Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
21 dic 2012
PUBLICIDADE DE NADAL : VÍDEOS
Que ben o fixeron, non? E guapos! E as bonecas... para comelas de guapas. O coro, atentísimos e con bo tono. Que máis se podería pedir? Pois que todos os presentes e eles mesmos o pasaran ben e así foi.
20 dic 2012
O TREN DO NADAL
Así pintamos, entre todas/os o noso tren "auténtico" de RENFE. Tan auténtico era que, puxémoslle modelo, porta de abrir e pechar... de todo un pouco que a cada un ocorríaselle unha nova idea. Que marabilla facer todos estes traballos en equipo!
ENTREGA DE NOTAS... MOI ESPECIAL
Que entrega de notas máis divertida! Así o sobre aínda que levara algunha mala nova (unha suposición porque se traballou moito, aínda que sempre é posible un pouquiño máis), xa se compensaba co fermoso reno que fixemos na aula.
Festival de Nadal... HOXE!
Estamos encantados de vos convidar a todos ao maior evento do mundo mundial e parte do estranxeiro:
O Festival de Nadal do CEIP de Vite!
O segundo ciclo estará representando dúas obriñas ben distintas: Terceiro amenizaranos cun minutos de publicidade moi especiais e Cuarto coa representación do libro Os Poemas do Río.
Pola mañán faremos o derradeiro ensaio todos xuntos e, a partires das 16:30, faremos o propio festival.
Non o perdades!
17 dic 2012
O NOSO RECETARIO DO OUTONO
Deixamos hoxe esta presentación, con todas as receitas elaboradas polos equipos de traballo no noso proxecto de investigación de outono, para que o poidades descargar, imprimir e animarvos a cociñar e aprender como fixemos nós.
13 dic 2012
FELICITACIÓNS DE NADAL 2012
O alumnado de 3º e as profesoras Inma e Carmela fixemos un pequeniño proxecto utilizando o ipad para deseñar as felicitacións de Nadal para as familias e a comunidade educativa en xeral. Con todos os nosos mellores desexos e ademais algúns/algunha con moita arte. Preme na imaxe para acceder á galería de imaxes.
12 dic 2012
FALAR EN PÚBLICO, TAREFA DIFÍCIL
O luns os equipos que tiñan realizado os traballos sobre os produtos do outono fixeron unha pequena exposición para os seus compañeiros/as. Todos prestaron moita atención e fixeron bastantes preguntas, sempre con afán de saber un pouco máis. Ao principio todos empezaban un pouco tensos pero logo, ante a curiosidade do público presente, xa se ían relaxando e, aínda que non está gravado, saían verdadeiramente os coñecementos adquiridos durante todo o proceso deste proxecto de investigación que acabamos de rematar.
ANIVERSARIOS EN 3º
Hoxe ZARNIGOR cumpriu 9 anos, celebrámolo como é debido e fixemos as fotos para deixar constancia do acontecemento.
Tamén vou poñer as de MARIO e NOA que fixeron os 8 anos en datas moi recentes.
Parabéns para todos nesa data tan especial par cada persoa.
XOGANDO AO CARACOL NO RECREO
O martes facía moito frío no recreo e no hai nada mellor que choutar sen parar; o xogo do caracol é o ideal para iso: María, Lucía, Zarnigor, Noa e Paula estiveron xogando todo o tempo, sempre co ánimo da profe Carmela, que lles foi explicando algunhas normas do xogo. Están ben explicadas no blog leriasdevite, preme se queres aprender un pouco máis.
Finalmente María e Lucía empataron; outro día continuarán a partida.
Finalmente María e Lucía empataron; outro día continuarán a partida.
5 dic 2012
A DERRADEIRA DEGUSTACIÓN CULINARIA: PUDIN DE ABELÁS
Que rico estaba o pudin! Lucía e Zarik fixérono o luns pero tiña que arrefriar no frigorífico así que onte papámolo case que enteiriño.
http://www.flickr.com/photos/90655766@N05/sets/72157632180079582/show/
3 dic 2012
PECHAMOS Á COCIÑA!
As imaxes das receitas de hoxe. Sempre se presenta algunha dificultade pero ao final sempre sae ben a receita... sobre todo vendo como comen algúns!
TALLER DE COCIÑA_DÍA 4
Hoxe pechamos a nosa cociña... polo momento. Aquí remata o taller de cociña do outono; todos os equipos propuxeron unha receita para elaborar co seu produto, tiveron que traer os ingredientes e... cociñar para unhas 20 persoas!
