Mostrando entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas

6 jun 2013

LIYUKENI: CAMPIÓN GALEGO PREBENXAMÍN 1ª DIVISIÓN XOQUEI A PATÍNS

Son Liyukeni. Xogo a xoquei sobre patíns no equipo CLUB DE HOCKEY COMPOSTELA; gañamos a liga galega de 1ª DIVISIÓN PREBENXAMÍN e teño unha medalla que o meu entrenador di que é de ouro.
Na seguinte ligazón podedes ver a CLASIFICACIÓN ao final da liga autonómica.

                                     

29 may 2013

ROBERTO: CAMPIÓN GALEGO BENXAMÍN DE WATERPOLO CO SEU EQUIPO



Eu xogo a waterpolo no CW Santiago. E  o meu deporte favorito. Pásoo moi ben e teño uns compañeiros e un entrenador moi bo, que moitas veces adestra con nós na auga.
Este ano ganamos a liga de waterpolo benxamín.  Aquí   vai a noticia:

O EQUIPO BENXAMÍN DO CW SANTIAGO CAMPIÓN DA 1ª LIGA GALEGA DE WP
Este pasado sábado día 18 o CW Santiago disputou a última xornada de liga en categorías benxamín, infantil e cadete con boas noticias para o noso clube, xa que o equipo benxamín do CW Santiago proclamouse campión da primeira liga galega de waterpolo benxamín, grazas a súa vitoria ante ACW por un contundente tres a cero no total de partes e un resultado total de nove a dous. Xa no primeiro cuarto o equipo santiagués defendeu moi ben e conseguiu un parcial de tres a cero, que sumando os dous seguintes cuartos coa portería a cero distanciouse ata un parcial de sete a cero quedando o último cuarto para que os dous equipos sumaran dous goles que deron o resultado final. FELICITAR aos máis pequenos do clube que co seu logro dan outro título ao clube e o primeiro desta categoría estrenada este ano.

LIGA GALEGA BENXAMIN

CW SANTIAGO – ACW 3 – 0 (3-0; 2-0; 2-0; 2-2)

Roberto Carro (1), Luis Guilbert (2), Santiago Esturao (1), Fernando Ferrer, Daniel Ferreira (4), Sabela Ferreira, Nerea Carrillo
FELICIDADES CAMPIÓNS!!!

OS MILLORES XOGADORES DO MUNDO E OS MÁIS GUAPOS!

Óscar, Mario e Andrés, como futbolistas do clube Vista Alegre, fomos o venres pasado a un torneo en Abegondo. Un partido gañámolo 4-0 e os outros dous perdímolos. Aínda que nos eliminaron fomos comer todos xuntos. Pasámolo xenial!.
Mirade que guapos estamos coas nosas camisolas!


28 abr 2013

ANIVERSARIO DE HUGO

O venres, 26 de abril, Hugo estivo de aniversario (9 anos); trouxo unhas madalenas riquísimas feitas por súa nai. Gustaríanos contar coa receita e, aínda que xa están dispostos a facelas todos xuntos no cole, creo que non vai poder ser xa que non temos forno e iso é difícil de carrexar desde as nosas casas como fixemos con outros aparellos máis pequenos. Pero si que poderemos facelas nas casas, xa que agora "están dispostos a todo" no que á cociña se refire, sobre todo se é doce.
Parabéns Hugo!

23 abr 2013

ANIVERSARIO DE ANDRÉS FELIPE

Hoxe celebramos o 9º aniversario de Andrés Felipe, trouxo tantas lambetadas que non chegou o tempo de recreo para rematalas. Foi un día moi, moi feliz para el sentíndose protagonista entre todos os seus compañeiros e compañeiras.
Parabéns para el e que siga tan contento e traballador!

5 abr 2013

O 9º ANIVERSARIO DE FERNANDO

O xoves, Fernando celebrou o seu aniversario con todos nós. Como andamos moi atarefados (ata nos recreos) preparándovos unha sorpresiña moi chula, non tivemos tempo de facerlle a foto ata hoxe.
Esta foi a cara de felicidade coa que "posou" para a fotógrafa.
Parabéns!

20 dic 2012

ENTREGA DE NOTAS... MOI ESPECIAL

Que entrega de notas máis divertida! Así o sobre aínda que levara algunha mala nova (unha suposición porque se traballou moito, aínda que sempre é posible un pouquiño máis), xa se compensaba co fermoso reno que fixemos na aula.

12 dic 2012

ANIVERSARIOS EN 3º

Hoxe ZARNIGOR cumpriu 9 anos, celebrámolo como é debido e fixemos as fotos para deixar constancia do acontecemento.
Tamén vou poñer as de MARIO e NOA que fixeron os 8 anos en datas moi recentes.
Parabéns para todos nesa data tan especial par cada persoa. 


2 dic 2012

DESPEDIDA DE TAMARA: ALUMNA DE PRÁCTICAS

O venres foi o último día de traballo do alumnado de prácticas. Na aula de 3º estivo Tamara, que desde o primeiro día integrouse á perfección na vida académica. Foi estupendo contar coa súa presenza e esperamos que nos cursos seguintes poida volver a facer as súas prácticas aquí. Boa sorte, mentres tanto, nos teus estudos!
Tamara, con parte do alumnado da aula de 3º, no seu último día de prácticas.

17 nov 2012

UN AGASALLO

Xosé Luis Fernández Alló é o pai de Marcos. Que é un "manitas"  xa o sabiamos os que fai algún tempo que o coñecemos porque sempre colabora en todas as actividades nas que fai falta un pouco de creatividade. No día da celebración do magosto-peón veu preparadísimo con distintos trompos feitos por él que aparecen nas fotografías xa publicadas en leriasdevite e tamén aquí; tamén Marcos trouxo peóns nos que aparecía a man de seu pai.
E como o prometido é débeda, hoxe chegoume un fermoso agasallo en forma de "pin" que me tiña prometido. Todos o celebramos como agasallo común (encántame este aire de comunidade que se respira aquí) aínda que está gardado na miña casa.
Moitas grazas, pois, de parte de todos nós.
Fotografía realizada por Tania Cortés

15 oct 2012

8º ANIVERSARIO DE MARCOS

Hoxe Marcos (3º), cumpre 8 anos; estaba moi contento e tamén nervioso pensando na festa que o esperaba pola tarde. Como preparación cantámoslle a canción dos "Parabéns" e el repartíu caramelos para todos/as.
 Xa sabedes que estamos esforzándonos por levar a cabo uns hábitos de alimentación saudable e iso inclúe os aniversarios así que non se trata de traer moitas lambetadas senón algo para compartir cos compañeiros e compañeiras.

Despois fixemos a foto para incluír aquí e lembrámonos de que Roberto xa celebrou o seu aniversario pero aínda non existía o noso lugar virtual dos MARABILLOSOS LARETAS, así que nesta ocasión comparten espazo os dous.

PARABÉNS PARA VÓS, NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES, MOITOS ANOS DE VIDA.

HOXE É DÍA DE FESTA, CANTAN AS NOSAS ALMAS,
PARA MARCOS E ROBERTO,
UNHA SALVA DE PALMAS.