Neste día quixemos reflexionar sobre as condutas violentas que sofren moitas nenas, nenos e mulleres, sobre todo.
Temos moi claro que debemos colaborar na medida do posible para que estas persoas non se sintan, ademais de maltratadas, abandonadas.
Debemos denunciar en calquera ámbito no que nos movamos calquera situación que consideremos discriminatoria.
Gustounos moito o lema desta campaña que promove no día de hoxe o concello de Santiago porque é algo que os maltratadores non entenden. Nós si.
No hay comentarios:
Publicar un comentario