SON UNS CAMPIÓNS E CAMPIONAS DOS FOGÓNS E DO MICROONDAS!
SON UNS CAMPIÓNS E CAMPIONAS DOS FOGÓNS E DO MICROONDAS!
2 dic 2012
DESPEDIDA DE TAMARA: ALUMNA DE PRÁCTICAS
O venres foi o último día de traballo do alumnado de prácticas. Na aula de 3º estivo Tamara, que desde o primeiro día integrouse á perfección na vida académica. Foi estupendo contar coa súa presenza e esperamos que nos cursos seguintes poida volver a facer as súas prácticas aquí. Boa sorte, mentres tanto, nos teus estudos!
Tamara, con parte do alumnado da aula de 3º, no seu último día de prácticas. |
ÚLTIMAS RECEITAS DO TALLER DE COCIÑA. INGREDIENTES: ABELÁS E COGOMELOS
O outono vai avanzando e o noso proxecto está a piques de rematar. O luns, 2 de decembro, entran na cociña os dous últimos equipos de cociñeiros/as.
Aquí vos deixo as receitas que van preparar, para o deleite de todos os seus compañeiros e compañeiras:
ZARIK E LUCÍA:
NOA E SANDRA:
Aquí vos deixo as receitas que van preparar, para o deleite de todos os seus compañeiros e compañeiras:
ZARIK E LUCÍA:
NOA E SANDRA:
29 nov 2012
VÍDEO DE COCIÑA. TORTILLA DE CABAZA E CABACIÑA
Por problemas técnicos non foi posible subir este vídeo ata hoxe, pero o traballo deste equipo de cociña non podía quedar sen visualizar. Que disfrutéis igual que o fixemos nós... mirade as súas caras e xestos!
28 nov 2012
1999 RQ36
Ese nome tan estrano é o que ten un asteroide ao que a sonda OSIRIS-REx vai visitar para recoller mostras.
O asteroide é un veciño noso, e está moi cerquiña da Terra (tarda 436 días en dar unha volta ao Sol... lembrade que nós tardamos 365: iso significa que está un pouquichiño máis lonxe do Sol que nós).
É pequecho: só mide 493 metros de diámetro, e está un pouco triste, xa que non ten nome.
Pero iso vaise arranxar: dende a páxina Planetary.org propuxeron un concurso: Poñer nome a ese asteroide!
O grupo de Atención Educativa de 4º, composto por Yasmina Rey, Khadija, Ana, Diana e Juan, decidimos concursar e chamarlle BREOGÁN, coma o nome do mítico rei galego. Pensamos en PEÓN, por ser un xoguete popular; en VITE, en OBRADOIRO, en COMPOSTELA e noutros nomes, pero logo vimos que os da UAI (a Unión Astronómica Internacional) preferían nomes mitolóxicos. Mandamos un formulario coas nosas razóns para chamarlle Breogán, e o teacher Pablo traducíuna ao inglés e aló a mandamos.
Ogallá nos elixan!
Posdata: nesta LIGAZÓN poderedes ver onde está agora mesmo 1999 RQ36. Tarda un chisco en cargar e hai que ter Java instalado, pero dentro da caixa onde pon Orbit Diagram aparecerá a posición con respecto aos planetas interiores.
Recomendamos tamén os programas gratuítos Celestia e Stellarium para poder desfrutar do Cosmos.
Ogallá nos elixan!
Posdata: nesta LIGAZÓN poderedes ver onde está agora mesmo 1999 RQ36. Tarda un chisco en cargar e hai que ter Java instalado, pero dentro da caixa onde pon Orbit Diagram aparecerá a posición con respecto aos planetas interiores.
Recomendamos tamén os programas gratuítos Celestia e Stellarium para poder desfrutar do Cosmos.
26 nov 2012
VÍDEOS COCIÑA_DÍA3 (NOCES - CABAZA)
Ata hoxe non apareceran as nenas pola nosa cociña. Mirade que xeito lle puxeron, xa din elas que axudan na súa casa. Eles tamén o fixeron moi ben aínda que amasar fora un pouco "noxento".
TALLER COCIÑA_DÍA 3: AS FOTOS (EQUIPOS NOCES E CABAZA)
TANIA, PAULA, MARÍA, ÓSCAR E ROBERTO. Novamente deron a talla e, aínda que o normal é que as receitas non saian ben á primeira, estes cociñeiros e cociñeiras teñen tan boa man que son capaces de experimentar unha vez e xa facer unhas comidas moi boas: hoxe había algo verde ( a tortilla de cabaza e cabaciña) e xa non gustou a todos... pero si á gran maioría! As lambetadas sempre teñen éxito e hoxe había boliñas de noz, moi, moi doces... riquísimas e moi doadas de facer aínda que algo pringosas para as mans, verdade Óscar?
PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN
VÍDEOS TALLER COCIÑA- DÍA2 (LIMONADA)
Para que vexades a habilidade destes rapaces... Ao millor aquí se está a fraguar o futuro da escola de Hostelería de Santiago!
25 nov 2012
TALLER DE COCIÑA DÍA 2 (INGREDIENTE: OS LIMÓNS)_IMAXES
Mario, Andrés e Sergio Seijas conseguiron facer, según a opinión maioritaria, "a mellor limonada das súas vidas". Todos foron para a casa con intención de facela: teño que dicir que na receita hai un erro, xa o vedes nas fotos: usaron a licuadora e non a batidora.
22 nov 2012
LUNS, 26 DE NOVEMBRO: COCIÑA - DÍA 3
Déixovos as receitas dos dous equipos; preme nas imaxes para poder velas e/ou descargalas.
EQUIPO NOCES: Óscar - Roberto
EQUIPO CABAZA E CABACIÑA: María - Tania - Paula
EQUIPO NOCES: Óscar - Roberto
EQUIPO CABAZA E CABACIÑA: María - Tania - Paula
MAÑÁ VENRES ABRE A NOSA COCIÑA OUTRA VEZ
Nesta segunda xornada o equipo de cociñeiros tiña como ingrediente principal o LIMÓN. Sergio Seijas, Andrés Martínez e Mario van facer unha orixinal limonada... os limóns non se pelan! Xa veremos que sabor final consiguen.
21 nov 2012
OS ANIMAIS VERTEBRADOS
Nesta ligazón poderás repasar as características máis importantes dos animais vertebrados. Preme sobre a imaxe e atoparás diferentes actividades para afianzar os contidos traballados na aula e coñecer algunhas peculiaridades dos animais da comunidade cántabra xa que alí atopamos este interesante recurso educativo.
19 nov 2012
VÍDEOS TALLER COCIÑA_DÍA1: MILLO E CASTAÑAS
Non están editados, ás veces alguén ponse diante do obxectivo porque non se lembra de que se está a facer unha gravación... De todos os xeitos seguro que a todos vos gusta ver o que fixemos na nosa improvisada cociña e con que soltura se desenvolven estes "pequenos laretas".
TALLER DE COCIÑA - DÍA 1
Que marabilla! Aquí hai "madeira" de cociñeiros pero tamén de catadores. As imaxes falan por sí mesmas. Verdade que Carmela non cociñou?
O pudin de castañas que fixeron Teo, Sergio e Pedro estaba sensacional e só tivemos dous problemiñas: a nata era de cociñar e foi imposible montala (aínda así estaba riquísima) e por outro lado é un pouco difícil controlar o tempo exacto de cocción. De todos os xeitos, estaba moi saboroso!
As papas de millo de Fernando e Marcos complicáronse un pouco porque había lume por medio e pegáronse un chisco pero ao final tiveron moito éxito e probaron tres versións: normais, con azucre e con chocolate.
Todo moi rico!
O pudin de castañas que fixeron Teo, Sergio e Pedro estaba sensacional e só tivemos dous problemiñas: a nata era de cociñar e foi imposible montala (aínda así estaba riquísima) e por outro lado é un pouco difícil controlar o tempo exacto de cocción. De todos os xeitos, estaba moi saboroso!
As papas de millo de Fernando e Marcos complicáronse un pouco porque había lume por medio e pegáronse un chisco pero ao final tiveron moito éxito e probaron tres versións: normais, con azucre e con chocolate.
Todo moi rico!
17 nov 2012
UN AGASALLO
Xosé Luis Fernández Alló é o pai de Marcos. Que é un "manitas" xa o sabiamos os que fai algún tempo que o coñecemos porque sempre colabora en todas as actividades nas que fai falta un pouco de creatividade. No día da celebración do magosto-peón veu preparadísimo con distintos trompos feitos por él que aparecen nas fotografías xa publicadas en leriasdevite e tamén aquí; tamén Marcos trouxo peóns nos que aparecía a man de seu pai.
E como o prometido é débeda, hoxe chegoume un fermoso agasallo en forma de "pin" que me tiña prometido. Todos o celebramos como agasallo común (encántame este aire de comunidade que se respira aquí) aínda que está gardado na miña casa.
