Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas

18 mar 2015

TRABALLANDO OS VALORES - TRAILERS DE CINE EN 3º

A educación en valores é ben importante. Nestes traballos, que estaban feitos de fai tempo, houbo moita reflexión, moito debate previo, moitas ideas e finalmente un consenso dentro de cada equipo para levalos a cabo.
Nos vindeiros días publicaremos un máis, que quedou sen rematar.


26 feb 2015

14 may 2014

VITE INFORMA 3º: HISTORIAS DA CATEDRAL

Aquí vos deixo unha nova entrega do Informativo do noso colexio, realizado polo alumnado de 3º de Educación Primaria. Trata de temas mo interesantes sobre a catedral de Santiago, os seus tellados, o último campaneiro, o botafumeiro... E incluso unha suposta historia de amores entre un sacerdote e unha monxa.


5 mar 2014

UN PASO ADIANTE CO GALEGO

O título desta entrada correspóndese co lema do CORRELINGUA 2014. E tamén é o título do vídeo que elaboramos en 4º coa finalidade de reflexionar na necesidade de dar pequenos pasos para progresar no coñecemento da nosa lingua e participar no concurso de  vídeos na vindeira edición do CORRELINGUA.



19 dic 2013

DANZAS DE 3º E DE 4º NO FESTIVAL DE NADAL 2013

Cos meus mellores desexos de felicidade para todos no novo ano. No blogue leriasdevite publicarei, cando me sexa posible, unha presentación coas fotos e vídeos do festival.


24 abr 2013

LEMOS O NOSO CONTO ENCADEADO

Este é o vídeo da lectura do conto encadeado, diante dun salón de actos ateigado de público. Todos prestaron moita atención e, ao remate, agradeceron o traballo cun gran aplauso.

Os rapaces e rapazas tamén están entusiasmados co resultado final, pois xa tiveron o "libro" rematado nas súas mans. E, o mellor de todo, teñen a cabeza cheíña de ideas para seguir escribindo e contando historias fantásticas. Que non se acaben nunca!


3 abr 2013

FASES DA ELABORACIÓN DAS HAMBURGUESAS

Este era o vídeo que faltaba, con relación ao obradoiro das hamburguesas: as catro fases previas nas que aparecen os distintos equipos facendo as tarefas encomendadas.
É un pracer traballar con estes rapaces e rapazas. Non vedes que ben saben facer todo o que lles gusta? E ademais, compartindo e disfrutando, non hai discusións nin pelexas, só hai voces e risas... o normal nos LARETAS!


22 ene 2013

O Colexio Das Sombras

Coma comentaba a profe Carmela máis atrás, os compañeiros de Atención Educativa de 4º curso (Ana, Diana, Juan, Khadija e Yasmina) perpretaron o que será o filme de terror máis arrepiante da década. O teacher Pablo, colaborador circunstancial, aínda ten pesadelos só de ver este aterrecedor e horríbel avance...


O avance está feito co IMovie, unha curiosa aplicación do IPad que esixe pouco a nivel técnico (gravar unhas imaxes de xeito secuenciado, e a aplicación fai o resto) pero moito a nivel organizativo (traballo en equipo, saber escoitar, poñerse dacordo coa temática e estilo, que gravar e que non, unha vez gravado saber se se lle pode dar o visto bo... etcétera).
Todos colaboramos na realización dos textos e na maioría dos planos de imaxe (con algo de axuda do teacher, pero todos gravaron varios planos).
Sendo a primeira incursión que facemos no mundo audiovisual agardamos que vos guste para poder seguir traballando outros aspectos dunha educación holística coma este.

PS: Non, ao final Ana non desaparece como ela quería... quizais quede para a tan desexada segunda parte!

21 ene 2013

21 dic 2012

PUBLICIDADE DE NADAL : VÍDEOS

Que ben o fixeron, non? E guapos! E as bonecas... para comelas de guapas. O coro, atentísimos e con bo tono. Que máis se podería pedir? Pois que todos os presentes e eles mesmos o pasaran ben e así foi.




12 dic 2012

FALAR EN PÚBLICO, TAREFA DIFÍCIL

O luns os equipos que tiñan realizado os traballos sobre os produtos do outono fixeron unha pequena exposición para os seus compañeiros/as. Todos prestaron moita atención e fixeron bastantes preguntas, sempre con afán de saber un pouco máis. Ao principio todos empezaban un pouco tensos pero logo, ante a curiosidade do público presente, xa se ían relaxando e, aínda que non está gravado, saían verdadeiramente os coñecementos adquiridos durante todo o proceso deste proxecto de investigación que acabamos de rematar.






3 dic 2012

TALLER DE COCIÑA_DÍA 4

Hoxe pechamos a nosa cociña... polo momento. Aquí remata o taller de cociña do outono; todos os equipos propuxeron unha receita para elaborar co seu produto, tiveron que traer os ingredientes e... cociñar para unhas 20 persoas!
SON UNS CAMPIÓNS E CAMPIONAS DOS FOGÓNS E DO MICROONDAS!




29 nov 2012

VÍDEO DE COCIÑA. TORTILLA DE CABAZA E CABACIÑA

Por problemas técnicos non foi posible subir este vídeo ata hoxe, pero o traballo deste equipo de cociña non podía quedar sen visualizar. Que disfrutéis igual que o fixemos nós... mirade as súas caras e xestos!


26 nov 2012

VÍDEOS COCIÑA_DÍA3 (NOCES - CABAZA)

Ata hoxe non apareceran as nenas pola nosa cociña. Mirade que xeito lle puxeron, xa din elas que axudan na súa casa. Eles tamén o fixeron moi ben aínda que amasar fora un pouco "noxento".

TALLER COCIÑA_DÍA 3: AS FOTOS (EQUIPOS NOCES E CABAZA)

TANIA, PAULA, MARÍA, ÓSCAR E ROBERTO. Novamente deron a talla e, aínda que o normal é que as receitas non saian ben á primeira, estes cociñeiros e cociñeiras teñen tan boa man que son capaces de experimentar unha vez e xa facer unhas comidas moi boas: hoxe había algo verde ( a tortilla de cabaza e cabaciña) e xa non gustou a todos... pero si á gran maioría! As lambetadas sempre teñen éxito e hoxe había boliñas de noz, moi, moi doces... riquísimas e moi doadas de facer aínda que algo pringosas para as mans, verdade Óscar?
PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN




VÍDEOS TALLER COCIÑA- DÍA2 (LIMONADA)

Para que vexades a habilidade destes rapaces... Ao millor aquí se está a fraguar o futuro da escola de Hostelería de Santiago!

19 nov 2012

VÍDEOS TALLER COCIÑA_DÍA1: MILLO E CASTAÑAS

Non están editados, ás veces alguén ponse diante do obxectivo porque non se lembra de que se está a facer unha gravación... De todos os xeitos seguro que a todos vos gusta ver o que fixemos na nosa improvisada cociña e con que soltura se desenvolven estes "pequenos laretas".

16 nov 2012

MÁIS PUBLICIDADE

Aquí están os/as da quenda de hoxe (LUCÍA, ROBERTO, NOA E MARCOS); algún outro non sae porque hai que repetir a vindeira semana.
E lembrade: o texto non debería ser demasiado curto nin tampouco demasiado longo porque senón resulta aburrido e ninguén vai mercar o produto que queredes vender! E en galego!