Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas

7 nov 2015

MADALENAS DE RISA

Despois do obradoiro de galletas de medo e das trufas terroríficas de Anxo e súa nai, Yam e seu pai ( para sacarnos o medo de enriba) fixeron madalenas de risa con diferentes debuxos que nos encantaron. Moitas grazas!




1 nov 2015

OBRADOIRO DE MONSTROS

O día 26 de outubro, dentro da temática de medo que estamos a traballar no cole, os nenos e nenas de 4º tiveron a sorte de contar coa presenza de Renata Otero, nai de Alén, que veu  ensinarlles algunha técnica para debuxar monstros. Empezaron cunha pinga de tinta vermella nunha cartolina e a partires de aí, seguindo as instrucións de Renata e engadindo detalles propios, cadaquén foille dando forma ata conseguir uns monstros superdivertidos. Moitas grazas, Renata por compartir os teus coñecementos connosco.




28 oct 2015

COCIÑA DE MEDO

Hoxe tivemos a sorte de contar, unha vez máis, coa colaboración familiar. Novamente Mari, a nai de Chano, levou a cabo unha actividade divertida: a elaboración de galletas de medo.
Unha masa con azucre, manteiga, ovos e fariña. Moldeamos con forma de dedo e engadimos un pouco de "sangue" (marmelada de fresa) debaixo da unlla (amendoa). Un anaco ao forno e .... a comer!
Ummmm, que ricas!

E tamén houbo cociña de medo na casa de Anxo e como saben que somos lambóns mandaron a Anxo cargado de "trufas de chocolate" con ollos e boca. Vaia día de festa total!

Grazas familias pola vosa colaboración neste SAMAÍN 2015: cabazas, obxectos para a decoración, lambetadas...

IN A DARK DARK FOREST

Os nenos e nenas de 4º que asisten ás clases de Ed. en Valores fixemos unha presentación terrorífica coa profe Carmela.
Para entrar, un túnel negro. Na biblioteca, todo a escuras; só as luces das cabazas e unha pequena lanterna.
Algúns pasaron moito medo, a outros deulles por rir e berrar. 
Bravo por vós! Seguiremos compartindo que é un dos valores máis importantes que queremos desenvolver.


30 oct 2014

CELEBRANDO O SAMAÍN EN 4º


A nai da nosa compañeira Laura fixo unha torta de cabaza e unha flor para cada un!!! Que rico!!! Graciñas.

7 nov 2012

A CABAZA DE MARÍA

Parece que as cabazas medraron moito este ano, a de María é tan grande que se meteu dentro unha bruxa e despois non podía saír.
MARÍA, MOI ORGULLOSA DESPOIS DO BONITO TRABALLO QUE FIXO.

5 nov 2012

TROUXEMOS CABAZAS PARA A EXPOSICIÓN

A ROBERTO NON SEMELLABA QUE LLE DESE MOITO MEDO PORQUE ESTÁ MOI SORRINTE.


MARCOS, A SÚA DABA UN MEDO QUE ARREPIABA.

MARIO, CASE NON PODÍA CON ELA DE TANTO COMO PESABA.