Moitas grazas, pois, de parte de todos nós.
E como o prometido é débeda, hoxe chegoume un fermoso agasallo en forma de "pin" que me tiña prometido. Todos o celebramos como agasallo común (encántame este aire de comunidade que se respira aquí) aínda que está gardado na miña casa.
Moitas grazas, pois, de parte de todos nós.
Fotografía realizada por Tania Cortés |
O LUNS EMPEZAREMOS A COCIÑAR!
Familias: xa sabedes que estivemos facendo un proxecto de investigación que empezou cando fumos recoller cogumelos polas zonas verdes do noso colexio e despois o estudo foi abarcando moitos outros produtos de outono. O alumnado, repartido en parellas ou tríos, foi cubrindo os distintos apartados das súas fichas de traballo nas que sempre se incluía unha receita para poder elaborar eles/as con algunha axuda. Pois chegou o momento de levar á práctica esas receitas.
A primeira quenda será para Sergio Liste - Pedro e Teo que farán un "Pudin de castañas". O luns tamén cociñará o equipo de Marcos: "Papas de millo".
Todos deberán traer a maioría dos ingredientes (xa levaron unha nota para a casa). Os aparatos e algunha outra cousa aportáremolos as profes.
A primeira quenda será para Sergio Liste - Pedro e Teo que farán un "Pudin de castañas". O luns tamén cociñará o equipo de Marcos: "Papas de millo".
Todos deberán traer a maioría dos ingredientes (xa levaron unha nota para a casa). Os aparatos e algunha outra cousa aportáremolos as profes.
Preme na imaxe para ver a receita e poder descargala/copiala.
http://issuu.com/carmelarro/docs/pudindecasta__as
16 nov 2012
MÁIS PUBLICIDADE
Aquí están os/as da quenda de hoxe (LUCÍA, ROBERTO, NOA E MARCOS); algún outro non sae porque hai que repetir a vindeira semana.
E lembrade: o texto non debería ser demasiado curto nin tampouco demasiado longo porque senón resulta aburrido e ninguén vai mercar o produto que queredes vender! E en galego!
E lembrade: o texto non debería ser demasiado curto nin tampouco demasiado longo porque senón resulta aburrido e ninguén vai mercar o produto que queredes vender! E en galego!
OS MAGNÍFICOS PEÓNS DE MARIO E MARCOS
Por falta de tempo non destacamos aquí estas dúas magníficas obras de arte: son dúas mostras do que pode dar de sí a colaboración entre os nenos e os adultos, entre a familia e a escola. Os nenos disfrutan e os adultos tamén e despois todos podemos alegrar a vista vendo os resultados. Eso sí, non son para facelos bailar pero podemos poñelos como decoración.
Moitas grazas familias e nenos polo voso traballo conxunto.
Moitas grazas familias e nenos polo voso traballo conxunto.
REMATAMOS UN TRABALLO SOBRE A VENDIMA
Teo, Andrés Felipe, Tania, Fernando, Sandra, Noa e Tzarik |
O outono avanza e o noso alumnado vai progresando no estudo sobre distintos aspectos do mesmo. O grupo de nenos e nenas de Atención Educativa (os que non asisten ás clases de Relixión Católica) veñen de rematar un estudo sobre as distintas fases da vendima, unha labor ben característica nalgunhas zonas de Galicia durante o outono.
Na foto aparecen moi contentos co seu flamante traballo, realizado en equipo. Dentro duns días colgaremos unha presentación con todo o traballo, para que o poidades ver cun pouco máis de detalle e, de paso, aprender algo do seu traballo.
Táboas de multiplicar
As táboas de multiplicar son un recurso moi útil para case calquer aspecto da vida cotián, polo que aprendelas axudará a desenvolvernos mellor na vida. Ademais, sabendo multiplicar aprenderemos a dividir.
Para aqueles que tedes problemas con elas eiquí tedes estes recursos:
E xa que estamos, pois preséntovos a Xosé Rodríguez González, un matemático galego que vivíu hai case douscentos anos: para que vexades que a ciencia en galego tamén conta!
15 nov 2012
Algún pai estaba esperando por recursos de Lingua para repasar na casa co seu fillo, aquí vai un pouco de todo, clasificado por temas: vocabulario, ortografía e gramática.
EU BUSCO PALABRAS
CURIOSOS ANIMAIS
BÓTAME UN FEITIZO
HABÍA UNHA VEZ
TRABALLANDO A PUBLICIDADE
Estamos a traballar a linguaxe publicitaria e cada alumno/a fai as súas propostas, con cancións de anuncios que lembran.
