Na aula de 4ºA quixemos vivenciar o que iso significa e estabamos preparados. Os nosos bonecos e bonecas xa feitos saíron ao patio para divertirnos un pouco: primeiro tocoulles ás comadres escapar cos seus bonecos e despois foi a quenda dos compadres coas súas bonecas.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
Mostrando entradas con la etiqueta plástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plástica. Mostrar todas las entradas
28 feb 2019
XOVES DE COMADRES ( E DE COMPADRES TAMÉN)
Hoxe é o día en que as mulleres de algunhas vilas e pobos galegos celebran o xoves de comadres.
Na aula de 4ºA quixemos vivenciar o que iso significa e estabamos preparados. Os nosos bonecos e bonecas xa feitos saíron ao patio para divertirnos un pouco: primeiro tocoulles ás comadres escapar cos seus bonecos e despois foi a quenda dos compadres coas súas bonecas.
Na aula de 4ºA quixemos vivenciar o que iso significa e estabamos preparados. Os nosos bonecos e bonecas xa feitos saíron ao patio para divertirnos un pouco: primeiro tocoulles ás comadres escapar cos seus bonecos e despois foi a quenda dos compadres coas súas bonecas.
2 abr 2016
AVANZAMOS NOS NOSOS ROBOTS
Así van os traballos para completar os nosos robots. Xa vedes que levan bastante tornillería, iso si, de pega.
31 ene 2016
CARETAS CON PINTURAS ACUARELABLES
Para experimentar coas cores, misturando e combinando, eliximos estas caretas. Permítennos gozar da sensación de pintar con moita facilidade, estender cos pinceis, lograr un equilibrio na cor, etc.
E despois... a poñelas polo Entroido!
E despois... a poñelas polo Entroido!
20 dic 2015
A MOA
E aquí rematan as obras traballadas no Obradoiro de Expresión deste primeiro trimestre. Os monicreques creados para a ocasión foron realizados desde a área de Plástica con moita creatividade e coa colaboración de toda a clase.
"A moa" é unha historia divertida na que o protagonista sae gañando a pesar das apariencias.
"A moa" é unha historia divertida na que o protagonista sae gañando a pesar das apariencias.
A FÁBULA DO BO HOME
Hoxe toca publicar esta representación feita cos tan famosos monicreques. A incorporación de micrófono provocou dificultades no manexo dos bonecos pero aínda así hai que recoñecer que estes nenos e nenas son uns artistas. Noraboa!
10 dic 2015
REMATAMOS OS MONICREQUES!
Foi un traballo longo, duro e no que houbo que utilizar moita creatividade, paciencia, compañeirismo... Pero os resultados están a vista: unhas creacións magníficas que servirán de apoio para a actividade que presentaremos o vindeiro mércores.
Parabéns para todos porque xuntos/as podemos conseguir o que nos propoñamos.
Parabéns para todos porque xuntos/as podemos conseguir o que nos propoñamos.
12 nov 2015
OBRADOIRO DE EXPRESIÓN
Como xa sabedes os vosos fillos/as teñen unha sesión semanal adicada a traballar a expresión. Nun sentido amplo da palabra queremos traballar a expresión oral, escrita, corporal, artística...
Onte empezamos a traballar esta "globalización" aplicando as artes plásticas para completar un traballo de expresión oral que veredes proximamente.
Estas son as imaxes do traballo realizado. De momento pódese mostrar; despois haberá que deixar terreo para a sorpresa.

8 nov 2015
PINTANDO PEÓNS E MONSTROS NA CLASE DE PLÁSTICA
A solitaria e escasísima sesión semanal de Plástica témola que aproveitar ao máximo con tantas actividades que queremos facer así que este venres misturamos tarefas e estivemos adicados a completar os monstros pero tamén estivemos pintando uns peóns. Este é un resumo gráfico da nosa actividade.
1 nov 2015
OBRADOIRO DE MONSTROS
O día 26 de outubro, dentro da temática de medo que estamos a traballar no cole, os nenos e nenas de 4º tiveron a sorte de contar coa presenza de Renata Otero, nai de Alén, que veu ensinarlles algunha técnica para debuxar monstros. Empezaron cunha pinga de tinta vermella nunha cartolina e a partires de aí, seguindo as instrucións de Renata e engadindo detalles propios, cadaquén foille dando forma ata conseguir uns monstros superdivertidos. Moitas grazas, Renata por compartir os teus coñecementos connosco.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)