A familia de Amal participou cun conto en galego e árabe para todo o colexio! E, ao final, repartiron caramelos. Graciñas.
O alumnado de 4º tamén limos un conto para Educación Infantil.
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
22 may 2015
2 mar 2015
VISITA DA ESCRITORA CRISTINA SÁEZ CAZALLAS
O venres 27 de febreiro coñecimos a escritora do libro que limos no primeiro trimestre (3º e 4º de Primaria): "O sorriso de Rosalía". Foi moi interesante o que nos contou!
9 jun 2014
AMAL NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"
O xoves 5 de maio, pola tarde, estivo a nosa compañeira Amal contando un novo conto árabe coa súa nai e irmán. Vedes o pescador? O día 7 de xullo volverán!!!
5 jun 2014
19 may 2014
RECOLLIDA DE PREMIOS NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"
O venres 16 de maio recibiron o 2º e 3º premios do IV Concurso de carteis do día das Letras Galegas o cartel colectivo de Primeiro (que foi recoller a titora) e o debuxo de Laura de Terceiro. Parabéns!!!
15 may 2014
IV CONCURSO DE CARTEIS DÍA DAS LETRAS GALEGAS DA BIBLIOTECA "ÀNXEL CASAL"
O alumnado de 1º e 3º participaron neste concurso. Recibirá o 2º premio o cartel colectivo que presentou 1º de Primaria e o 3º premio foi para a nosa compañeira Laura de 3º de Primaria!
Mañán, venres, ás 18:00 horas agasallarase cun diploma aos participantes que poden recoller coas súas familias no vestíbulo da biblioteca e cun lote de libros e diploma de honor aos gañadores e ver a exposición de todos os debuxos. (Na páxina web da bilioteca "Ánxel Casal" aparecen os gañadores).
O alumnado de 3º facendo o debuxo
5 may 2014
FIN DA SEMANA DA LECTURA CON 3º
2 may 2014
SEMANA DA LECTURA
Hoxe estivo co alumnado de 3º e 4º a nai de Tamara, que é a cónsul de Cuba en Galicia. Recitaron dous poemas: "Cultivo una rosa blanca" (a nai de Tamara) e "28 de enero" (Tamara, que o aprendeu de memoria e eran moitos versos!) do poeta cubano José Martí. Despois, Laura (a nai) leu dous contos cubanos: "A caixiña misteriosa" (de Emilia Gallego) e "Un bo amigo" ("Na miña escola hai moitos lugares interesantes, pero un dos que máis nos gustan é a biblioteca..." "Agardannos uns bos amigos:os libros") porque llo pedimos nós!. Ao final, falamos do que nos ensinaban estes contos. Graciñas!!!


30 abr 2014
SEMANA DA LECTURA
Hoxe veu lernos un conto, a 3º e 4º, Marisol (amiga da profe Chus), que a maioría xa a escoitaramos con outros dous contos (escritos todos por ela): "Que misterio está ocurrindo aquí?" (baseado no conto titulado "As botas vellas" do libro "Historias máxicas e verdadeiras" de Santiago Gil Espinosa, relato finalista do concurso convocado por Aldeas Infantis SOS; que tamén nos contou Marisol porque llo pedimos!). Graciñas!!!!
25 abr 2014
A SEMANA DA LECTURA
Hoxe empezou no noso colexio a Semana da Lectura onde participan familiares do alumnado e profesorado do centro. A nai de Amal veu contarnos a 3º e 4º dous contos en árabe: "A araña Tuta" e "A árbore de granada". Graciñas!!!!
24 feb 2014
24 febreiro: DÍA DE ROSALÍA
Os alumnos e alumnas de 3º celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, lendo algúns dos seus poemas e unha pequena biografía.
17 ene 2014
CONTO ÁRABE NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"
Onte a nai de Amal estivo contando un conto árabe que a súa filla traducía. Foi un éxito! Teñen pensado repetilo e facelo tamén no Centro sociocultural "Xosé Saramago" de Vite.
17 oct 2013
CONTACONTOS (1º, 2º E 3º)
Hoxe volveu Marisol a contarnos un conto que inventou ela. Foi na biblioteca e estabamos con 1º e 2º.
21 may 2013
SEGUNDO PREMIO CARTEIS LETRAS GALEGAS: SERGIO LISTE
A biblioteca Ánxel Casal convocou un concurso de carteis con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Eu, Sergio Liste, de 3º de Ed. Primaria do CEIP de Vite, gañei o 2º premio.
Cando fun a blibioteca Ánxel Casal vin un mural con os carteis gañadores; unha señora ía dicindo os nomes dos gañadores. Cando me deron o premio púxenme moi contento: tres libros e un set de maxia. Aquí os vedes nas fotos.
Eu, Sergio Liste, de 3º de Ed. Primaria do CEIP de Vite, gañei o 2º premio.
Cando fun a blibioteca Ánxel Casal vin un mural con os carteis gañadores; unha señora ía dicindo os nomes dos gañadores. Cando me deron o premio púxenme moi contento: tres libros e un set de maxia. Aquí os vedes nas fotos.
