Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas
27 feb 2019
STOPMOTION: A FUNCIÓN DE RELACIÓN
Por fin rematamos a nosa primeira experiencia creando esta presentación coa técnica do stopmotion. Usamos a aplicación Stop Motion para ipad para crear o efecto de movemento e así, coa participación de todos os nenos e nenas da clase, conseguimos explicar a función de relación dun xeito diferente.
18 may 2016
GUÍA DE GALICIA
A nosa guía de viaxe está rematada. Aparecerán algúns fallos, seguro. Algúns con intención de reflexionar sobre o traballo realizado; outros por despiste.
Esta semana iniciamos a fase de presentación, na que os equipos de "axentes turísticos" intentan ofrecer o seu produto, facer os compañeiros e as súas familias queden desexosos de viaxar.
4 mar 2016
COÑECENDO O TRAXE TRADICIONAL GALEGO
Hoxe tivemos unha mañá ben movida aprendendo algunhas cousiñas sobre o traxe tradicional galego, a cantidade enorme de prendas que levaban fixera frío ou calor, como eran os tecidos e relacionar isto co tipo de actividades que facían.
Algunhas prendas femininas puideron probalas entre risas e incluso cantamos "Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, co zapato baixo e a media de seda..." A ver se outro día podemos ter prendas masculinas.
Despois xa puideron dedicarse con interese á realización de cartaces para cada unha das prendas elixidas para o mural colectivo do corredor de entrada. E mirade que resultados tan bonitos!

3 mar 2016
REMATAMOS AS PRESENTACIÓNS DA GUÍA - FASE I
Esta semana tocoulles a quenda a estes grupos. Hai algúns que xa teñen "táboas" e medran con cada exposición en público; outros pasan máis nervios e... xa sabemos o que iso provoca.
Pois a seguir practicando!
26 feb 2016
GUÍA DE GALICIA - PRIMEIRAS PRESENTACIÓNS
Estes días Galicia, o seu relevo, o clima, a gastronomía... Andamos con ese rebumbio na clase de 4º, elaborando a primeira parte da nosa Guía de Galicia. E non está sendo moi doada.
Esta semana empezamos coas presentacións, que aínda provocan nervios e inseguridades.
Non pasa nada rapaces e rapazas, tranquilidade e procurade entender máis que memorizar.
Esta semana empezamos coas presentacións, que aínda provocan nervios e inseguridades.
Non pasa nada rapaces e rapazas, tranquilidade e procurade entender máis que memorizar.
27 ene 2016
4 dic 2015
DEBATE NO SALÓN DE PLENOS 1
Os nenos e nenas de 4ª de primaria fomos facer un debate no Salón de Plenos do Concello para presentar as nosas propostas para mellorar o cole. Gustounos moito e sentímonos moi importantes. Nunca fixeramos un debate e encantounos estar alí. De alcalde fixo Diego Ares do partido VN (Vite Nenos), no que ían tamén Antón Lareo, Sara Elisa Caamaño ( tenente de alcalde) e Karla Senín ; todos os demais eran os concelleiros e concelleiras. O novo alcalde, Diego, comportouse como se fose o alcalde de verdade! Durante 45 minutos estivemos debatendo sobre moitas cousas pero terminamos con tres propostas. Todos os equipos tiñamos boas ideas.
Coñecemos a Martiño Noriega e déronnos uns agasallos. Ao remate fixemos unha foto e volvimos para o cole. Foi estupendo ver debater aos outros equipos.
Pasámolo xenial. Foi unha experiencia inolvidable!"
3 dic 2015
VITE NENOS GAÑA AS ELECCIÓNS ESCOLARES DE 4º
Xa celebramos as nosas votacións, con urna auténtica, papeletas deseñadas por cada "partido político" e reconto: pasaron algúns nervios porque os gañadores non estiveron decididos case ata o final.
A partir de agora VITE NENOS, formado por Diego, Sara Elisa, Antón e Karla, terán que intentar levar á práctica algunhas das propostas incluídas no seu programa electoral. Non vai ser nada doado porque piden:
- Máis profesorado para atender a nenos e nenas con "necesidades especiais".
- Unha rampa para que todos/as poidan subir á pista de deporte.
- Máis xoguetes para os recreos de Ed. Infantil e tamén dos maiores (parece que só lles queda un balón para xogar ao fútbol e está roto).
- Actividades extraescolares de balde para que poidan participar nenos/as sen recursos.
- Arranxar os baños.
Non credes que o programa está ben completiño?

27 nov 2015
SE: SOLIDARIOS EFICACES
Este é o cartel electoral que faltaba na nosa particular campaña electoral escolar. Algún contratempo houbo coa "empresa" encargada de confeccionalo.
Todos eles foron deseñados coa aplicación Comic Life para ipad.
Todos eles foron deseñados coa aplicación Comic Life para ipad.
25 nov 2015
DEBATE PREELECTORAL 4º VITE
Hoxe fixemos un avance, sen aviso previo, do debate electoral entre os diferentes "partidos escolares" que participan nesta campaña.
A experiencia foi moi positiva, con moita participación e respectando a quenda de palabra. Incluso veredes unión ou propostas de colaboración entre "contrincantes". Poden tomar exemplo os representantes políticos convencionais.

ELECCIÓNS ESCOLARES EN 4º VITE - CARTELES
Como xa vos informamos na reunión trimestral estamos en pleno desenvolvemento deste proxecto adicado a coñecer o xeito de organización das sociedades, a organización territorial e política.
Como somos atrevidas e confiamos no noso alumnado decidimos preparar unha campaña electoral centrada no noso cole.
Estes son os carteis que fixemos coa axuda dos ipads.
18 jun 2015
UNHA CLASE ESPECIAL COÑECENDO A NOSA CIDADE
As gárgolas, os mosteiros, os escudos, a muralla, o por que dos nomes Pelamios, Preguntoiro, Pexigo, Quintana dos Mortos... Todas estas cousas e moitas máis puidemos aprender hoxe acompañados novamente de Mari Gigirey, a nai de Chano. Son tantos os coñecementos que ela compartiu con todos nós que hoxe podemos dicir que coñecemos mellor a cidade na que vivimos.
Polo camiño fomos coincidindo co alumnado de 1º, que andaban solucionando algúns retos ben interesantes.
Tamén visitamos o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para ver a invasión de androides de SÁTRAPA.
O artista explicounos que estaban feitos con materiais de refugallo e que todos teñen nomes un chisco raros.
E rematamos no parque de Bonaval para facer unha sesión de pintura ao aire libre. Chano e toda a súa familia practican esta actividade habitualmente e xa se nota porque fixeron uns debuxon moi chulos.
A actividade gustounos moitísimo, porque todos puidemos elixir libremente que facer e como.
Todos os cadernos quedaron ben inaugurados!
E agora fixemos un acordo: todos imos facer o noso propio caderno de debuxo do verán e comentarémolos ao empezar o novo curso... Apuntádesvos?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)