MÚSICA









Semana do 15 de xuño.

Actividades Música 3º.

Última semana de clases!! Xa ule a verán, a praia e a xeados. Imos pola 

última clase de Música!!

1.- Comezaremos coa canción “ Sinfonía de Uxía”:



2.- Resolve o encrucillado:



3.- Remataremos bailando “Let´s Twist again”:





Actividades Música 4º.



1.- Comezaremos cantando “Pousa”:



2.- Resolve o encrucillado:



3.- Remataremos bailando “Shake it off”:




Desfrutade do verán, felices vacacións!!



Semana do 8 de xuño

Ola a tod@s, comezamos con moitas gañas que xa queda menos!!

Actividades Música 3º.

1.- Comezamos cantando “O Reggae do Sacristán”:



2.- Vemos un vídeo sobre os instrumentos de percusión:



3.- Eres capaz de dicir que instrumentos de percusión tocan estes nenos e 

nenas?



Para que vos corrixa a actividade mandádea a 


4.- E rematamos tocando con vasos “Girls like you”:




Para tocar esta canción necesitade dous vasos de plástico.


Actividades Música 4º.

1.- Cantaremos a canción da escala musical:



2.- Faremos un xogo para ver onde queda cada nota:



3.- Agora nos toca completar os pentagramas:

Poñemos debaixo o nome a estas notas:


Agora intentamos colocalas no pentagrama, e volvemos a poñer o nome:


Para que vos corrixa a actividade mandádea a 


4.- E rematamos tocando “O crebanoces”:



Necesitades un vaso de plástico para tocar.



Un último esforzo que só queda dúas semanas!!



Semana do 1 de xuño

Entramos no mes de xuño!! Sabedes o que quere dicir? Que só quedan 3 

semanas de curso!! Empeza a conta atrás!!

Actividades Música 3º.

1.- Hoxe empezando cantando a escala: 




2.- Faremos un xogo para repasar a escala:


3.- Agora toca escribir a escala:

Poñemos debaixo o nome a estas notas:


Agora intentamos colocalas no pentagrama, e volvemos a poñer o nome:


Para que corrixa a actividade mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es


4.- Remataremos o día tocando co corpo “Willy Wonka”:





Actividades Música 4º.



1.- Comezamos cantando “O chimpín”:



2.- Imos facer un xogo para clasificar instrumentos da orquestra:


3.- Nesta audición imos clasificar os instrumentos que ves:


Vento madeira
Vento metal
Corda
Percusión






Para que corrixa a actividade mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es

4.- Rematamos por hoxe tocando “Harry Potter”:





Xa queda menos!! Abur



Semana do 25 de maio

Ola nenos e nenas. Rematamos o mes de maio e o curso vai quedando atrás. 

Un pouco máis de paciencia que queda pouco!!

Actividades Música 3º.

1.- Comezamos cantando a canción “Miña abuela Manuela”:



2.- Veremos un vídeo sobre os instrumentos musicais:



3.- Agora nos toca identificar na audición “O voo do moscardón” os 

instrumentos que soan:



Poderías dicirme que animal está imitando esta melodía?

Para que vos corrixa a actividade mandádea a 


4.- E para rematar tocaremos con palillos chinos “Fósiles”:



Se non tedes palillos podedes tocar con dous lapis.


Actividades Música 4º.

1.- Comezamos coa canción “Muxía & Roll”:



2.- Imos ver un vídeo sobre o compás 2/4:



3.- Agora tedes que completar o tren. Recordade as figuras e silencios que 

podedes utilizar:



Para que corrixa a actividade mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es


4.- E rematamos bailando Hip Hop:




Desfrutade destes días de sol!!





Semana do 18 de maio



Ola de novo, como van as cousas? Unha semana máis de traballo, pero xa 

queda menos. Ánimo!!


Actividades Música 3º.



