Unhas actividades moi interesantes coas que poidemos experimentar mesturas de materia de distinto tipo, cambios físicos e químicos, etc.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Naturais. Mostrar todas las entradas

17 jun 2019
UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE
Dúas científicas da facultade de Química da Universidade de Santiago foron as encargadas de facer con nós o obradoiro "Só facemos química cando imos ao laboratorio?". A finalidade última do mesmo é fomentar o interese pola ciencia entre as nenas xa que parece ser unha profesión con máis presenza masculina.
Unhas actividades moi interesantes coas que poidemos experimentar mesturas de materia de distinto tipo, cambios físicos e químicos, etc.
Unhas actividades moi interesantes coas que poidemos experimentar mesturas de materia de distinto tipo, cambios físicos e químicos, etc.
20 may 2019
A MATERIA - CLASE PRÁCTICA
Hoxe a nosa aula cociña foi un auténtico laboratorio para experimentar con distintas substancias e comprobar o que aprendemos na teoría con respecto á materia: pódese mestura e tamén separar, pode cambiar de forma, de aspecto, etc.
8 oct 2018
LABORATORIO NA AULA
Para dar un pasiño máis no que se refire á reprodución das plantas, hoxe estivemos observando as esporas dun fento e o pole dunha flor. Resultou sorprendente apreciar os detalles co uso da lupa binocular!
15 mar 2016
A TENDA DOS LARETAS
Hoxe abrimos a nosa tenda! A clientela tiña que mercar todo o necesario para elaborar o menú equilibrado dun día completo.
Non todas as carteiras tiñan os mesmos cartos porque antes tiveron que gañalos. As cestas ían enchéndose e as caixeiras/os non daban feito para sumar tantos números decimais. Ás veces os cartos non eran suficientes e había que decidir que produto/s non estaba/n ao alcance das súas posibilidades.
Resultou unha actividade moi fructífera; a pesar das dicficultades os rapaces e rapazas souberon resolver moi ben os problemas que xurdían, involucrándose dunha maneira totalmente real.

27 ene 2016
7 dic 2015
Experimento do volcán: explicando e experimentando!
Explicando o proceso aos compas de 2º! Abraiante!
8 nov 2015
AS PLANTAS
Desde o inicio deste tema semellaba que estes rapaces e rapazas de 4º tiñan uns coñeementos previos do tema moi amplos.
Pero despois a cousa foise complicando (incluíndo os constantes atrancos coa cobertura wifi e coa apple TV) e as presentacións dos distintos aspectos do tema por parte dos equipos correspondentes fixo suar a máis dun. Pero isto vai facendo que aparezan solucións para os problemas o que sempre é positivo.
Esperamos que do esforzo teña dado os seus resultados e agora xa teñamos un pouco máis de información.
Este é un resumo en imaxes das presentacións que fixeron durante a semana.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)