19 mar 2016

OBRADOIRO DE "A FACTORÍA DE ANDROIDES"

A "Factoría de Androides" enviou algúns efectivos á aula de 4º, acompañados por Sátrapa que é o seu representante.
Toda a actividade resultou emocionante; o alumnado tivo a oportunidade de crear o seu propio robot con cartón reciclado a partir dunha plantilla.
Ademais tivemos unha visita sorpresa: a profe Luz acompañada polo seu alumnado de Ed. Infantil - 4 anos. Non hai máis que ver as caras para imaxinar a súa sorpresa.
Como a imaxinación dos nenos e nenas non ten límites e Sátrapa proporcionou oportunidades para iso, o proceso foi precioso e os resultados magníficos.
Aínda sen rematar podemos ver unhas creacións interesantísimas.
Parabéns por este traballo e o noso agradecemento ao artista!

Para coñecer o resto de androides:
En facebook: páxina Gran Sátrapa
Na web: www.satrapa.es


3 comentarios:

Luisa dijo...

Que divertido foi este obradoiro! Os nenos e nenas estaban alucinados cos androides e emocionados elaborando os seus. Moitas grazas a Anxo por adicarnos o seu tempo.

Maria Gigirey dijo...

A ver se con tantas cousas chulas que se fan nesta aula cunde o exemplo, e a emoción invade todo o cole.
Grazas pola parte que vos toca, e a Anxo tamén, un privilexio.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Emoción non nos falta e a vós tampouco! O que falta é tempo e cambios profundos no sistema educativo que fagan que estas actividades non estean illadas, que sexan habituais.