DO PINTOR GALEGO LEOPOLDO NÓVOA
Onte o alumnado de 4º de Primaria estivemos no Auditorio de Galicia cunha visita guiada pola exposición do pintor Leopoldo Nóvoa e, a continuación, nun obradoiro plástico. Gustounos moito a explicación da nosa guía Virginia e ademais nos tiña preparadas unhas sopas de letras para os que íamos acabando os nosos cadros. Esta exposición estará ata o mes de xuño e poderemos ser nós tamén moi bos guías!!!
9 mar 2015
OBRADOIRO DE DEBUXO CON XOÁN GUERREIRO
IRIA E IDALINA:
O venres, 6 de marzo, estivemos no cole con Xoán Guerreiro para pintar unhas froitas aprendendo novas técnicas como as sombras.
Tivemos que practicar algúns trucos para pintar mellor as froitas usando só lápis e goma. Había que darlle moi frouxo co lápis e despois frotar un pouco co dedo para que dea sensación de volume e de obxecto real.
Gustounos moito porque nunca pensamos que foramos capaces de pintar así. Aprendemos xeitos de facelo mellor.

10 feb 2015
COMENTANDO A OBRA DE XOÁN GUERREIRO
Estes días estamos traballando en equipos, estudando a obra do pintor realista galego XOÁN GUERREIRO.
21 ene 2015
O PINTOR XULIO MASIDE
Hoxe o alumnado de 4º fixemos unha visita guiada á exposición de Xulio Maside (sobriño de Carlos Maside, que vimos en 3º) no Auditorio de Galicia. Acaba o 8 de febreiro e xa temos pensado que animaremos as nosas familias para que vaian, e facendo nós de guías!
Aquí estamos coa nosa guía Chus Busto. Encantounos a súa explicación! Graciñas.
Aquí estamos coa nosa guía Chus Busto. Encantounos a súa explicación! Graciñas.
12 may 2014
PRIMAVERA POÉTICA
O alumnado de 3º participamos nun obradoiro poético na Fundación Novacaixagalicia (Actividades organizadas para coñecer mellor a figura de Xosé María Díaz Castro, escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas). As explicacións de Vanessa foron moi interesantes e fixemos lectura de poemas, inventamos os nosos poemas, recitámolos cun micrófono...E aproveitamos para ver a exposición do pintor galego Carlos Maside (Vanessa ofreceuse a explicarnos a súa biografía e, despois, fumos vendo todos os cadros coa titora e a profe Manola). Cando saímos vimos a casa onde viviu e morreu este gran pintor (Rúa do Vilar, 42) A exposición podemos volver a vela coas nosas familias!
9 may 2014
OBRADOIRO PLÁSTICO
Hoxe o alumnado de 3º estivemos vendo a exposición " 8º Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2013" que nos ía explicando Elena. Ao final, formamos tres grupos e traballamos sobre tres obras de arte que viramos. Agora podemos volver coas nosas familias e facer nós de guías!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)