15 may 2013
AGASALLOS
A escritora Cristina Corral, a ilustradora Aurora Cascudo, o fotógrafo Miguel Noval e o músico Javier Prado (libros: "Os Poemas do Río" e "A historia fascinante da vaca rodante") nos mandaron estes agasallos para a biblio do noso cole. Graciñas.
Etiquetas:
biblioteca,
dinamización lectora,
fotos,
lectura,
teatro
8 may 2013
MIGUEL NOVAL BOUZA E A HISTORIA FASCINANTE DA VACA RODANTE
Hoxe tivemos a visita do fotógrafo/ilustrador do conto "A historia fascinante da vaca rodante". Foi moi interesante!!!!
Etiquetas:
biblioteca,
Encontros e despedidas,
fotos,
lectura,
teatro
26 abr 2013
Adrián e Verne
Adrián de cuarto ten a ben comentarnos a súa última lectura: A Volta ao Mundo en 80 Días, de Jules Verne.
A
VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS.
Era unha vez ,en Londres ,
un home chamado Phileas Fogg, e tiña un criado ao que lle chamaban
Picaporte . Phileas Fogg iba continuamente para xogar ao whist, que é
como un xogo de casino, pero nun lugar chamado Reform-Club .
Un día, cando Phileas Foog
estaba no Reform-Club xogando ao whist, fixo unha aposta.Tratabase de
dar a volta ao mundo en 80 días, e mister Fogg aceptou aquel reto.
Cando Phileas Fogg chegou a
súa casa, encontrouse con Picaporte, e díxolle
que se preparara porque ían
facer unha viaxe : a
volta ao mundo en 80 días . Picaporte, ao escoitar
esas palabras, impresionouse.
Cando chegaron á India,
estaban montados en elefante, e viron como iban a matar a unha chica
queimandoa, pero, gracias a míster Fogg, non deron . A chica subiu
ao elefante e míster Fogg preguntoulle como se chamaba e ela dixo
mistress Auda, e seguiron a súa viaxe con ela.
Percorreron
todos os países, subiron en vehículos de todo tipo e hasta perderon
tempo porque capturaran ao criado de Phileas Fogg uns do exercito
indio. Phileas Fogg e mistress Auda estaban preocupados porque non
aparecia e tiñan medo de que lle pasara algo malo, así que Phileas
Fogg fui a buscalo .Ao cabo dun bo tempo, apareceron os dous con vida
e mistress Auda puxose moi contenta, e aínda así, chegaron cun día
de adelanto e non se deron coonta porque pensaban que perderan a
aposta, pero pronto se deron conta porque Phileas Fogg e mistress
Auda querian casarse e pedironlle a Picaporte que lle dixera ao cura
que ao día seguinte habería unha boda . Pero Picaporte non viu ao
cura e fui correndo para a casa para decirlle que a aposta acababa o
sábado e estaban a venres e aínda podian ganar a aposta. E asío
fixeron e, agora sí, ganaron a aposta .
E eso sí, Phileas Fogg e
mistress Auda casaron ao día seguinte de gañar
a aposta, e Picaporte de padriño de Phileas Fogg e din que foron os
máis felices dos mortais, e botarian de menos esta volta ao mundo
en 79 días. FIN
A min gustoume este libro
porque deron a volta en 79 días e non se deron conta, pensaban que
perderan a aposta pero gañarona
Eu recomendaría este libro porque é de aventuras e ao mesmo tempo
ten partes divertidas e emocionantes .
Etiquetas:
biblioteca,
Expresión Escrita,
lectura
22 abr 2013
VISITA DA ESCRITORA FINA CASALDERREY
Hoxe tivemos a honra de contar coa presenza na nosa biblioteca de Fina Casalderrey. Entre outras moitísimas e importantísimas obras de literatura infantil e xuvenil está o "O misterio do faro vello", libro que estivemos a ler e que nos asinou a cada un de nós.
Contounos anécdotas da súa vida e dalgunhas das súas obras, que pequenos detalles a inspiraron para empezar a escribilas (episodios un pouco tristes, cousas da súa vida cotiá, ...)
Animounos moito a ler libros de moitos autores distintos para aprender un chisco de cada un deles, ver formas distintas e "literarias" de expresar as nosas ideas, aprender vocabulario, etcétera.
Contounos anécdotas da súa vida e dalgunhas das súas obras, que pequenos detalles a inspiraron para empezar a escribilas (episodios un pouco tristes, cousas da súa vida cotiá, ...)
Animounos moito a ler libros de moitos autores distintos para aprender un chisco de cada un deles, ver formas distintas e "literarias" de expresar as nosas ideas, aprender vocabulario, etcétera.
15 ene 2013
VISITA DA AUTORA E ILUSTRADORA DE "POEMAS DO RÍO"
O alumnado de 4º fixo unha representación desta obra e os de 3º fixeron unha lectura. Tamén houbo sinatura de autógrafos para todas/os nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























