" El mostrounos unhas imaxes para ir explicando que aí coida nenos e que na súa casa tamén coida aos seus fillos. Fan o mesmo que todos só que os nenos están alí porque as súas mamás e papás non sabían coidalos. Un bico. Moitas grazas." (Vanesa 4º)
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
17 feb 2016
ALDEAS INFANTILES
O martes 16 de febreiro, veu Diego, o pai de Vanesa, á nosa clase para contarnos que era Aldeas Infantiles e cal era o seu traballo alí. Explicounos que hai varias Aldeas repartidas polo mundo onde acollen e atenden a máis de 20.000 nenos e nenas. Díxonos que viven alí porque non teñen pais ou porque non saben coidar dos seus fillos e fillas; algúns só están alí polo día pero outros viven sempre alí. Diego contounos que os que viven alí fan a mesma vida que calquera outro neno, pero en vez de ser atendidos polos seus pais, son os traballadores como Diego os que se ocupan de coidalos e de darlles cariño. Vanesa explicounos que ás veces seu pai non durmía na casa porque tiña que quedar a durmir alí. (Nenos e nenas de 4º).
" El mostrounos unhas imaxes para ir explicando que aí coida nenos e que na súa casa tamén coida aos seus fillos. Fan o mesmo que todos só que os nenos están alí porque as súas mamás e papás non sabían coidalos. Un bico. Moitas grazas." (Vanesa 4º)
" El mostrounos unhas imaxes para ir explicando que aí coida nenos e que na súa casa tamén coida aos seus fillos. Fan o mesmo que todos só que os nenos están alí porque as súas mamás e papás non sabían coidalos. Un bico. Moitas grazas." (Vanesa 4º)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Aínda que cheguei ao final puiden percibir a emoción que había no ambiente. Foi algo marabilloso. Grazas a Diego e a Vanesa por ser tan xenerosos.
Manuel foi o primeiro que me contou ao chegar a casa. Resultoulle moi interesante e emocianante. Moitas grazas Diego.
A Rodrigo también le impactó mucho. Muchas felicidades por ser así.
Grazas por compartir con nos as vosas experiencias persoais.
Está moi ben que os peques sexan conscientes de que hai outros peques do seu redor que viven de forma moi diferente a eles, para comprender e respectar non hai nada mellor que coñecer outras realidades. Moi linda iniciativa.
Publicar un comentario