Explicando o proceso aos compas de 2º! Abraiante!
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
7 dic 2015
25 nov 2015
SEMANA DA CIENCIA 2
Por que o colorante que engadimos ao leite se esparexe cando poñemos xabrón de lavar a louza?
Disto trataba a experiencia de hoxe, que ademais puidemos compartir co alumnado e profes de Ed. Infantil - 4 anos.
Disto trataba a experiencia de hoxe, que ademais puidemos compartir co alumnado e profes de Ed. Infantil - 4 anos.
O leite consegue que os colorantes non se
disolvan nel grazas ás graxas que contén, as cales mantéñenos concentrados.
Ao introducir o
bastonciño no leite rompemos a tensión superficial, o que facilita a rápida
separación das cores.
24 nov 2015
SEMANA DA CIENCIA
Hoxe a nosa aula vestiuse de festa, e non só polos manteles que estreamos.
Que fixemos? Iniciamos as actividades relativas á Semana da Ciencia. E empezamos forte, 3 experiencias (unha mesma para dous equipos).
Cada grupo de traballo tiña as instrucións precisas para facer todo o proceso: preparación, formulación dunha hipótese, realización, observación e anotación dos resultados. Algúns resultados xa se ven ao momento e outros teñen que ir observándose ao longo dos días.
Nun deles comprobamos que a auga tén unha propiedade, chamada "tensión superficial", que provoca unha especie de capa elástica na que as moléculas da superficie están fortemente unidas entre sí e tamén coas que están por debaixo, permitindo que un clip metálico poida flotar sen afundirse. No caso do alcohol non ocorre o mesmo porque a súa tensión superficial é moito menor.

12 nov 2015
CHISPAS: OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE
Quen non sentiu algunha vez unha descarga eléctrica ao saír do coche e pechar a porta? Ou ao tocar a algunha persoa? Non se che puxeron os pelos de punta ao sacar un xersei?
Ás veces podemos escoitar incluso o son do calambrazo.
A electricidade estática é á acumulación de cargas na superficie dun material. Cando hai unha diferencia de cargas, a electricidade salta desde un material illante no que se acumulou a carga estática cara ao material conductor.
Algo disto puidemos comprobar hoxe na biblioteca Ánxel Casal. E claro que saltaron chispas! E foron pasando dun compañeiro a outro.
Tamén comprobamos que hai persoas que teñen máis facilidade para cargarse que outras e levábanse un susto.
Ademais viñeron uns xornalistas de Santiago TV e gravaron un anaco da actividade; tamén fixeron unha entrevista a Idalina e Yam. (Sairá no Informativo das 21:30 h).

19 nov 2014
ASÍ FIXEMOS O NOSO EXPERIMENTO
Durante a II Semana da Ciencia en Galego fixemos un experimento para aprender que lle fai o vinagre aos ósos. Así repasamos o tema da alimentación. Aprendemos que o vinagre, como é acedo, quitáballe o calcio aos ósos.Todos sabemos que os ósos necesitan moito calcio. Realizamos un cómic para presentarlle aos compañeiros de 4º o noso experimento.
Aprendemos moito e foi moi fácil. Agora gustaríanos facelo outra vez!
CHANO, KARLA E DIEGO
12 nov 2014
UN DÍA CON ÁNGEL CARRACEDO
O luns 10 de novembro, Ángel Carracedo estivo no noso colexio dándonos unha charla sobre o ADN. Fixo un experimento para demostrarnos como podemos ver o ADN nuns chícharos. Explicounos moi ben como se facía. Ao final, fixemos unha rolda de preguntas por se non entenderamos algo sobre o que nos explicou. Pareceume unha boa experiencia porque tiña ganas de coñecelo. Ademais eu non entendía moito que era o ADN e agora xa entendo máis o que é.
SARA MÍGUEZ 3º
Para min foi un honor que Ángel Carracedo viñese ao noso colexio porque é un científico moi importante, coñecido en todo o mundo. Contounos cousas moi interesantes sobre o seu traballo.
ANTÓN LAREO 3º
Como ben din os nenos, foi un honor contar coa presenza de Ángel Carracedo no noso cole.A experiencia foi estupenda tanto para os nenos e nenas como para as profesoras que tivemos a sorte de poder escoitalo. Para os que non puidestes facelo, deixámosvos unha pequena mostra. Aproveito para reiterarlle o noso agradecemento porque ben sabemos como anda de atarefado e, sen embargo, fixo un oco na súa axenda para visitarnos. Moitas grazas!

11 nov 2014
FIXEMOS UN ESPIRÓMETRO
O alumnado de 4º EP fixo un espirómetro para poder medir a capacidade pulmonar. Estes son os pasos necesarios para poder facelo na casa, narrados por eles mesmos/as. Utilizaron a aplicación VOICE, para ipad.
9 nov 2014
AS EXPOSICIÓNS NA SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
O venres, tivemos unha sesión científica, con intercambio de experiencias entre o alumnado de 3º e o de 4º. Estes rapaces e rapazas, que traballaron durante días nos preparativos, demostraron que teñen moita soltura para falar en público. Resultou ser unha experiencia moi positiva para todas e todos.
8 nov 2014
OBRA DE TEATRO E VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL
O mércores, 5 de novembro, o alumnado de 3º e 4º asistimos a unha representación teatral "Rumpelstikin, o anano saltarín" (Como é posible fiar de calquera herba seca un fío de ouro puro? Cal é o prezo da riqueza?...). Antes aproveitamos para ver a exposición de marionetas de África que había alí tamén. A continuación, visitamos o Museo de Historia Natural.
4 nov 2014
SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
Estes días todo o alumnado e profesorado andamos moi ocupados, entre outras cousas. Aínda non podemos deixarvos a presentación completa, para non perder a sorpresa. Déixovos un avance dos preparativos na clase de 4º.
26 nov 2013
O ÁRTICO ROMPE
Hoxe, o alumnado de 3º, estivemos nunha exposición sobre o Polo Norte (instalada na Alameda). Foi moi interesante a explicación que nos deron e todo o que vimos e aprendimos. Agora podemos ir a vela coas nosas familias polas tardes e os fins de semana (remata o 12 de decembro).
3 nov 2013
OS CIENTÍFICOS DE 4º COMPARTIRON A SÚA EXPERIENCIA COS DE 6º
Foi unha bonita sesión na que fallou un pouco o reactivo utilizado pero aínda así resultou moi educativa para todos e todas.
PRESENZA DE AMIDÓN NOS ALIMENTOS
A outra experiencia que fixemos en 4º foi para detectar o amidón na composición de alimentos. Fíxonos pensar bastante porque non sempre estaba nos alimentos esperados. O traballo en equipo foi fundamental para axudarnos a sacar conclusións.
O proceso é o que podedes ver na presentación.
2 nov 2013
OBSERVAMOS O MOFO DO PAN - 4º
Estes son os pasos que seguimos para observar o proceso de creación de mofo no pan. O mofo fíxose esperar pero, finalmente puidemos ver o seu aspecto coa axuda das lupas binoculares.
23 oct 2013
OS EXPERIMENTOS DE 3º
Hoxe estivemos con Álex (alumno de prácticas), facendo os nosos experimentos sobre os sentidos. Graciñas, Álex!!!!!
22 oct 2013
APARECEU O MOFO NO PAN!
Levamos días observando os tres anacos de pan, cada un coa súa peculiariedade, esperando ver os cambios que se ían producindo. Hoxe apareceu un mofo que se apreciaba a simple vista, pero o millor de todo foi observar unha mostra de cada un a través da lupa binocular.
Despois fixemos un debuxo das tres imaxes nos nosos cadernos (pan seco, pan húmido e pan con mofo)
Despois fixemos un debuxo das tres imaxes nos nosos cadernos (pan seco, pan húmido e pan con mofo)
14 oct 2013
I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO
Este ano celebraremos no noso centro a I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO. En cada aula faranse distintas actividades con contido "científico". Despois deberán expoñer a súa experiencia a outros grupos.
Rebeca, que está facendo as prácticas en 4º, programou dúas actividades moi interesantes. Están relacionadas co tema dos alimentos, que estivemos desenvolvendo nas clases de Coñecemento do Medio. Hoxe empezou a fase práctica pero a observación continuará durante toda a semana.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)