Ceip de Vite

Este é o blogue do Segundo Ciclo de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela

19 jun. 2019

DO HORTO Á MESA

Rematamos a campaña anual recollendo parte da nosa colleita. Aquelas pequenas sementes agora son plantas que xa podemos convertir nunha merenda saudable: leitugas de distintos tipos, perexil, apio, espinacas, rábano, cebolas, cenoria...
Algunhas cousiñas tivemos que mercar para preparar este merenda ben saudable. As tortiñas con verduras resultaron moi saborosas ademais de saudables.

17 jun. 2019

UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE

Dúas científicas da facultade de Química da Universidade de Santiago foron as encargadas de facer con nós o obradoiro "Só facemos química cando imos ao laboratorio?". A finalidade última do mesmo é fomentar o interese pola ciencia entre as nenas xa que parece ser unha profesión con máis presenza masculina.
Unhas actividades moi interesantes coas que poidemos experimentar mesturas de materia de distinto tipo, cambios físicos e químicos,  etc.



12 jun. 2019

EXCURSIÓN ILLA DE CORTEGADA

A illa de Cortegada é un espazo natural protexido. Durante a ruta de sendeirismo que fixemos na xornada de hoxe aprendemos un pouco da súa historia, a súa flora e a súa fauna. Agora xa soan máis algúns nomes como o peto, a vacaloura, o cormorán, o loureiro tan característico de Cortegada ou unha especie de carballo propio da illa. Vimos os restos da aldea que alí había e explicáronnos o motivo que tiveron os seus habitantes para abandonala.

20 may. 2019

A MATERIA - CLASE PRÁCTICA

Hoxe a nosa aula cociña foi un auténtico laboratorio para experimentar con distintas substancias e comprobar o que aprendemos na teoría con respecto á materia: pódese mestura e tamén separar, pode cambiar de forma, de aspecto, etc.


6 may. 2019

PLANTANDO NO HORTO

Despois de meses preparando sementando e coidando as nosas plantas na aula, hoxe poidemos trasplantar todo ao horto que estamos a estrear no campo que hai detrás do pavillón.

Tivemos algunha sorpresiña porque tiñamos unha planta de cenoria e dúas de tomates que, seguramente, viñan misturadas con outras sementes.
Tamén foi moi emocionante comprobar que as patacas xa están dando o seu cultivo ( o mesmo que os chícharos, aínda que estes xa os podemos ver desde fai días).

29 abr. 2019

A BIODIVERSIDADE ESPONTÁNEA - ACTIVIDADE NO CIPX DE SANTIAGO

Durante unha gran parte da mañá poidemos aprender a importancia que teñen as chamadas "herbas malas", as plantas que nacen de forma espontánea, para o equilibrio ecolóxico no entorno.  No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Santiago asistimos a unha charla (con identificación de plantas que nacen no campo ou  nos muros) e a un obradoiro no que construímos 3 hoteis paara insectos usando materiais naturais do propio parque de Belvís.



25 abr. 2019

21 DÍAS FALANDO GALEGO

Os hábitos (bos ou malos) non nacen de repente, apréndense.Son 21 días. O obxetivo que pretendemos conseguir falando galego. A filosofía é facelo cada día, durante tres semanas, para chegar a sobrepasar a barreira do que nos custa e que se convirta nun hábito”.

Empezaremos o día 1 de maio (aínda que non sexa lectivo) e remataremos... Ao mellor xa continuamos!

Tedes 5 días para pensalo, animádevos!