Hoxe pilleinos por sorpresa coa cámara e estaban algo tímidos (sobre todo Sergio, que sempre é moi espontáneo) pero seguro que despois haberá "empurróns" para ser protagonistas. A Mario fastidiárono un pouco os "coristas" que cantaron en castelán cando el tiña adaptada a letra ao galego.
Hoxe pilleinos por sorpresa coa cámara e estaban algo tímidos (sobre todo Sergio, que sempre é moi espontáneo) pero seguro que despois haberá "empurróns" para ser protagonistas. A Mario fastidiárono un pouco os "coristas" que cantaron en castelán cando el tiña adaptada a letra ao galego.
14 nov 2012
12 nov 2012
OS DEBUXOS DO PEÓN
Así quedaron as decoracións, sobre o papel, dos peóns de 3º e 4º. Non están todos porque algúns "esqueceron" a data de entrega dos traballos.
AS FAMILIAS DE 2º CICLO COLABORAN NO DÍA DO PEÓN
Grazas a todas as familias que colaborástedes dalgún xeito para que este día de celebración fora todo un éxito: decoración de peóns con imaxinación, aportación de produtos e materiais, búsqueda de información, exhibición de habilidades co peón e, como non, a vosa inestimable presenza o pasado venres 9 de novembro.
AS CAMISETAS SOLIDARIAS DE 3º
O venres trouxemos as camisetas solidarias ao cole e aquí estamos na foto que nos fixo Noa. Falta a profe Inma que ese día chegou máis tarde e os dous despistados (Pedro e Hugo), que non se lembraron de traela.
Lembrade que cando vaiades a lgunha viaxe é importante facer unha fotografía coas vosas camisetas solidarias para ir espallando o seu percorrido.
Lembrade que cando vaiades a lgunha viaxe é importante facer unha fotografía coas vosas camisetas solidarias para ir espallando o seu percorrido.
A profe Carmela con Marcos, Mario, Óscar, Roberto, Sergio Liste e Sergio Seijas |
O PROXECTO DAS CABAZAS
María: estes días estivemos facendo un proxecto sobre as cabazas, atopamos moita información.
Paula: aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben.
Tania: coas follas de información aprendemos moito sobre as cabazas.
7 nov 2012
PALABRAS POLISÉMICAS E MÁIS
Como as familias nos estades decindo que vos veñen moi ben os recursos para repasar os contidos traballados na aula, aquí vos deixo unha ligazón que reúne diferentes apartados que estamos vendo nestas datas na aula de 3º. Premendo na imaxe, éntrase nunha páxina con todo tipo de actividades de: Lengua, Coñecemento do Medio. Espero que vos resulte interesante.
UNHA PISTA PARA O TRABALLO DE ED. FÍSICA: O REFRANEIRO DO PEÓN
O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado ou ao faiado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón.
PRACTICAMOS COS NOSOS PEÓNS
Estes días os peóns non deixan de xirar: na clase de Ed. Física, no recreo, na clase e ata investigamos coa profe de Relixión sobre o refraneiro e os santoral referido ao peón. Pero o máis divertido e velo bailar e facer os trucos.
A CABAZA DE MARÍA
5 nov 2012
O MURAL DO OUTONO XA ESTÁ REMATADO
O título é "AS CORES DO OUTONO"; a cor que lle tocou ao 2º ciclo foi o amarelo e así foi como tivemos que facer toda a decoración: fixemos distintos detalles entre os de 3º e os de 4º; hoxe colocámolo no mural (os que axudamos acabábamos de recibir as caras verdes do mes de outubro e foi un bo agasallo; outro día tocarálles a outros compañeiros/as que tamén gañaron as caras verdes).
TROUXEMOS CABAZAS PARA A EXPOSICIÓN
A ROBERTO NON SEMELLABA QUE LLE DESE MOITO MEDO PORQUE ESTÁ MOI SORRINTE.
MARCOS, A SÚA DABA UN MEDO QUE ARREPIABA.
MARIO, CASE NON PODÍA CON ELA DE TANTO COMO PESABA.
MARCOS, A SÚA DABA UN MEDO QUE ARREPIABA.
MARIO, CASE NON PODÍA CON ELA DE TANTO COMO PESABA.
29 oct 2012
26 oct 2012
Aperta á nosa biblioteca favorita
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos e de 3ºe 4º de Vite fomos a darlle unha aperta á biblioteca Ánxel Casal.