1.- Empezamos coa canción “Na beira”:



2.- No seguinte vídeo veremos compases de 4/4:



3.- Agora nos toca a nós facelos no tren. Recordade poñer en cada vagón 

figuras ata completar 4 pulsos. Por se non nos acordamos, déixovos as figuras

musicais:






Non necesitades imprimir a ficha, con escribila nun papel chega. Para correxir

a actividade, mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es


4.- Por último tocaremos coas mans “In the hell I´ll be in good company”:





Actividades Música 4º.


1.- Comezaremos cantando a canción “De festa”:




2.- Imos recordar como de distinguen os sons fortes e piano:



3.- Agora tedes que dicir dos seguintes sons cales son fortes e cales piano:

A-



B-


C-



D- 




Para correxir a actividade, mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es


4.- Tocaremos “Pequena serenata nocturna”:



Só necesitamos dous vasos de plástico para tocala.




Rematamos por esta semana, ata a seguinte!!



Semana do 11 de maio

Ola nenos e nenas, empeza unha nova semana chea de enerxía. 

Comezamos!!



Actividades Música 3º.



1.- Cantamos a canción “Son las notas musicales”:




2.- Na canción aparecen onde se colocan as notas musicais no pentagrama. 

Tedes que poñer o nome das notas do seguinte pentagrama:



Recordade que non que imprimir se non queredes, podedes facer nun papel 5 

liñas e colocar as notas no seu lugar. Para que eu o mire, mandádeo a 



3.- Rematamos cun pouco de lectura rítmica con “Xogo de tronos”:







Actividades Música 4º.

1.- Empezamos cantando “Ya soy mayor”:




2.- Imos ver o seguinte vídeo sobre sons graves e agudos:




Agora temos que clasificar os seguintes audios en grave ou agudo (con 

escoitar o principio do audio chega):

A


B


C



D



Para que corrixa os resultados madádeos a beatrizveneranda@eduxunta.es


3.- Acabamos practicando o ritmo de “Uptown funk”:




Que teñades unha boa semana, aburiño!!




Semana do 4 de maio



Actividades Música 3º.


Que tal a vosa semana? Xogades moito na rúa? Imos ver se o pasamos case 

tan ben traballando Música.

1.- Comezamos coa canción “Mamá tierra”:




2.- Imos facer un pequeno traballo e investigación coa composición “O cisne”:



Temos que contestar ás preguntas:

- Que instrumentos aparecen no vídeo?

- A que familia pertencen? (percusión, vento, corda)

- A bailarina que animal representa?

Podedes mandar as contestacións para que as corrixa a 


E os que se atrevan poden imitar a bailarina. Xa me contaredes o ben que vos sae.


3.- Xa que estivemos quentando o corpo co ballet, acabaremos bailando “Old 

town road”:






Actividades Música 4º.



1.- Cantaremos a canción “Lúa”:



2.- Despois de cantar tedes que volver a ver o vídeo e contestar ás preguntas:

- Que tres instrumentos se tocan na canción?

- A que familia pertencen estes instrumentos?(percusión, vento, corda)

- Aparece un cuarto instrumento que non se utiliza, como se chama?


3.- Remataremos tocando con palillos “Muñeira de Pontesampaio”:




Se non tedes palillos chino, podedes utilizar 2 lapis.



Desfrutade moito nas vosas saídas. Aburiño.



Semana do 27 de abril



Actividades Música 3º.


Ola chicos e chicas. Xa queda menos para que todo isto acabe!! E nós 

seguimos unha semana máis traballando dende a casa. Comezamos!!


1.- Cantamos un pouco? “A miña tía”:



2.- Imos recordar o compás de ¾. Primeiro veremos un vídeo e palmearemos

o ritmo:


Agora faremos o tren do ¾:



Temos que cubrir os vagóns cos ritmos que se vos ocorran. Recordade utilizar

as figuras que coñecemos (negra, silencio de negra, dúas corcheas, branca, 

silencio de branca e catro semicorcheas) Non necesitamos imprimir o tren. 

