28 abr 2013

ANIVERSARIO DE HUGO

O venres, 26 de abril, Hugo estivo de aniversario (9 anos); trouxo unhas madalenas riquísimas feitas por súa nai. Gustaríanos contar coa receita e, aínda que xa están dispostos a facelas todos xuntos no cole, creo que non vai poder ser xa que non temos forno e iso é difícil de carrexar desde as nosas casas como fixemos con outros aparellos máis pequenos. Pero si que poderemos facelas nas casas, xa que agora "están dispostos a todo" no que á cociña se refire, sobre todo se é doce.
Parabéns Hugo!

26 abr 2013

LUDOTECA "GAZAFELLO"

O alumnado de 4º foi invitado por Juan a "súa" ludoteca. Graciñas, Juan (e familia). Pasámolo de marabilla!!!


Adrián e Verne


Adrián de cuarto ten a ben comentarnos a súa última lectura: A Volta ao Mundo en 80 Días, de Jules Verne.


 A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS.

Era unha vez ,en Londres , un home chamado Phileas Fogg, e tiña un criado ao que lle chamaban Picaporte . Phileas Fogg iba continuamente para xogar ao whist, que é como un xogo de casino, pero nun lugar chamado Reform-Club .

Un día, cando Phileas Foog estaba no Reform-Club xogando ao whist, fixo unha aposta.Tratabase de dar a volta ao mundo en 80 días, e mister Fogg aceptou aquel reto.

Cando Phileas Fogg chegou a súa casa, encontrouse con Picaporte, e díxolle que se preparara porque ían facer unha viaxe : a volta ao mundo en 80 días . Picaporte, ao escoitar esas palabras, impresionouse.

Cando chegaron á India, estaban montados en elefante, e viron como iban a matar a unha chica queimandoa, pero, gracias a míster Fogg, non deron . A chica subiu ao elefante e míster Fogg preguntoulle como se chamaba e ela dixo mistress Auda, e seguiron a súa viaxe con ela.

Percorreron todos os países, subiron en vehículos de todo tipo e hasta perderon tempo porque capturaran ao criado de Phileas Fogg uns do exercito indio. Phileas Fogg e mistress Auda estaban preocupados porque non aparecia e tiñan medo de que lle pasara algo malo, así que Phileas Fogg fui a buscalo .Ao cabo dun bo tempo, apareceron os dous con vida e mistress Auda puxose moi contenta, e aínda así, chegaron cun día de adelanto e non se deron coonta porque pensaban que perderan a aposta, pero pronto se deron conta porque Phileas Fogg e mistress Auda querian casarse e pedironlle a Picaporte que lle dixera ao cura que ao día seguinte habería unha boda . Pero Picaporte non viu ao cura e fui correndo para a casa para decirlle que a aposta acababa o sábado e estaban a venres e aínda podian ganar a aposta. E asío fixeron e, agora sí, ganaron a aposta .
E eso sí, Phileas Fogg e mistress Auda casaron ao día seguinte de gañar a aposta, e Picaporte de padriño de Phileas Fogg e din que foron os máis felices dos mortais, e botarian de menos esta volta ao mundo en 79 días. FIN

A min gustoume este libro porque deron a volta en 79 días e non se deron conta, pensaban que perderan a aposta pero gañarona Eu recomendaría este libro porque é de aventuras e ao mesmo tempo ten partes divertidas e emocionantes .

25 abr 2013

Non é un despiste, explícovos: o pai de Pedro non atopaba as fotos deste día e eu estaba segura de telas publicado e púxenme a buscar; lembrei que fixen o artigo en leriasdevite porque a actividade era de todo o centro. Logo, que aconteceu con esas fotos? Que as publiquei en flickr, conta gratuíta, e parece que xa non están... Este é o motivo de que repita a nova, pero xa só para o alumnado de 3º (se cadra se coou algún pequeno polo medio)

24 abr 2013

LEMOS O NOSO CONTO ENCADEADO

Este é o vídeo da lectura do conto encadeado, diante dun salón de actos ateigado de público. Todos prestaron moita atención e, ao remate, agradeceron o traballo cun gran aplauso.

