29 may 2013

ROBERTO: CAMPIÓN GALEGO BENXAMÍN DE WATERPOLO CO SEU EQUIPO



Eu xogo a waterpolo no CW Santiago. E  o meu deporte favorito. Pásoo moi ben e teño uns compañeiros e un entrenador moi bo, que moitas veces adestra con nós na auga.
Este ano ganamos a liga de waterpolo benxamín.  Aquí   vai a noticia:

O EQUIPO BENXAMÍN DO CW SANTIAGO CAMPIÓN DA 1ª LIGA GALEGA DE WP
Este pasado sábado día 18 o CW Santiago disputou a última xornada de liga en categorías benxamín, infantil e cadete con boas noticias para o noso clube, xa que o equipo benxamín do CW Santiago proclamouse campión da primeira liga galega de waterpolo benxamín, grazas a súa vitoria ante ACW por un contundente tres a cero no total de partes e un resultado total de nove a dous. Xa no primeiro cuarto o equipo santiagués defendeu moi ben e conseguiu un parcial de tres a cero, que sumando os dous seguintes cuartos coa portería a cero distanciouse ata un parcial de sete a cero quedando o último cuarto para que os dous equipos sumaran dous goles que deron o resultado final. FELICITAR aos máis pequenos do clube que co seu logro dan outro título ao clube e o primeiro desta categoría estrenada este ano.

LIGA GALEGA BENXAMIN

CW SANTIAGO – ACW 3 – 0 (3-0; 2-0; 2-0; 2-2)

Roberto Carro (1), Luis Guilbert (2), Santiago Esturao (1), Fernando Ferrer, Daniel Ferreira (4), Sabela Ferreira, Nerea Carrillo
FELICIDADES CAMPIÓNS!!!

9 comentarios:

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Roberto loce moi satisfeito coa súa camisola e non é para menos: practica un deporte pouco habitual e a meta que acaban de alcanzar é importantísima. Tamén vos quero felicitar polo feito de ter un equipo mixto: é unha lección que deberían tomar noutros deportes, dentro destas categorías. Parabéns para todos e todas!

Unknown dijo...

Gracias Carmela. Roberto levava unha semana moi mala porque
no futbol moitos se rin del e viña moi triste do cole. Ainda que todos son nenos ti devolvecheslle o soriso.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Alégrome que sexa así; ninguén debería ter que sentirse mal por pertencer a unha minoría, en ningún senso.

Unknown dijo...

Hola. Eu alégrome moito do éxito de Roberto. Meréceo moito. Un bico e moitas felicidades.Espero que o meu fillo non sexa dos que se meten con él, si e así gustaríame que mo dixérades.

Javi dijo...

Noraboa Roberto. Por favor María Jose, cando en waterpolo vaian facer unha xornada 'de portas abertas' avisade que queriamos meter a Hugo no waterpolo.
¡Vivan os deportes minoritarios!

Unknown dijo...

Hola Javier: para probar waterpolo en xuño teñen clases de luns a venres de 7 a 8 en Santa Isabel, si te pasas un día e falas con Xavi (o entrenador) non creo que haxa problemas para que probe o deporte. Ademais do 1 ao 12 de xullo teñen organizado un campus de waterpolo ao que vai ir Roberto, deixoche a dirección para ti e por si lle interesa a alguen mais para inscribirse:
http://cwsantiago.com/campus-veran-2013/

Javi dijo...

¿E qué días vai Roberto?. Vou falar tamén co pai de Pedro, e si van os 3 xuntos o día da proba temos mais posibilidades de éxito.

Ceip de Vite dijo...

Dúas cousas de parte do teacher Pablo:

1ª- Encántame que haxa xente coa suficiente personalidade como para elexir actividades de ocio diferentes ás que elixe a maioría. Non todo o mundo é capaz de elexir algo que non se amolde ao pensamento maioritario. E non por sermos diferentes, non: elexímolas por facer o que realmente nos gusta. Case todos os meus amigos xogaban ao fútbol cando estaba na escola, pero a min aburríame moito... eu elexín un arte marcial deportiva (o judo) que ningún dos meus amigos nin practicaba nin coñecía, porque era o que realmente facía que me sentira feliz e completo.

2ª- Recoméndovos contactar entre vós de xeito privado por medio de correos electrónicos ou en persoa no cole... poñer un número de teléfono ou unha dirección email completa nun lugar ao que calquera (e insisto no de "calquera") pode acceder pode ser peor idea do que pensamos nun principio.

Un saúdo e únome a Javier no de que vivan os deportes minoritarios!

Ceip de Vite dijo...

María José Grela Rodríguez dixo: Rober durante todo o ano vai os Xoves, Venres e domingos. Pero agora en xuño ira todos os dias que poida. Pero si queredes quedar un día avisademe antes e xa esta. O meu teléfono é ... (borrado polo administrador).