27 oct 2020

Outubro de autoras!

O 14 de outubro foi o día das escritoras e nas redes sociais úsase o cancelo #leoautorasoct para que neste mes nos animemos a ler libros escritos por mulleres. 

Para celebralo propóñovos que me mandedes unha foto na que saiades co voso libro favorito escrito por unha autora. Pode ser tamén un vídeo. Ou se vos da moita vergoña, podedes mandar foto só do libro. Despois veremos todas as fotos na clase, poderedes compartilo coas vosas compañeiras e compañeiros e explicar todo o que queirades sobre o voso libro! Se a alguén tamén lle da moita vergoña falar, pode traelo escrito. 

Ao final de todo faremos un collage con todo o material e poderemos compartilo entre nós para ter máis ideas de libros para ler! As profes tamén se poden animar! Eu levarei o meu ao cole para que o vexades 😀 Agardo os vosos libros en: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

3 jun 2020

A presión atmosférica

Mirade que ben saiu nesta ocasión o experimento do ovo . O aire expándese ("facendose máis grande") no interior da botella debido ao lume prendido no interior da botella, ao poñer o ovo tapando a entrada de máis aire o lume apágase, o aire enfría polo que se "volve máis pequeno" absorvendo ao ovo cara dentro.


18 may 2020

O ovo saltarín

Mirade como bota este ovo. Sabedes que lle pasou?
Ao metelo en vinagre a súa casca disólvese (igual que lle pasa ao colacao cando o metemos na leite). Ao entra en contacto o vinagre coa clara vólvea máis grosa e gomosa podendo así rebotar.

7 may 2020

Comprender a posible situación dos demáis

As veces xulgamos ás persoas sin saber cal é a motivación que os move, como se atopan, que lles ocorreu ou ocorre. Non podemos pasar todo pero é moi importante ser empáticos (poñernos na pel dos demais) e tratar de entender porqué poden estar actuando da forma que o están a facer.



1. Que pensabas ao principio do paxaro?
2. Por que collía o paxaro os gusanos?
3. Que fariades vos se fósedes o paxaro? Intentariades coller os gusanos?
4. Como o fariades?-

28 abr 2020

Divisións longas por unha cifra

Mirade que ben aprendeu Laura a facer divisións dunha cifra.


Podedes intentar practicalas axudándovos deste vídeo


Autonomía: a importancia de que os nenos fagan cousas sós

Un aprendizaxe máis, unha dependencia menos:


Libros, camiños e días dan ao home/muller sabiduría

https://orienta2vite1.blogspot.com/2020/04/que-estan-ler-s-mestrs-na-casa.html

Aquí vos deixamos unha montaxe coas nosas lecturas favoritas. Algunhas son da infancia, outras son compartidas c@s nos@s pequerrech@s ou coas nosas mascotas, tamén hai quen le libros de lecer e hainos con moita miga...

E vos rapazada, que estades a ler na casa?


27 abr 2020

¿Cantas cousas eres capaz de facer só/soa?

A responsabilidade e a autonomía pódese traballar de marabilla dende a casa. Esta semana comezamos a traballar especialmente sobre isto.

Dende aprender a atar sós/soas os cordóns


Pasando por facer (que non axudar) as labores da casa
Ata responsabilizarse co quefacer diario elaborando un horario personal.












26 abr 2020

RESISTIRREMOOOOS!

Hoxe ides poder saír por primeira vez despois de estar seis semanas na casa; seguro que será un día moi especial.
E, para completar a ledicia, deixámosvos este vídeo que fixemos especialmente para vós.

24 abr 2020

Mensaxe de ánimo para o CEIP Ángel Campano

Porque o apoio, as forzas e os coidados poden e deben chegar dende calquer lado. Moito ánimo.

"Porque el apoyo, las fuerzas y los cuidados pueden y deben llegar desde cualquier lado. Mucho ánimo"


23 abr 2020

Feliz día do libro

Un ávido lector deséxavos dende o seu forte de libros un margnífico día.

Que terá ese Greg?

