3 abr 2013

A ECOPATRULLA

Hoxe visitáronnos dous profes moi especiais: a profesora NAM  e o profesor NEM, expertos en climatoloxía, auga e enerxía, entre outras cousas.
A actividade estivo promocionada pola Fundación Mapfre en colaboración coa Xunta de Galicia e nela houbo presentacións dixitais para explicarnos o ciclo da auga e a importancia de coidar este ben tan escaso no noso Planeta. Tamén nos falaron da necesidade da reciclaxe de materiais e fixemos unha pequena práctica para botar ao lixo correctamente e por separado todos os restos que producimos na vida diaria.
Trátase de concienciar para preservar o medio ambiente: entre todos non é tan difícil; con pequenos xestos todos e todas podemos contribuír.

No hay comentarios: