4 mar 2016

COÑECENDO O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

Hoxe tivemos unha mañá ben movida aprendendo algunhas cousiñas sobre o traxe tradicional galego, a cantidade enorme de prendas que levaban fixera frío ou calor, como eran os tecidos e relacionar isto co tipo de actividades que facían.
Algunhas prendas femininas puideron probalas entre risas e incluso cantamos "Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, co zapato baixo e a media de seda..." A ver se outro día podemos ter prendas masculinas.

Despois xa puideron dedicarse con interese á realización de cartaces para cada unha das prendas elixidas para o mural colectivo do corredor de entrada. E mirade que resultados tan bonitos!


3 comentarios:

Luisa dijo...

Quedaron chulísimos os cartaces. E as/os modelos luciron con moito porte as prendas femininas.
Moi ben, rapaces e rapazas.
Grazas, Carmela polo tempo adicado a este traballo.
E tamén un "positivo" a Óscar pola súa colaboración.

Unknown dijo...

Bonito traballo centrado en algo tan tradicional na nosa cultura!!

María Gigirey dijo...

Eu estou emocionada, encántame o voso traballo, moitas grazas. So podemos entender quen somos sabendo de onde vimos. Precioso.