22 abr 2020

Pasapalabra

Quen dixo que sen rosco non podiamos completar a fase final de pasapalabra? Para que vexa Christian Gálvez. E aínda que non gañemos todos eses cartos, gañamos moito vocabulario e aprendizaxes.
Fantástico Natasha (e mamá de Natasha pola axuda)
Aquí vos deixo as definicións por se alguén se quere animar:
Empieza por A: Verbo que indica lo que va a hacer el profe cuando os vea en el cole.
Contiene la B: Cambio de estado por el cual un líquido pasa a estado gaseoso. 
Empieza por C: Cambio de estado por el cual un gas pasa a líquido
Empieza por D: Sistema del cuerpo humano del que forma parte el estómago  
Empieza por E: Continente en el que están situados países como Portugal, Francia y España.
Empieza por F: Estado de satisfacción y bienestar. 
Empieza por G: Tipo de invertebrados blandos y alargados que se mueven arrastrando su cuerpo bien por el agua o por la tierra.
Empieza por H: Insecto, de la familia de los artrópodos, con antenas que suele vivir bajo tierra y en colonias.
Empieza por I: Tipo de animales con esqueleto externo o que no tienen esqueleto. Empieza por K: Nombre de ave que no vuela y que comparte nombre con una fruta
Empieza por L: Antónimo de rápido
Empieza por M: Nombre del mejor profe del mundo
Empieza por M: Tipo de animales invertebrados que viven en mares y océanos y son arrastrados por el agua
Empieza por N: Gas que junto con el oxígeno forman principalmente la atmósfera.
Contiene la Ñ: Insecto de ocho patas que puede expulsar seda para hacer su casa, cazar a sus presas y moverse.  
Empieza por O: Lo que se le hace a las vacas para obtener leche
Empieza por P: Tipo de vertebrados que vive en el agua, respira por branquias y se desplaza nadando.
Empieza por Q: Alimento que se obtiene de la curación de la leche de cabra, vaca u oveja, entre otros.
Empieza por R:(esta es difícil chicos y chicas pero os pueden ayudar y, si no, podéis buscarla). Capacidad de adaptarnos y superar a un cambio o a una situación desfavorable
Empieza por S: Clase de palabra que sirve para dar nombre a las cosas.
Empieza por T: Emoción que sentimos cuando experimentamos una caída general de nuestra energía y nuestro estado de ánimo. 
Empieza por U: Fruta de la vid que crece en racimos y es usada para hacer vino. 
Empieza por V: Nombre que se da a los animales con esqueleto interno.
Empieza por W: Sistema de conexión inalámbrica, gracias al cual podemos acceder a Internet y compartir información desde nuestras casas en estos días.  
Contiene la X: Instrumento musical de viento, hecho de metal con una boquilla de madera y varias llaves, muy usado en el género musical de Jazz y por Lisa Simpson.
Empieza por Y: Mamífero del género femenino con cuatro extremidades, cuello y cola de gran longitud.

 Empieza por Z:  Ser fantástico a los cuales se les suele dar el nombre de “muertos vivientes”.

15 abr 2020

14 abr 2020

Lectura de imaxes: Imaxina e durme




  1. Que cres que queren dicir as imaxes?
  2. Que cousas son as que máis te chaman a atención?
  3. Gústache o momento de acostarte?
  4. En que adoitas pensar ti cando vas para cama?
  5. Cóntaste historias a ti mesmo/a antes de durmir? Eres protagonista desas historias?
  6. Podes facer unha ilustración ti coas cousas que pensas cando estás na cama. Sería xenial que ma enviarades e facer un caderno conxunto.

10 abr 2020

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Esta presentación está feita por persoas que traballamos no cole e adicada a todo o resto da comunidade educativa: a vós, peques, porque estades a facelo moooooi ben e a vós, familias porque estades contribuindo a que todo vai o mellor dentro do difícil.
Ánimo, xa queda menos!


1 abr 2020

Twister xeométrico!!!!!

Con varios folios pegados e debuxando os polígonos regulares temos un twister marabilloso!!!
Agora só temos que poñer as instruccións de xogo e...




UN XOGUETE MÁIS NA CASA!!!!

31 mar 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE. TERCEIRA SEMANA.

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL).
DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL.

