1 nov 2015

OBRADOIRO DE MONSTROS

O día 26 de outubro, dentro da temática de medo que estamos a traballar no cole, os nenos e nenas de 4º tiveron a sorte de contar coa presenza de Renata Otero, nai de Alén, que veu  ensinarlles algunha técnica para debuxar monstros. Empezaron cunha pinga de tinta vermella nunha cartolina e a partires de aí, seguindo as instrucións de Renata e engadindo detalles propios, cadaquén foille dando forma ata conseguir uns monstros superdivertidos. Moitas grazas, Renata por compartir os teus coñecementos connosco.




3 comentarios:

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Pero que pasada de creatividade. E eu non puiden participar! Bravo polos nenos e nenas de cuarto! E bravo para Renata!

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Non me canso de miralos. Cada vez me gustan máis!