Os rapaces e rapazas tamén están entusiasmados co resultado final, pois xa tiveron o "libro" rematado nas súas mans. E, o mellor de todo, teñen a cabeza cheíña de ideas para seguir escribindo e contando historias fantásticas. Que non se acaben nunca!


23 abr 2013

ANIVERSARIO DE ANDRÉS FELIPE

Hoxe celebramos o 9º aniversario de Andrés Felipe, trouxo tantas lambetadas que non chegou o tempo de recreo para rematalas. Foi un día moi, moi feliz para el sentíndose protagonista entre todos os seus compañeiros e compañeiras.
Parabéns para el e que siga tan contento e traballador!

22 abr 2013

DÍA DO LIBRO: CONTO ENCADEADO "O CAMPAMENTO DOS ANIMAIS"

Con motivo da celebración do Día do Libro 2013 estivemos elaborando un conto encadeado en cada ciclo. A temática, novamente, centrada no mundo dos animais. Mañá cada ciclo terá que ler o seu.
Iste é o conto que "encadearon" no 2º ciclo: empezaron os de 3º e remataron os de 4º.



VISITA DA ESCRITORA FINA CASALDERREY

Hoxe tivemos a honra de contar coa presenza na nosa biblioteca de Fina Casalderrey. Entre outras moitísimas e importantísimas obras de literatura infantil e xuvenil está o "O misterio do faro vello", libro que estivemos a ler e que nos asinou a cada un de nós.
Contounos anécdotas da súa vida e dalgunhas das súas obras,  que pequenos detalles a inspiraron para empezar a escribilas (episodios un pouco tristes, cousas da súa vida cotiá, ...)
Animounos moito a ler libros de moitos autores distintos para aprender un chisco de cada un deles, ver formas distintas  e "literarias" de expresar as nosas ideas, aprender vocabulario, etcétera.


19 abr 2013

O TERCEIRO CONTO CON TOONTASTIC: "A MALDICIÓN DA MONA"

Era o traballo do último grupo de 3º; retrasouse pola enfermidade de Noa pero a espera mereceu a pena e hoxe xa poideron disfrutar cun "pase especial"... Eu miraba as caras que poñían cada un/unha en vez de mirar a pantalla, e pódovos asegurar que estaban para foto.

 "A MALDICIÓN DA MONA": animación realizada por Tania, Fernando, Sandra, Noa, Teo e Andrés Felipe.



17 abr 2013

Teatreiros!

Eiquí tedes a aportación teatreira de cuarto ao 18º certame de Teatro Intercentros, Os Poemas do Río. Ao final poderedes ver tamén a actuación de quinto, os Camareiros da Seguridade Social.

Parabéns a todos eles!

14 abr 2013

XOGAMOS COAS MATEMÁTICAS?

Se queres poñer a proba a algún compañeiro, amigo ou mesmo cos teus pais... iste é un xogo para competir en parella pero tamén o podes facer contra un compañeiro/a que inventes.

Anímaste a xogar? Quen acaba antes as bólas do seu plato?




A LONXITUDE: ACTIVIDADES PARA REPASAR

Fai tempo que non vos poño actividades novas para repasar, pero lembrade que na columna da dereita están os recursos de Anaya para traballar nas áreas de Coñecemento e Matemáticas en rede. 


10 abr 2013

EMPEZAMOS A FACER O MURAL DO LIBRO

Gústanos moito traballar a cooperación para lograr un fin común: neste caso, o mural alusivo ao Día do Libro e Letras Galegas farémolo entre todo o alumnado do centro. Un crocodilo amante da lectura, que ademais gusta ler algún libro de Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano con motivo do día das Letras Galegas.
O 2º ciclo está a facer ao protagonista, un simpático crocodilo. De momento empezamos coa pintura; estas son as imaxes.

