Mostrando entradas con la etiqueta actividades coronavirus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades coronavirus. Mostrar todas las entradas

26 abr 2020

RESISTIRREMOOOOS!

Hoxe ides poder saír por primeira vez despois de estar seis semanas na casa; seguro que será un día moi especial.
E, para completar a ledicia, deixámosvos este vídeo que fixemos especialmente para vós.

10 abr 2020

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Esta presentación está feita por persoas que traballamos no cole e adicada a todo o resto da comunidade educativa: a vós, peques, porque estades a facelo moooooi ben e a vós, familias porque estades contribuindo a que todo vai o mellor dentro do difícil.
Ánimo, xa queda menos!


22 mar 2020

PLÁSTICA MARTINA E ÁLEX

Unha boa maneira de manter á actividade física e tamén mental. E, de paso, seguro que houbo moitas risas.

18 mar 2020

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA - MARTINA E ÁLEX

Martina e Álex, con axuda de súa nai, fixeron este fermoso traballo.
Emocionanos vervos desde a nosa reclusión forzosa pero... Nunca choveu que non escampara!

16 mar 2020

PROPOSTAS DE TRABALLO DE AUDICIÓN E LINGUAXE

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 16 AO 29 DE MARZO.

-       COMPRENSIÓN LECTORA:
Colle  o libro que esteas lendo e escolle dous capítulos (pode ser un cómic, neste caso escolle dous bloques de 5 páxinas). Agora vas ser ti a profe: tes que inventar 5 preguntas que farías ao teu alumnado sobre ese capítulo (10 en total). 

-       EXPRESIÓN ESCRITA:
Seguro que para a volta ao cole non te vas lembrar de tantas cousas que fixeches! Escríbemo nun diario para poder contarmo. Só precisas nunha libretiña que xa teñas ir poñendo a data e contarme algo guai que fixeras ese día e así compartilo á volta. 

-       EXPRESIÓN ORAL: 
Inventa uns diálogos para a seguinte curta de animación. Se os escribes, mellor! Así poderemos practicalos logo na clase. Pon en youtube: monsterbox, aquí tes a ligazón:  https://www.youtube.com/watch?v=bxPRvKt203U

-       XOGOS COAS LETRAS:
Lembra os xogos que facemos na clase: xogar ao aforcado, palabras encadeadas (por letra ou por sílaba), coller 7 letras e intentar formar todas as palabras posibles,…

-       REPASIÑO:
Se queres facer un repasiño online podes entrar nesta páxina http://www.infantil.librosvivos.net/  e meter o código do teu curso:
2º EP: 132889
3º EP: 113490 ó 116613
4º EP: 113492 ó 116625
5º EP: 120448

·      NOTA PARA AS FAMILIAS: Se precisades máis materiais específicos, queredes máis actividades, recursos TICs ou tendes calquera dúbida, contactade comigo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Agardo que estedes ben e que nos vexamos moi prontiño! Apertas virtuais!