Ola a todos e todas! Agardo que estes días estedes todos ben e
a salvo na casiña! A continuación propoño unhas actividades para
non esquecernos de ler e escribir! :) 
  • Seguides facendo o diario? Eu tamén estou facendo un coas emocións de cada día! Á volta poderémolo compartir.

  • Estes días que chegou a primavera, tamén chegou a miña alerxia ao polen e tamén á letra “R”. Que libro me recomendaríades para pasar estes días? Lembrade explicarme: como se chama, quen o escribiu, de que trata, por que vos gusta e onde podo conseguilo, pero sen usar ningunha R ou comezarei a esbirrar sen parar!



Nota para as familias: Están programadas para esta semana pero se alguén quere algo máis específico para traballar, algo para ampliar en semana santa, outro tipo de ideas ou actividades… avisádeme sen problema no meu correo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal.

27 mar 2020

Hoxe toca reconfortarnos co noso traballo e agradecer

MOITAS GRAZAAAASSSS!


NESTES DÍAS, O CEIP DE VITE ESTAMOS A ENVIAR CARTAS AOS PACIENTES QUE NON PODEN ESTAR ACOMPAÑADOS POLAS FAMILIAS DO HOSPITAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. 
FACÉMOSLLAS CHEGAR A TRAVÉS DO PERSOAL SANITARIO QUE ALÍ TRABALLA AO QUE AGRDECEMOS ENORMEMENTE A SÚA IMPLICACIÓN (en especial, a título personal agradecer a Marcos Lebrero, amigo que sirve de enlace principal da iniciativa) 

RECONFORTÉMONOS

Reconfortémonos na axuda que estamos prestando, reconfortémonos no tempo que estamos a adicar a persoas que non coñecemos de nada e aos que, aínda así, buscamos sacarlles un sorriso e acompañalas. Encántame pensar que, cando temos tempo, somos quen de adicarllo aos demáis co noso mellor propósito, que mellor forma de crear comunidade? E que mellor forma de aprender Ciencias Sociais?

 E AGRADEZCAMOS

A todas e todos aqueles que, SEMPRE, e non solo agora, traballan polos demáis. 

DENDE O CEIP DE VITE 1 MANDÁMOSVOS TODAS AS NOSAS FORZAS E ÁNIMO!!!

25 mar 2020

Xeo primaveral

O que traballan estes nenos e nenas e as súas familias é unha pasada!

Mirade como lle deron a entrada á primavera utilizando o xeo. 



Grazas á profe Sara por compartir a idea con nós :) 





24 mar 2020

Cartas contra o coronavirus

Hai moitas persoas ingresadas polo Coronavirus que están moi soas e non poden recibir visitas no hospital!
Pero como sempre, iniciativas de xente marabillosa que traballa no hospital permítennos facerlles chegar mensaxes de ánimo. 
Como o podemos facer?
Podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos.
Nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas, mestres e mestras animádevos a participar. Podedes escribirmas ao meu correo electrónico e eu as reenviarei todas xuntas. O meu correo é marcos.pinaque@edu.xunta.es 
Xa temos as primeiras e esperamos enviar moitas máis... 





23 mar 2020

TRABALLAMOS A EXPRESIÓN ESCRITA

Ola estudantes e familias!

Estades moi aburridas? Aquí vos deixamos unhas actividades que podedes facer para entretervos e, de paso, traballar a expresión escrita e a creatividade. Só necesidades un anaco de papel, un lapis, unha bolsa e mooooita imaxinación. Pincha aquí se a queres ver.

Sara PT





A quen se lle ocorren normas para o xogo ao que nos tocou xogar?

Recordades este vídeo que vimos na clase??



Incluso nos momentos complicados sempre hai formas de alegrar aos que nos rodean, só hai ter unha boa imaxinación!!!!

Que ides facer para que na vosa casa se pase mellor este tempo?

Animádevos a contestar :) :) :)

22 mar 2020

18 mar 2020

Nunca choveu que non escampara!!!!

Como nos gusta mandar mensaxes de ánimo participando nas iniciativas que nos fan parte dunha comunidade que nos coida!!!


Moito ánimo e forzas para todas e todos!!!!

