4 dic 2015

DEBATE NO SALÓN DE PLENOS 1

Os nenos e nenas de 4ª de primaria fomos facer un debate no Salón de Plenos do Concello para  presentar as nosas propostas para mellorar o cole. Gustounos moito e sentímonos moi importantes. Nunca fixeramos un debate e encantounos estar alí. De alcalde fixo Diego Ares do partido VN (Vite Nenos), no que ían tamén Antón Lareo, Sara Elisa Caamaño ( tenente de alcalde) e Karla Senín ; todos os demais eran os concelleiros e concelleiras. O novo alcalde, Diego, comportouse como se fose o alcalde de verdade! Durante 45 minutos estivemos debatendo sobre moitas cousas pero terminamos con tres propostas. Todos os equipos tiñamos boas ideas.
Coñecemos a Martiño Noriega e déronnos uns agasallos. Ao remate fixemos unha foto e volvimos para o cole. Foi estupendo ver debater aos outros equipos. 
Pasámolo xenial. Foi unha experiencia inolvidable!"
                                                                                                             (Alumnos e alumnas de 4º)

2 comentarios:

Luisa dijo...

Unha experiencia fantástica. Son marabillosos. Estiveron magníficos, sobre todo o "alcalde" Diego que soubo moderar o debate estupendamente.
Noraboa chicos e chicas.
E grazas ás mamás que nos acompañastes.

M. C. dijo...

E noraboa tamben as profes.

Estos niños son muy grandes.