Mostrando entradas con la etiqueta Atención Educativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Atención Educativa. Mostrar todas las entradas

22 ene 2013

O Colexio Das Sombras

Coma comentaba a profe Carmela máis atrás, os compañeiros de Atención Educativa de 4º curso (Ana, Diana, Juan, Khadija e Yasmina) perpretaron o que será o filme de terror máis arrepiante da década. O teacher Pablo, colaborador circunstancial, aínda ten pesadelos só de ver este aterrecedor e horríbel avance...


O avance está feito co IMovie, unha curiosa aplicación do IPad que esixe pouco a nivel técnico (gravar unhas imaxes de xeito secuenciado, e a aplicación fai o resto) pero moito a nivel organizativo (traballo en equipo, saber escoitar, poñerse dacordo coa temática e estilo, que gravar e que non, unha vez gravado saber se se lle pode dar o visto bo... etcétera).
Todos colaboramos na realización dos textos e na maioría dos planos de imaxe (con algo de axuda do teacher, pero todos gravaron varios planos).
Sendo a primeira incursión que facemos no mundo audiovisual agardamos que vos guste para poder seguir traballando outros aspectos dunha educación holística coma este.

PS: Non, ao final Ana non desaparece como ela quería... quizais quede para a tan desexada segunda parte!

21 ene 2013

FACENDO CINE COS iPAD

O alumnado de atención educativa de 4º andaba hoxe co profe Pablo polos corredores do cole gravando co ipad: están facendo un trailer de cine (un avance en vídeo, presenta unha sinopsis ou resumo do que sería a película completa).
Os de 3º tamén fixeron outros antes de Nadal.
Poderedes velos todos neste blog dentro de moi pouco tempo e tamén se proxectarán na SEMANA IV DO CINE, que terá lugar dentro de moi poucas datas...
A esperar con paciencia!

28 nov 2012

1999 RQ36

Ese nome tan estrano é o que ten un asteroide ao que a sonda OSIRIS-REx vai visitar para recoller mostras.
Eiquí o tedes. Sae un pouco pixelado, porque está moi lonxe i é moi pequeno.

O asteroide é un veciño noso, e está moi cerquiña da Terra (tarda 436 días en dar unha volta ao Sol... lembrade que nós tardamos 365: iso significa que está un pouquichiño máis lonxe do Sol que nós). 
É pequecho: só mide 493 metros de diámetro, e está un pouco triste, xa que non ten nome.

Pero iso vaise arranxar: dende a páxina Planetary.org propuxeron un concurso: Poñer nome a ese asteroide!

O grupo de Atención Educativa de 4º, composto por Yasmina Rey, Khadija, Ana, Diana e Juan, decidimos concursar e chamarlle BREOGÁN, coma o nome do mítico rei galego. Pensamos en PEÓN, por ser un xoguete popular; en VITE, en OBRADOIRO, en COMPOSTELA e noutros nomes, pero logo vimos que os da UAI (a Unión Astronómica Internacional) preferían nomes mitolóxicos. Mandamos un formulario coas nosas razóns para chamarlle Breogán, e o teacher Pablo traducíuna ao inglés e aló a mandamos.

Ogallá nos elixan!


Posdata: nesta LIGAZÓN poderedes ver onde está agora mesmo 1999 RQ36. Tarda un chisco en cargar e hai que ter Java instalado, pero dentro da caixa onde pon Orbit  Diagram aparecerá a posición con respecto aos planetas interiores.
Recomendamos tamén os programas gratuítos Celestia e Stellarium para poder desfrutar do Cosmos.