8 nov 2015

AS PLANTAS

Desde o inicio deste tema semellaba que estes rapaces e rapazas de 4º tiñan uns coñeementos previos do tema moi amplos.
Pero despois a cousa foise complicando (incluíndo os constantes atrancos coa cobertura wifi e  coa apple TV) e as presentacións dos distintos aspectos do tema por parte dos equipos correspondentes fixo suar a máis dun. Pero isto vai facendo que aparezan solucións para os problemas o que sempre é positivo.
Esperamos que do esforzo teña dado os seus resultados e agora xa teñamos un pouco máis de información.
Este é un resumo en imaxes das presentacións que fixeron durante a semana.

4 comentarios:

María Cernadas dijo...

Non podemos ver o vídeo das plantas nin dos monstruos e trompos! Manuel

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Perdoade. Isto pasa por ir demasiado rápido. Dime se agora xa se pode ver, por favor.

María Cernadas dijo...

Xa se pode ver. Grazas Carmela. María

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Grazas a ti pola colaboración.