O dia 24 de outubro foi o dia internacional das bibliotecas e por iso fomos alí.
A todos os nenos de Vite nos gustan as bibliotecas!
Aparato locomotor: esqueleto e músculos
Como xa temos que memorizar moitos nomes de ósos e de músculos, imos facer a tarefa máis sinxela entrando nestas ligazóns a actividades Lim.
23 oct 2012
Visita á Biblioteca do Ensanche
Hoxe fumos de visita á biblioteca de Novacaixagalicia no ensache, en Frei Rosendo Salvado. Podedes atopala EIQUÍ.
Alí tivemos unha anfitriona de excepción: Bea; explicounos como é o funcionamento desta biblioteca e como usar cada un dos seus espazos. Ademais contounos un lote de contos dun xeito moi ameno.
Agora xa coñecemos un novo lugar onde ler, coñecer xente e aprender cousas novas.
22 oct 2012
REDONDEO EN MATEMÁTICAS
Actividades LIM para insistir no REDONDEO (aproximación á decena, centena ou unidade de millar máis próxima na recta numérica).
PREME NA IMAXE PARA REPASAR UN POUCO.
PREME NA IMAXE PARA REPASAR UN POUCO.
TROUXEMOS DA CASA SETAS E OUTROS PRODUTOS DE OUTONO
Que marabilla chegar á aula e o alumnado coas súas cestas ou caixas cheas de produtos de outono, unha ledicia ver as súas caras de satisfación mostrando as súas aportacións tamén en forma de traballo xa elaborado e contando aos seus compañeiros e compañeiras as súas andainas da fin de semana.
Isto non está escrito nos libros de texto e non se esquece do mesmo xeito. Isto é aprender a través das experiencias vitais. Grazas a vós familias pola vosa implicación, así da gusto traballar!
ANDRÉS MARTÍNEZ: fun con meu pai e o meu irmán. Collemos moita variedade de setas (boletus edulis- comestible e moi saborosa, amanita pantherina - tóxica, e tamén outras que aínda non identificamos).
ÓSCAR: fumos meu pai e eu ao monte e collemos moitos cogumelos.
MARIO: no monte dos meus avós, meu pai, miña nai, miña avoa, miña irmán e mais eu collemos moitísimas setas. UNHA ERA XIGANTE (unha delas era amanita muscaria, moi tóxica e que produce alucinacións). Tamén collín un boletus (o pé gordo - comestible)
21 oct 2012
PARA SABER MAIS SOBRE OS COGUMELOS
O venres profundizamos un pouquiño máis no coñecemento dos cogumelos:
- son seres vivos?
- son plantas?
- por que se deben levar unha cesta cando os recollemos?
- por que non debemos arrincalos senón que debemos cortalos?
- ...
Todas estas e moitas outras interrogantes fomos resolvéndoas ao ir contemplando este powerpoint sobre os cogumelos que atopamos no blog do CEIP A MAÍA; se premes sobre a imaxe poderás velo e coñecer un pouco máis
O OUTONO É XENEROSO E O ALUMNADO TAMÉN
O venres, 19 de outubro, algún alumno/a de 3º aportou novos produtos do outono: Sandra trouxo unha cesta con cogumelos, Marcos unha macrolepiota que case non cabía na caixa, Paula unha fermosa cabaza e Noa unha ficha informativa con fotografía incluída dunha seta moi tóxica que viron no xardín da súa casa ( a famosísima AMANITA).
Con todo isto seguimos adiante cos primeiros pasos do noso proxecto de investigación sobre os produtos do outono.
Tamén tivemos visita do alumnado de Ed. Infantil de 5 anos que traían unha lepiota moito máis grande que as que tiñamos visto ata o momento.
Con todo isto seguimos adiante cos primeiros pasos do noso proxecto de investigación sobre os produtos do outono.
Tamén tivemos visita do alumnado de Ed. Infantil de 5 anos que traían unha lepiota moito máis grande que as que tiñamos visto ata o momento.
SANDRA COA SÚA CESTA |
SANDRA MOSTRANDO OS COGUMELOS AO ALUMNADO DE ED. INFANTIL - 5 ANOS |
|
A MACROLEPIOTA DE DE ED. INFANTIL - 5 ANOS |
A MACROLEPIOTA DE MARCOS
PAULA, SEMPRE TAN FOTOXÉNICA, COA SÚA CABAZA |
OS COGUMELOS DE SANDRA |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)