29 oct 2013

TANIA E SANDRA NA BIBLIOTECA DE GALICIA

Tania e Sandra participaron o sábado pola mañá nunha interesante actividade, de balde, na BIBLIOTECA DE GALICIA (Cidade da Cultura).

Da tabula ao tablet: o libro e as bibliotecas a través do tempoé o título xenérico para as actividades que se realizan cada sábado en horario de 12 a 14 horas. Debedes facer a inscrición previamente.

Sandra e Tania explicaron hoxe aos seus compañeiros/as os coñecementos que adquiriron mentres se divertiron na biblioteca: fixeron un marcapáxinas nun anaco de papiro, explicáronlles como se escribía nunha táboa con signos cifrados na época dos exipcios... Ata lles regalaron un fermoso libro ilustrado por prestar atención!

23 oct 2013

OS EXPERIMENTOS DE 3º






   Hoxe estivemos con Álex (alumno de prácticas), facendo os nosos experimentos sobre os sentidos. Graciñas, Álex!!!!!

22 oct 2013

APARECEU O MOFO NO PAN!

Levamos días observando os tres anacos de pan, cada un coa súa peculiariedade, esperando ver os cambios que se ían producindo. Hoxe apareceu un mofo que se apreciaba a simple vista, pero o millor de todo foi observar unha mostra de cada un a través da lupa binocular.
Despois fixemos un debuxo das tres imaxes nos nosos cadernos (pan seco, pan húmido e pan con mofo)

APRENDER A RECICLAR DE XEITO DIVERTIDO

Ese foi o obxecto da charla que recibiron hoxe os alumnos e alumnas de 3º e 4º. Non sempre sabemos con exactitude cales son as cousas que teñen que ir a cada contenedor;  outras xa as teñen moi claras.

Por exemplo: unha percha de colgar a roupa, aparentemente de plástico, non vai ao contenedor amarelo.

Entre todos temos que contribuír a producir menos lixo e a reciclar os residuos utilizando axeitadamente  os contenedores.

21 oct 2013

AUDITORIO DE GALICIA

                                          Agardando a que empece...         
                                        Aquí nos están ensinando A TAMA (O tambor que fala)
    O alumnado de 3º e 4º (coas titoras e a profesora de Música)  estivemos no Auditorio vendo unha actuación dun grupo musical africano do Senegal: TERANGA, "O legado dos griots do Senegal". Os griots son os gardas da tradición africana. Interpretaron varias danzas e cancións con diferentes instrumentos de África  ("Que facemos se non chove?", "Se queres casarte comigo terás que traerme vacas!"... eran algúns dos títulos). Acabaron cunha danza e canción de paz na que participou o numeroso público dende os seus asentos. Tamén nos falaron da importancia da tradición oral: "Só escoitando podes aprender". Foi moi interesante!!!

20 oct 2013

OS NOSOS CONTIÑOS

   O venres levamos para a casa os contos que escribimos todos e todas co título: QUEN LLE TEN MEDO A CARAPUCHIÑA VERMELLA? Todos están moi ben, pero o que máis nos gustou foi o de Hugo que o titulou "O LOBO QUE TIÑA VERGOÑA" (e tamén ía o de Bruno: "Mario e os mosquitos").

         Aquí vemos o orixinal de Amal.

17 oct 2013

A FESTA DO CORDEIRO

 O 15 de outubro a nosa compañeira Amal non veu a clase porque os musulmáns de todo o mundo celebran ese día a festa do cordeiro. E púxose tatuaxes de henna (e fíxonos un traballo escrito coa axuda da súa familia) para ir moi guapa!


CONTACONTOS (1º, 2º E 3º)

    Hoxe volveu Marisol a contarnos un conto que inventou ela. Foi na biblioteca e estabamos con 1º e 2º.


16 oct 2013

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"

     Hoxe, o alumnado de terceiro, fixemos unha saída e visitamos o Museo das Peregrinacións onde estivemos moi atentos/as ao que nos explicaban. Coñecimos a bandeira xitana (o azul é o ceo, o verde é a terra, e a roda dos carros) e Rubén cantou con Merchi, que ben o fixo!!! Aproveitamos tamén para ir á biblioteca Ánxel Casal (vimos un vídeo, coñecimos toda a biblioteca, vimos libros en braille, fixemos os carnés..).e usámola lendo!!!





ANIVERSARIO DE MARCOS

Hoxe, 16 de outubro, Marcos cumple 9 anos. Chegou cargado de manxares para compartir cos compañeiros e coas mestras. E posou ante a cámara contento de ser o protagonista.
Moitos parabéns!


SUPLEMENTO VITE INFORMA 4º

Déixovos esta presentación do VITE INFORMA  de 4º, coas novas que non se puideron incluír no informativo por falta der espazo.

VITE INFORMA - 4º ED. PRIMARIA

Xa está rematado o primeiro programa da serie. Un informativo "especial" feito con ilusión. Tamén aquí chegaron os recortes. Non puideron saír todas as intervencións pero publicaremos nestas páxinas un Suplemento, cos traballos que non aparecen no memso.
Todos os programas deste informativo publicaranse no blogue leriasdevite
PREME NA IMAXE PARA VER O PROGRAMAPUBLICADO EN LERIASDEVITE

15 oct 2013

We enjoy English 1.01

These exercises (linked from the British Council web) are suitable for the 4th year, but people from the 3rd year will be welcomed to practice them too. 

Enjoy them!

Pronouns                              Descriptions



14 oct 2013

I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Este ano celebraremos no noso centro a I SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO. En cada aula faranse distintas actividades con contido "científico". Despois deberán expoñer a súa experiencia a outros grupos.
Rebeca, que está facendo as prácticas en 4º, programou dúas actividades moi interesantes. Están relacionadas co tema dos alimentos, que estivemos desenvolvendo nas clases de Coñecemento do Medio. Hoxe empezou a fase práctica pero a observación continuará durante toda a semana.

9 oct 2013

A DIXESTIÓN

Sergio Seijas, Tania e María Iglesias elaboraron esta presentación para entender mellor o proceso da dixestión. Coa axuda da plastilina e dunha cámara fotográfica con trípode e disparador, conseguiron esta sensación de movemento dos alimentos a través do organismo.

3 oct 2013

TRABALLANDO COA PRENSA EN REDE

Estes días estamos seleccionando novas de prensa para elaborar o primeiro capítulo de programa VITE INFORMA, que se poderá ver no blogue leriasdevite.
Isto supón un traballo serio como se aprecia nas facianas dos rapaces que participaron hoxe na actividade. Ademais a linguaxe dos xornais é complexa e a conexión wifi deunos algúns quebradeiros de cabeza.