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA - MARTINA E ÁLEX

Martina e Álex, con axuda de súa nai, fixeron este fermoso traballo.
Emocionanos vervos desde a nosa reclusión forzosa pero... Nunca choveu que non escampara!

17 mar 2020


Hello everybody,
Due to the health crisis that we are experiencing with COVID-19 we have no other option than to stay at home, but we can continue learning.

Here are some proposals to work at home.

You can write your answers in a notebook you may have at home or send me an image or photo so I can correct you work. You can also read and record and send me the audio. Any way you use, it works for me.
Any questions you may have send me an email to vitemissana20@gmail.com.
You can do it!

Ola a todos,
Debido á situación de crise sanitaria que estamos a vivir polo COVID-19, non queda outra que quedar na casa, pero aínda así podemos seguir aprendendo.

Aquí vos propoño as seguintes actividades.
Podedes escribir as respostas nunha libreta que teñades na casa e mandar una foto da imaxe para poder corrixila eu. Tamén podedes facer unha lectura e gravala e enviarma. Calquera forma me vale.

Calquera dúbida que teñades podedes escribirme a vitemissana20@gmail.com

Moito ánimo!

A fronteira



Neste tempo que nos toca vivir, que importante adaptarnos e romper con todo aquilo que nos separa! Atopemos novas formas de comunicarnos, de xuntarnos aos demais, de facer comunidade. Toca romper as metafóricas fronteiras que nos separan e estar unidos.
As nenas e nenos de 3o de Primaria do Ceip de Vite xa o estamos a facer, anímaste? Grazas a Guadi Galego pola cesión dos dereitos da súa canción "Fronteiras". Preciosa, por certo.


Para traballar sobre este tema limos catro marabillosos contos sobre o tema:

- Unha longa viaxe. Da editorial Kalandraca (https://www.youtube.com/watch?v=o2ugt5Muo5s): Aí tedes un pequeniño vídeo que mostra algunha das súas páxinas.

- Sin agua y sin pan. Da editorial Nubeocho (https://issuu.com/nubeocho/docs/sinaguaysinpan_issu) : Aí aparecen algunhas das páxinas do libro

- Said e o muro. Kaidara (https://www.kaidara.org/recursos/saidyelmuro/): Aí podedes decargar o material

- Abajo los muros. Blume (https://issuu.com/editorialblume/docs/binder2_abajo_los_muros): Aí podedes ver algunhas das páxinas deste libro

16 mar 2020

PROPOSTAS DE TRABALLO DE AUDICIÓN E LINGUAXE

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 16 AO 29 DE MARZO.

-       COMPRENSIÓN LECTORA:
Colle  o libro que esteas lendo e escolle dous capítulos (pode ser un cómic, neste caso escolle dous bloques de 5 páxinas). Agora vas ser ti a profe: tes que inventar 5 preguntas que farías ao teu alumnado sobre ese capítulo (10 en total). 

-       EXPRESIÓN ESCRITA:
Seguro que para a volta ao cole non te vas lembrar de tantas cousas que fixeches! Escríbemo nun diario para poder contarmo. Só precisas nunha libretiña que xa teñas ir poñendo a data e contarme algo guai que fixeras ese día e así compartilo á volta. 

-       EXPRESIÓN ORAL: 
Inventa uns diálogos para a seguinte curta de animación. Se os escribes, mellor! Así poderemos practicalos logo na clase. Pon en youtube: monsterbox, aquí tes a ligazón:  https://www.youtube.com/watch?v=bxPRvKt203U

-       XOGOS COAS LETRAS:
Lembra os xogos que facemos na clase: xogar ao aforcado, palabras encadeadas (por letra ou por sílaba), coller 7 letras e intentar formar todas as palabras posibles,…

-       REPASIÑO:
Se queres facer un repasiño online podes entrar nesta páxina http://www.infantil.librosvivos.net/  e meter o código do teu curso:
2º EP: 132889
3º EP: 113490 ó 116613
4º EP: 113492 ó 116625
5º EP: 120448

·      NOTA PARA AS FAMILIAS: Se precisades máis materiais específicos, queredes máis actividades, recursos TICs ou tendes calquera dúbida, contactade comigo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Agardo que estedes ben e que nos vexamos moi prontiño! Apertas virtuais!