Mostrando entradas con la etiqueta Ed. Física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ed. Física. Mostrar todas las entradas

26 feb 2016

XI TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ

Esta semana empezaron a disputarse con gran emoción os partidos do XI TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ do noso centro. Os equipos están formados por nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Na foto aparecen algúns dos compoñentes dos dous equipos que se enfrontaban hoxe.
O torneo está pensado para aprender a compartir xogos e .espazos dun xeito pacífico, solucionado os conflitos a través do diálogo.
É por iso que todos os equipos que o consigan terán dereito a un agasallo e a un diploma de participación.

31 ene 2016

RELAXACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA

Estas son unhas imaxes duns momentos de relaxación: tratábase de ir pasando unha pelota, premendo forte, por todo o corpo do compañeiro/a. As sensacións foron moi boas así que haberá que repetir.

20 ene 2016

OS DE CUARTO TAMÉN BAILAN

E que ben o fan. Non aspiramos á perfección, non se trata de repetir 100 veces o mesmo. Trátase de gozar coa música e de mover o noso corpo seguido diferentes ritmos.


RITMO EN EDUCACIÓN FÍSICA

Este é un resumo do que fixemos estes días na clase de Educación Física. Xa vedes que moi tristes non estivemos.



4 jun 2015

CARREIRA DE ORIENTACIÓN - 4º

Estes días na clase de Ed. Física tocou correr por todo o patio. A actividade consistía en facer un percorrido para atopar unhas balizas segundo as indicacións do plano que levaba cada equipo. Non foi un traballo doado pero si moi divertido.



28 may 2015

19 may 2015

FRASES DRAMATIZADAS EN E.F.

Hoxe adicamos parte da clase de Ed. Física a improvisar corporalmente: cada equipo tiña que facer unha frase e transmitila aos demais expresando distintas emocións, accións, etc.
Houbo risas, choros, berros... Pásamolo xenial!

12 abr 2015

ENTREGA DE AGASALLOS DO TORNEO DE BRILÉ

A X edición do torneo de brilé rematou coa entrega de agasallos a todos os equipos souberon xogar resolvendo pacificamente os conflitos. Tamén recibiron agasallo as catro nenas de 5 que desempeñaron o labor de axudantes de maneira moi eficaz.

31 oct 2014

GRAVANDO VÍDEO PEÓN

O San Martiño está cerca e nós xa empezamos a traballar un pouco o xogo tradicional propio desta época, o peón.
O alumnado de 4º fixo unhas fotos a algúns dos seus compañeiros/as mentres estaban diante da cámara de vídeo.

7 oct 2014

TRABALLAMOS CO CORPO EN ED. FÍSICA - 3º

Hoxe descubrimos moitos xeitos de representar  figuras utilizando os nosos corpos. Como podedes ver non foi nada aburrido.

17 jun 2014

SESIÓN DE XOGO LIBRE EN EDUCACIÓN FÍSICA

Estas son algunhas das actividades que inventaron hoxe os alumnos/as de 3º e 4º, nunha clase conxunta de Ed. Física. As imaxes falan por sí mesmas.

13 jun 2014

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

Hoxe o alumnado de 4º tivo a oportunidade de gozar cunha clase de Ed. Física extra. Aproveitando a marcha dos compañeiros de 6º, que ían de acampada, realizaron unha carreira de orientación polo recinto do colexio. A actividade presentábase como un reto para eles e podo dicir que saíron moi, pero que moi satisfeitos/as. E a profe tanto ou máis.
Foron capaces de orientarse moi ben, parándose a interpretar o plano, axudándose uns a outros...
E xa reservaron outra para o seguinte curso!

5 jun 2014

PRACTICANDO XOGOS TRADICIONAIS EN E.F.

Os nenos e nenas de 3º practicaron con entusiasmo dous xogos tradicionais: PAÍSES, PAÍSES e A RAIA DO CARACOL. Nos dous desenvólvense habilidades de salto e moitas relacións sociais.

17 feb 2014

XIMNASIA DE MANTEMENTO CON PERSOAS MAIORES


Hoxe tivemos unha clase de Ed. Física especial. Viñeron as señoras de AGADEA para facer, coa súa a monitora, a ximnasia que realizan habitualmente. Son exercicios onde traballan as articulacións máis importantes, con movementos suaves que lles permitan mellorar a mobilidade que se vai perdendo co paso dos anos e as enfermidades.

6 nov 2013

HABILIDADES CO PEÓN: A SERRA

A serra é un truco moi difícil de realizar con éxito, pero para estes artistas do peón nada hai imposible.
Para que poidades ver o xeito de executalo, déixovos este pequeno vídeo da clase de Ed. Física de hoxe.

29 sept 2013

XOGOS TARDICIONAIS NA CLASE DE ED. FÍSICA

Empezamos o curso disfrutando co bo tempo practicando os xogos de sempre; algúns non moi coñecidos para algúns, que resultaron gratamente sorprendidos pola emoción que lles proporcionou o xogo.

12 jun 2013

COMPARTIMOS A CLASE DE ED. FÍSICA CON ED. INFANTIL 5 ANOS

Está rematando o curso e o alumnado de 5 anos está a piques de rematar a súa etapa en Ed. Infantil para empezar o vindeiro curso a Ed. Primaria. Hoxe fixemos unha actividade conxunta durante a clase de Ed. Física e resultou moi satisfactoria; o alumnado de 3º fixo o papel de monitorado para que os máis pequenos poidan aprender as normas a ter en conta durante unha clase de Ed. Física, tamén lles axudaron cando foi preciso durante a realización das actividades e todo desenvolveuse á perfección.
Parabéns para grandes e pequenos pola magnífica cooperación! Seguro que repetiremos a experiencia.


5 jun 2013

Á CAZA DOS GRILOS: XOGOS DE ANIMAIS EN ED.FÍSICA

Hoxe facía calor pero os grilos resistíanse. Foi o xogo elixido por Adrián para explicarlles aos seus compañeiros. Un auténtico éxito aínda que atopamos máis ben outros bichiños, así aprendemos a distinguilos porque andamos un pouco "verdes" no asunto.
Soupemos atopar as covas dos grilos e "facerlles cóxegas" cunha palliña para que saíran, pillamaos saltamontes, bolboretas, escarabellos bóla...