UN INTRUSO NA GRANXA: UNHA HISTORIA CREADA COA APLICACIÓN TOONTASTIC (2)


Este é o segundo "literario" creado coa utilización Toontastic, para o ipad ;  foi elaborado por: SERGIO SEIJAS, MARIO, MARÍA, LUCÍA, ÓSCAR E ANDRÉS.
O que mellor:  o final!

9 abr 2013

OS LOROS QUERÍAN UN TESOURO: UNHA HISTORIA CREADA COA APLICACIÓN TOONTASTIC (1)


Abril - mes do libro: estamos creando historias. A temática sigue a ser a mesma: os animais. Utilizamos o ipad (unha aplicación chamada TOONTASTIC). Traballamos en grupos, cada un deles tivo que pensar ideas. organizar a súa historia nun máximo de 6 escenas, co seu fondo, personaxes e diálogos correspondentes.
E finalmente... a gravación, o máis divertido pero tamén difícil.
Este é o primeiro traballo elaborado por: MARCOS, SERGIO LISTE, PAULA, ROBERTO, HUGO E PEDRO.
Parabéns para este equipo pola súa dedicación e o seu entusiasmo!

8 abr 2013

DIPLOMAS DE BRILÉ

Rematou o VIII torneo de brilé (toda a información poderédela atopar na seguinte ligazón ao blog leriasdevite).
Hoxe recibiron o seu diploma de participación todos os xogadores e xogadoras de 3º e 4º que finalizaron o torneo adaptándose ás normas do mesmo.
Estas son as súas caras de felicidade, despois dunha misión cumprida.
Noraboa para todos e todas!


5 abr 2013

O 9º ANIVERSARIO DE FERNANDO

O xoves, Fernando celebrou o seu aniversario con todos nós. Como andamos moi atarefados (ata nos recreos) preparándovos unha sorpresiña moi chula, non tivemos tempo de facerlle a foto ata hoxe.
Esta foi a cara de felicidade coa que "posou" para a fotógrafa.
Parabéns!

3 abr 2013

DÍA DA ÁRBORE - INFORMATIVO LOCAL CRTVG


Na web da CRTVG atopamos as imaxes do Informativo Local de Santiago do día 20 de marzo de 2013, relativo á celebración do Día da Árbore.

Para compartilo con todos vós, déixovos esta ligazón:






Os alumnos de 4º representaremos a nosa obra de teatro OS Poemas DO Río
o próximo 12 de abril na escola de Maxisterio, en Santiago de Compostela

A ECOPATRULLA

Hoxe visitáronnos dous profes moi especiais: a profesora NAM  e o profesor NEM, expertos en climatoloxía, auga e enerxía, entre outras cousas.
A actividade estivo promocionada pola Fundación Mapfre en colaboración coa Xunta de Galicia e nela houbo presentacións dixitais para explicarnos o ciclo da auga e a importancia de coidar este ben tan escaso no noso Planeta. Tamén nos falaron da necesidade da reciclaxe de materiais e fixemos unha pequena práctica para botar ao lixo correctamente e por separado todos os restos que producimos na vida diaria.
Trátase de concienciar para preservar o medio ambiente: entre todos non é tan difícil; con pequenos xestos todos e todas podemos contribuír.

FASES DA ELABORACIÓN DAS HAMBURGUESAS

Este era o vídeo que faltaba, con relación ao obradoiro das hamburguesas: as catro fases previas nas que aparecen os distintos equipos facendo as tarefas encomendadas.
É un pracer traballar con estes rapaces e rapazas. Non vedes que ben saben facer todo o que lles gusta? E ademais, compartindo e disfrutando, non hai discusións nin pelexas, só hai voces e risas... o normal nos LARETAS!