Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
26 nov 2013
O ÁRTICO ROMPE
Hoxe, o alumnado de 3º, estivemos nunha exposición sobre o Polo Norte (instalada na Alameda). Foi moi interesante a explicación que nos deron e todo o que vimos e aprendimos. Agora podemos ir a vela coas nosas familias polas tardes e os fins de semana (remata o 12 de decembro).
24 nov 2013
FACENDO CÓMICS COS IPAD
"A festa das palabras" é o nome dunha nova actividade proposta polo Equipo de dinamización da lingua galega. Nesta ocasión trátase de elixir palabras de medo e de outono.
En cuarto traballamos a partir desas palabras, inventando outras novas, para facer con elas historias en formato cómic.
Os equipos están moi motivados e, a pesar da dificultade, haberá bos resultados.
Dentro de pouco empezaremos a publicalos.
FACENDO CÓMICS CON PALABRAS INVENTADAS on PhotoPeach

22 nov 2013
EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NA BIBLIOTECA
O xoves o alumnado de terceiro vimos a exposición que a ANPA colocou na biblioteca e escoitamos a interesante explicación do pai de Seil e Iván Soto.
20 NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
Os alumnos e alumnas de 3º traballamos sobre os nosos dereitos (os dereitos dos nenos e nenas) e ilustrámolos.
15 nov 2013
TORTA DE CABAZA
Hoxe, en 3º; comimos -antes da celebración do Magosto- unha torta de cabaza feita pola nai de Laura. Que ricaaa!
14 nov 2013
OBRADOIRO DE COCIÑA
Hoxe fixemos o primeiro obradoiro de cociña para 3º. A profe/chef Cristina axudounos a preparar unha torta fría de froitos do outono, unha torta de mazá e minipalmeiras no forno. Rico, rico!!!
12 nov 2013
ACTUACIÓN DE 3º NA I MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL - BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
O alumnado de 3º presentou un conto que narra o inicio da raza xitana.
ACTUACIÓNS DE 4º NA I MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL - BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
Moitos de vós xa estivéchedes de público, fixérono moi ben, do millor. Déixovos o vídeo para compartilo co resto de familias e para que eles mesmos poidan verse.
11 nov 2013
AS FOTOS DA I MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL
Estas son as fotos da I Maratón de Tradición Oral celebrada na Biblioteca Ánxel Casal o pasado venres, 8 de novembro: durante a exposición, entrega de diplomas, etc.
Aproveito para dar agradecer a Víctor, o avó de Lucía, a súa inestimable colaboración.
Aproveito para dar agradecer a Víctor, o avó de Lucía, a súa inestimable colaboración.
8 nov 2013
I Maratón de tradición oral - Radio Galega
Hoxe participamos na I MARATÓN DA TRADICIÓN ORAL, organizada pola biblioteca Ánxel Casal.
Alí estaba presenta a Radio Galega, que entrevistou a varios nenos e nenas.
Preme na imaxe para escoitar o audio do programa (desde o minuto 28 ao 33)
Alí estaba presenta a Radio Galega, que entrevistou a varios nenos e nenas.
Preme na imaxe para escoitar o audio do programa (desde o minuto 28 ao 33)
7 nov 2013
O MURAL DO PEÓN 2013
Déixovos esta presentación para que vexades aos artistas de 4º pintando coa "brocha gorda" para decorar o mural do outono e peón 2013. Como gozan cos pinceis e as pinturas!
6 nov 2013
HABILIDADES CO PEÓN: A SERRA
A serra é un truco moi difícil de realizar con éxito, pero para estes artistas do peón nada hai imposible.
Para que poidades ver o xeito de executalo, déixovos este pequeno vídeo da clase de Ed. Física de hoxe.
Para que poidades ver o xeito de executalo, déixovos este pequeno vídeo da clase de Ed. Física de hoxe.
4 nov 2013
O PEÓN NA CLASE DE ED. FÍSICA
Aínda que os peóns saíron ao patio do noso cole hai tempo, hoxe empezou "oficialmente" a actividade de XOGO CO PEÓN, nas clases de Ed. Física.
Algúns xa trouxeron a súa obra de arte para participar na III mostra mundial de decoración de peóns, outros esqueceron que tamén fai falta un para bailalo, xogar e aprender trucos.
Este ano imos a facer un circuíto de habelencias co peón: bailar á patada, bailar normal, o canciño, o ascensor, a serra e calquera outro truco que sexan capaces de facer.
Tamén practicaremos xogos: OS VEZOS, O TURBO, OS BECHOS...
Se premes na imaxe poderás acceder á galería de imaxes de hoxe.

ANIVERSARIO DE NOA
Ola, son Noa. Onte estuven de cumpleanos. Regaláronme un conto de Tea, un xogo de adiviñar quen é quen e unha bolsa de material de manualidades.
3 nov 2013
OS CIENTÍFICOS DE 4º COMPARTIRON A SÚA EXPERIENCIA COS DE 6º
Foi unha bonita sesión na que fallou un pouco o reactivo utilizado pero aínda así resultou moi educativa para todos e todas.
OS CIENTÍFICOS DE 3º COMPARTIRON AS SÚAS EXPERIENCIAS CO ALUMNADO DE 4º
O alumnado de 3º preparou dous experimentos relacionados coa temática sensorial.
Fixeron unha exposición teórica e tamén houbo a correspondente posta en práctica.
1.- Colocamos sobre unha mesa 5 vasos con auga (da billa, con gas, con zume de limón, con sal e con azucre)
Cos ollos pechados, como podemos saber cal ten auga da billa?
Describimos o sabor: doce, salgado, …
Saboreamos as cousas grazas as papilas gustativas (que podemos observalas na lingua cunha lupa).
2.- Seca a túa lingua con papel absorbente (de cociña). Coloca un trozo de chocolate sobre a túa lingua.
Podes recoñecer o sabor do chocolate?
Que demostra este experimento?: Que necesitamos a saliva para saborear os alimentos. Para que os alimentos teñan sabor, é necesario que primeiro as substancias químicas que conteñen se disolvan na saliva. Unha vez disoltas, estas substancias químicas poden ser detectadas polos receptores das papilas gustativas.
PRESENZA DE AMIDÓN NOS ALIMENTOS
A outra experiencia que fixemos en 4º foi para detectar o amidón na composición de alimentos. Fíxonos pensar bastante porque non sempre estaba nos alimentos esperados. O traballo en equipo foi fundamental para axudarnos a sacar conclusións.
O proceso é o que podedes ver na presentación.
2 nov 2013
OBSERVAMOS O MOFO DO PAN - 4º
Estes son os pasos que seguimos para observar o proceso de creación de mofo no pan. O mofo fíxose esperar pero, finalmente puidemos ver o seu aspecto coa axuda das lupas binoculares.
CONSTRUÍMOS UN APARATO RESPIRATORIO
Na aula de 4º construímos este "simulador" dun aparato respiratorio. Axudounos a entender mellor o proceso da respiración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)