30 mar 2016

PRODUTOS DA HORTA ECOLÓXICA NA TENDA DOS LARETAS

Novamente a colaboración familiar para o traballo da escola. Nesta ocasión María Gigirey, a nai de Chano, mandounos unha remesa de hortalizas, froitas e verduras "ecolóxicas" para a nosa tenda. As vacacións proporcionaron un tempiño de traballo cos seus fillos que adicaron a confeccionar este marabilloso material. Pero que arte e bo gusto! Moitísimas grazas familia!

Hoxe xa as utilizamos para a compra, nesta ocasión para facer unha comida típica de Galicia.
Temos que  elaborar a receita e facer a compra resolvendo todos os problemas monetarios e de "existencias" da nosa mini tenda.
E... teremos que cociñar algo diso non?


6 comentarios:

Luisa dijo...

Teño que dar as grazas a Carmela e a Óscar, o alumno de prácticas, que foron os que fixeron posible levar a cabo esta actividade.
É marabilloso ver como os nenos e nenas resolven problemas cotiáns por si sos.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

E logo ti non fas posible todas estas actividades? Grazas a ti pola colaboración e por permitirme experimentar na túa (nosa) clase!

Maria Gigirey dijo...

Pois xa que estamos tan empalagosos eu douvos as grazas aos tres, por todas as iniciativas que tedes, para facer da educación un lugar onde ademais de aprender contidos, aprendan emocións, e valores tan importantes como a solidaridade, o compañerísmo, a creatividade...

Luisa dijo...

Ja,ja,ja! O verdadeiramente importante é a implicación e as ganas que poñemos todos para que os nenos aprendan disfrutando.

Unknown dijo...

Non me podo crer o que estou vendo!! Alégrome un montón que o proxecto sega adiante (e de que maneira!!).

Espero que disfruten ao máximo da tenda e sobre todo que aprendan á vez que se divirten.

Un saúdo para todos, bótasevos de menos!

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Grazas Óscar. Tamén nos lembramos de ti. As patacas de Xinzo véndense moi ben! E a tenda un éxito.