19 jun 2019

DO HORTO Á MESA

Rematamos a campaña anual recollendo parte da nosa colleita. Aquelas pequenas sementes agora son plantas que xa podemos convertir nunha merenda saudable: leitugas de distintos tipos, perexil, apio, espinacas, rábano, cebolas, cenoria...
Algunhas cousiñas tivemos que mercar para preparar este merenda ben saudable. As tortiñas con verduras resultaron moi saborosas ademais de saudables.

17 jun 2019

UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE

Dúas científicas da facultade de Química da Universidade de Santiago foron as encargadas de facer con nós o obradoiro "Só facemos química cando imos ao laboratorio?". A finalidade última do mesmo é fomentar o interese pola ciencia entre as nenas xa que parece ser unha profesión con máis presenza masculina.
Unhas actividades moi interesantes coas que poidemos experimentar mesturas de materia de distinto tipo, cambios físicos e químicos,  etc.



12 jun 2019

EXCURSIÓN ILLA DE CORTEGADA

A illa de Cortegada é un espazo natural protexido. Durante a ruta de sendeirismo que fixemos na xornada de hoxe aprendemos un pouco da súa historia, a súa flora e a súa fauna. Agora xa soan máis algúns nomes como o peto, a vacaloura, o cormorán, o loureiro tan característico de Cortegada ou unha especie de carballo propio da illa. Vimos os restos da aldea que alí había e explicáronnos o motivo que tiveron os seus habitantes para abandonala.