18 jun 2015

UNHA CLASE ESPECIAL COÑECENDO A NOSA CIDADE

As gárgolas, os mosteiros, os escudos, a muralla, o por que dos nomes Pelamios, Preguntoiro, Pexigo, Quintana dos  Mortos... Todas estas cousas e moitas máis puidemos aprender hoxe acompañados novamente de Mari Gigirey, a nai de Chano. Son tantos os coñecementos que ela compartiu con todos nós que hoxe podemos dicir que coñecemos mellor a cidade na que vivimos.

 Polo camiño fomos coincidindo co alumnado de 1º, que andaban solucionando algúns retos ben interesantes.

Tamén visitamos o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para ver a invasión de androides de SÁTRAPA.
O artista explicounos que estaban feitos con materiais de refugallo e que todos teñen nomes un chisco raros.

E rematamos no parque de Bonaval para facer unha sesión de pintura ao aire libre. Chano e toda a súa familia practican esta actividade habitualmente e xa se nota porque fixeron uns debuxon moi chulos.
A actividade gustounos moitísimo, porque todos puidemos elixir libremente que facer e como.
Todos os cadernos quedaron ben inaugurados!

E agora fixemos un acordo: todos imos facer o noso propio caderno de debuxo do verán e comentarémolos ao empezar o novo curso... Apuntádesvos?


3 comentarios:

Luisa dijo...

Foi unha experiencia marabillosa. Está claro que temos que facer este tipo de actividades para descubrir que todos temos algo de artistas. Uns máis ca outros, claro está!
Ademais aprendín un montón de cousas e curiosidades que non coñecía da nosa fantástica cidade.
E por suposto que en setembro eu levarei o meu caderniño cos debuxos realizados no verán.
Grazas, Mari!

Teacher Pablo dijo...

Tremenda experiencia! E a boa compaña sempre se agradece, aínda que só fose nun par de ocasións. A ver se na seguinte podemos seguirvos todo o camiño!

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Estaría ben aprender xuntos; as actividades complementábanse moi ben e o factor humano moito mellor!