Nós elaboramos 2 empanadas (unha de atún e outra de xoubas) e uns riquísimos amendoados de Allariz.
Tivemos a valiosísima axuda de Mª José Carbonell, a nai de Rodrigo, que puido comprobar en directo o marabilloso traballo que realizamos cada día nun centro educativo e tamén o esgotador que pode chegar a ser.
Pasamos unha mañá estupenda e os resultados, a pesar dos "problemiñas", foron moi satisfactorios.








