28 abr 2013

ANIVERSARIO DE HUGO

O venres, 26 de abril, Hugo estivo de aniversario (9 anos); trouxo unhas madalenas riquísimas feitas por súa nai. Gustaríanos contar coa receita e, aínda que xa están dispostos a facelas todos xuntos no cole, creo que non vai poder ser xa que non temos forno e iso é difícil de carrexar desde as nosas casas como fixemos con outros aparellos máis pequenos. Pero si que poderemos facelas nas casas, xa que agora "están dispostos a todo" no que á cociña se refire, sobre todo se é doce.
Parabéns Hugo!

1 comentario:

raquelrodal dijo...

O da receita está feito! Deixo o enlace:
http://www.recetasdethermomix.es/postres/brownie.html.
Teño que dicir que están feitas no robot de cociña, e en vez do molde para tartas, utilicei os moldes de madalenas. Esta receita é unha das preferidas de Hugo, por iso a escolleu para facerlla os seus compañeiros. É moi sinxela e está deliciosa!