Con que o escribades nunha folla xa me vale. Podedes mandalo ao correo 



3.- E como final aprenderemos un ritmo con vaso:




Só necesitades un vaso de plástico e practicar. Podedes facer un concurso na

casa. Veremos quen gaña.



Actividades Música 4º.



1.- Repasaremos a canción “Ven comigo”:




2.- Imos recordar o compás de ¾. Primeiro veremos un vídeo e palmearemos 

o ritmo:



Agora faremos o tren do ¾:



Temos que cubrir os vagóns cos ritmos que se vos ocorran. Recordade 

utilizar as figuras que coñecemos (negra, silencio de negra, dúas corcheas,

branca, silencio de branca e catro semicorcheas) Non necesitamos imprimir o 

tren. Con que o escribades nunha folla xa me vale. Podedes mandalo ao 



3.- Acabamos practicando un pouco coa “Danza dos machados”:


Se non tedes palillos chinos, podedes utilizar dous lapis.



Ánimo que xa queda menos!!


Semana do 20 de abril

Actividades Música 3º.


Ola a tod@s. Empezamos outra semana cargad@s de enerxía. Comezamos:

1.- Empezamos cantando? “O chimpín”:



2.- Imos ver un video para recordar os sons fortes e pianos: 




3.- Agora realizaremos o exercicio para comprobar que distinguimos entre 

sons fortes e pianos: 



4.- Por último tocaremos co corpo o tema “Girasoles”:



Fixádevos ben. Cando apareza f tocamos forte e cando apareza p tocamos 

suave.


Actividades Música 4º.

1.- Cantamos un pouco? “Esto bailase así”:




2.- Recordaremos os reguladores >, <, p, f.



3.- Imos velos aplicados na “5ª sinfonía de Beethoven”:



4.- Por último, xogamos coas mans e cos pes? “Boom, Snap, Clap”: 




Ata a semana que ven.



Semana do 14 ao 17 de abril

Ola a todas e todos. Volvemos traballar despois destas curiosas vacacións. 

Espero que todos teñades ganas de cantar e bailar.

Antes de empezar coas actividades invítovos a entrar en 


Aquí podedes facer composicións musicais de maneira moi sinxela. Seguro 

que pasaredes un rato entretido.


Actividades Música 3º.

1.- Empezamos repasando unha canción que nos gusta moito “Ven comigo”:




2.- Imos ver un vídeo sobre as figuras musicais:




Non falan das corcheas, pero xa sabedes que dúas corcheas duran un tempo.


3.- Traballaremos o compás de 2/4. Primeiro tocaremos coas mans os ritmos 

deste tren:



Víchedes como se organizan as figuras musicais en cada vagón? Agora vos 

toca a vós. Completade os vagóns do tren:



Non necesitades imprimir o tren. Podedes poñer nun papel 2/4 e completar os 

compases. Non vos esquezades de poñer as liñas divisorias para separar os 

compases. Se queredes podedes mandar a actividade a 

beatrizveneranda@edu.xunta.es para que a mire.


4.- E remataremos cun xogo de percusión corporal:






Actividades Música 4º.

1.- Repasamos as figuras musicais:



2.- Agora poñemos en práctica os nosos coñecementos completando 

compases de 4/4.


 Non temos que imprimir a ficha, con escribila nun papel chega. Podedes 

mandar a actividade feita a beatrizveneranda@edu.xunta.es 

para que a corrixa.


3.- Por último tocaremos un pouco a composición “Fósiles”:




Se non tedes palillos chinos para tocar podedes sustituilos por dous lápices.


Biquiños e ata a semana que ven.


 Semana do 23 ao 27 de marzo.


Xa imos pola terceira semana e seguro que o imos pasar xenial traballando un

pouco coas actividades que propoño:


Actividades Música 4º.


1.- Empezamos as nosas clases cantando “A Santiago vou”. E dádelle con 

ánimo!!:



2.- Repasaremos as familias dos instrumentos musicales:


3.- Este trimestre traballamos a audición “Carmen” de Bizet. Podemos 

recordala na casa facendo o acompañamento:


Podemos substituir os instrumentos por cousas que teñades por casa (por 

exemplo o bombo por unha caixa, o triángulo por un vaso e unha culler, as 

claves por dous lápices e os crótalos por dúas culleres)


4.- E por último, a bailar!!:



Actividades Música 3º.

1.- Empezamos as nosas clases cantando “A Santiago vou”. E dádelle con

ánimo!!:



2.- Recordamos os símbolos musicales: 


3.- Mans preparadas que acompañaremos a canción de Harry Potter “The 

Quidditch World Cup”:


4.- E por ultimo un xogo de mans. Quen o consigue facer sen equivocarse?: 


Espero que pasarades un bo rato mentres traballamos música. 

Ánimo que xa queda menos!!!


 Semana do 23 ao 27 de marzo.

Segunda semana, e seguimos traballando dende a casa. Espero que teñades 

ganas de cantar e bailar un pouco. Hoxe propoñemos traballar en Música:


Actividades Música 4º.

1.- Repasaremos a canción “Lela” na versión do grupo

 Astarot:



A letra desta canción aparece no libro de Castelao “Os vellos non deben

namorarse”. Podedes escoitar unha versión máis parecida á orixinal da 

cantante Dulce Pontes: 

Cal vos gusta máis?

3.- Practicaremos un pouco de ritmo con esta composición de Peer Gynt. Imos

necesitar uns palillos chinos ou algo parecido como dous 

lápices:




4.- E xa para rematar un xogo: Víchedes como se fan acompañamentos de 

melodías con vasos? Pois hoxe é un bo día para comezar. Necesitades un 

vaso de plástico, e a tocar ao ritmo de Shakira!!:




Actividades Música 3º. 

1.- Repasaremos a canción “Lela” na versión do grupo 

Astarot:





A letra desta canción aparece no libro de Castelao “Os vellos non deben 

namorarse”. Podedes escoitar unha versión máis parecida á orixinal da 

cantante Dulce Pontes: 




Cal vos gusta máis?


2.- Imos repasar algúns instrumentos musicais con este xogo de 

memoria: 

https://aprendomusica.com/const2/18memoryInstrumentosBasico/memoryInstrumentosBasico.html


3.- Agora acompañaremos coas mans a audición “ Na gruta do rei da 

montaña”:





4.- Por último movémonos un pouco con “Yo tengo un tic”:





A nosa idea con estas actividades é que intentedes seguir as rutinas de aula 

para que se vos pase o tempo un pouco mellor dentro da situación que nos 

tocou vivir.


Ánimo que nunca choveu que non escampara!!





Semana do 16 ao 20 de marzo.

Actividades música 4º. 

1.- Repasamos a canción deste trimestre? Invitade á familia a cantar e a 

bailar para que a aprendan:




2.- Recordades cando sonorizamos un conto? Pois imos imos facer os efectos

especiais de “Ricitos de oro”:



 Podedes utilizar o que haxa pola casa (os vosos pasos para facer que Ricitos

camiña, os pasos dos vosos pais para os pasos dos osos, algo metálico para 

as tazas,…)


3.- Agora imos tocar o Vals nº2 de ShostaKovich:




Xa sei que non temos os instrumentos de aula, pero podemos buscar algo 

pola casa que nos poida servir (chaves en vez de pandeiretas, dúas culleres 

en vez de crótalos, un vaso cunha culler en vez de triángulo e un morteiro en

vez de claves)



4.- Por último faremos un pouco de ritmo con Harry Potter: 



Actividades música 3º.

1.- Recordamos a canción deste trimestre? Invitade á familia a cantar e a 

bailar para que a aprendan: 




2.- Recordades cando puxemos efectos musicais a un conto? Veña, buscade 

cousas por aí e poñede os efectos sonoros de “Vaya rabieta”: 




3.- E agora tocamos un pouco: 





4.- Por último, a bailar!! “Juan pequeño baila” :



No hay comentarios: