Mostrando entradas con la etiqueta comunidade educativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunidade educativa. Mostrar todas las entradas

26 jun 2016

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Magnífico remate de curso: nenos e nenas, familias e traballadores do cole entoando ao unísono (máis ou menos) a canción "CATRO VELLOS MARIÑEIROS" mentres a profe Sandra toca a melodía coa gaita.

27 abr 2016

DÍA DO LIBRO

Durante a mañá tivemos dúas sesións de contacontos:
- María Gigirey, a nai de Chano, contounos unha fermosa historia "Sofía viaxa á Antártida" que nos introducíu no mundo das misións científicas nesa lonxana parte do mundo.


- O alumnado de 4º Valores representaron, xunto con Carmela, o conto "Erik, o construtor de soños", no que reflexionamos sobre os sonos, bos e malos, que temos.




30 mar 2016

PRODUTOS DA HORTA ECOLÓXICA NA TENDA DOS LARETAS

Novamente a colaboración familiar para o traballo da escola. Nesta ocasión María Gigirey, a nai de Chano, mandounos unha remesa de hortalizas, froitas e verduras "ecolóxicas" para a nosa tenda. As vacacións proporcionaron un tempiño de traballo cos seus fillos que adicaron a confeccionar este marabilloso material. Pero que arte e bo gusto! Moitísimas grazas familia!

Hoxe xa as utilizamos para a compra, nesta ocasión para facer unha comida típica de Galicia.
Temos que  elaborar a receita e facer a compra resolvendo todos os problemas monetarios e de "existencias" da nosa mini tenda.
E... teremos que cociñar algo diso non?


17 feb 2016

ALDEAS INFANTILES

O martes 16 de febreiro, veu Diego, o pai de Vanesa, á nosa clase para contarnos que era Aldeas Infantiles e cal era o seu traballo alí. Explicounos que hai varias Aldeas repartidas polo mundo onde acollen e atenden a máis de 20.000 nenos e nenas. Díxonos que viven alí porque non teñen pais ou porque non saben coidar dos seus fillos e fillas; algúns  só están alí polo día pero outros viven sempre alí. Diego contounos que os que viven alí fan a mesma vida que calquera outro neno, pero en vez de ser atendidos polos seus pais, son os traballadores como Diego os que se ocupan de coidalos  e de darlles cariño. Vanesa  explicounos que ás veces seu pai non durmía na casa porque tiña que quedar a durmir alí. (Nenos e nenas de 4º).
" El mostrounos unhas imaxes para ir explicando que aí coida  nenos e que na súa casa tamén coida aos seus  fillos. Fan o mesmo que todos só que os nenos están alí porque as súas mamás e papás non sabían coidalos. Un bico. Moitas grazas." (Vanesa 4º)


                                       

RESPOSTA Á NOSA CARTA POR PARTE DA ANPA

Hai uns días recibimos unha carta da presidenta da ANPA respondendo á solicitude que presentamos os nenos e nenas de 4º para que houbese actividades extraescolares máis baratas para que todos os nenos e nenas puidesemos participar nelas. Nesa carta dicíanos que lles parecera unha unha proposta moi boa.
O venres pasado, María Cernadas ( nai do noso compañeiro Manuel e presidenta da ANPA) veu á nosa clase para explicarnos que levaran a nosa proposta ao Concello e que estaban preparando unhas becas para as familias que non poden pagar actividades extraescolares para os esus fillos e fillas.
Grazas á ANPA por atender a nosa solicitude e, sobre todo, a María por vir informarnos.

(Alumnos/as de 4º)


                                         

11 abr 2015

POESÍA

O alumnado de 4 anos viñeron a nosa aula de 4º de Primaria a recitarnos os poemas do "Libro de contar". Sabían todo o libro de memoria! Que marabilla!


24 jun 2014

FIN DE CURSO 2013-2014

O curso rematou e a xornada deixounos imaxes moi simpáticas que quero compartir con todos vós. Aproveito para agradecervos, alumnado e familias, estes dous anos de magnífico traballo e colaboración. Foi todo un pracer.
Bo verán!
PREME PARA VER A GALERÍA 

9 jun 2014

AMAL NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"

O xoves 5 de maio, pola tarde, estivo a nosa compañeira Amal contando un novo conto árabe coa súa nai e irmán. Vedes o pescador?
O día 7 de xullo volverán!!!

3 jun 2014

ATOPÁRONSE NA POBRA DO CARAMIÑAL

Sempre vos dicimos que a colaboración das familias é importantísima. Nesta ocasión José Luis, o pai de Marcos mandounos esta nova: o reencontro dos rapaces de Vite e Portosín nun torneo de fútbol na Pobra do Caramiñal (31 - maio - 2014). A sorpresa e alegría foron enormes ao coincidir no mesmo torneo, aínda que non chegaron a competir entre eles xa que non estaban no mesmo grupo da competición.
Grazas, José Luis, pola colaboración.

 

12 dic 2013

O CLUB DA CALCETA DE 3º

      Un grupo de alumnado de 3º  está aprendendo a calcetar nalgún recreo con persoas maiores que lle veñen a ensinar. Como mola!!!!

22 nov 2013

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NA BIBLIOTECA

   O xoves o alumnado de terceiro vimos a exposición que a ANPA colocou na biblioteca e escoitamos a interesante explicación do pai de Seil e Iván Soto. 

4 jun 2013

HOMENAXE Á AVOA DE HUGO


A avoa de Hugo, Concepción Fandiño Soto, foi mestra de aldea. A semana pasada fixéronlle un homenaxe en Donón. 

Na seguinte ligazón do FARO DE VIGO fala diso e tamén explica como era o ensino fai 40 anos nunha aldea. 

Parabéns para Dona Concha porque é unha gran felicidade que a lembren con agarimo aquelas persoas ás que ela formou naqueles primeiros anos.

Aquí aparece Hugo, o seu neto, explicándolle aos seus compañeiros, quen é a súa avoa na reportaxe publicada no Faro de Vigo.