19 jun 2019

DO HORTO Á MESA

Rematamos a campaña anual recollendo parte da nosa colleita. Aquelas pequenas sementes agora son plantas que xa podemos convertir nunha merenda saudable: leitugas de distintos tipos, perexil, apio, espinacas, rábano, cebolas, cenoria...
Algunhas cousiñas tivemos que mercar para preparar este merenda ben saudable. As tortiñas con verduras resultaron moi saborosas ademais de saudables.

17 jun 2019

UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE

Dúas científicas da facultade de Química da Universidade de Santiago foron as encargadas de facer con nós o obradoiro "Só facemos química cando imos ao laboratorio?". A finalidade última do mesmo é fomentar o interese pola ciencia entre as nenas xa que parece ser unha profesión con máis presenza masculina.
Unhas actividades moi interesantes coas que poidemos experimentar mesturas de materia de distinto tipo, cambios físicos e químicos,  etc.



12 jun 2019

EXCURSIÓN ILLA DE CORTEGADA

A illa de Cortegada é un espazo natural protexido. Durante a ruta de sendeirismo que fixemos na xornada de hoxe aprendemos un pouco da súa historia, a súa flora e a súa fauna. Agora xa soan máis algúns nomes como o peto, a vacaloura, o cormorán, o loureiro tan característico de Cortegada ou unha especie de carballo propio da illa. Vimos os restos da aldea que alí había e explicáronnos o motivo que tiveron os seus habitantes para abandonala.

20 may 2019

A MATERIA - CLASE PRÁCTICA

Hoxe a nosa aula cociña foi un auténtico laboratorio para experimentar con distintas substancias e comprobar o que aprendemos na teoría con respecto á materia: pódese mestura e tamén separar, pode cambiar de forma, de aspecto, etc.


6 may 2019

PLANTANDO NO HORTO

Despois de meses preparando sementando e coidando as nosas plantas na aula, hoxe poidemos trasplantar todo ao horto que estamos a estrear no campo que hai detrás do pavillón.

Tivemos algunha sorpresiña porque tiñamos unha planta de cenoria e dúas de tomates que, seguramente, viñan misturadas con outras sementes.
Tamén foi moi emocionante comprobar que as patacas xa están dando o seu cultivo ( o mesmo que os chícharos, aínda que estes xa os podemos ver desde fai días).

29 abr 2019

A BIODIVERSIDADE ESPONTÁNEA - ACTIVIDADE NO CIPX DE SANTIAGO

Durante unha gran parte da mañá poidemos aprender a importancia que teñen as chamadas "herbas malas", as plantas que nacen de forma espontánea, para o equilibrio ecolóxico no entorno.  No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Santiago asistimos a unha charla (con identificación de plantas que nacen no campo ou  nos muros) e a un obradoiro no que construímos 3 hoteis paara insectos usando materiais naturais do propio parque de Belvís.



25 abr 2019

21 DÍAS FALANDO GALEGO

Os hábitos (bos ou malos) non nacen de repente, apréndense.Son 21 días. O obxetivo que pretendemos conseguir falando galego. A filosofía é facelo cada día, durante tres semanas, para chegar a sobrepasar a barreira do que nos custa e que se convirta nun hábito”.

Empezaremos o día 1 de maio (aínda que non sexa lectivo) e remataremos... Ao mellor xa continuamos!

Tedes 5 días para pensalo, animádevos!






10 abr 2019

BOCATAS SAUDABLES

Hoxe tuvemos unha xornada práctica para aprender a preparar merendas ricas e ademais saudables.

Cada equipo tiña unha táboa coas tarefas asignadas para conseguir finalmente presentar varias elaboracións para o recheo dos bocadillos.

Cociñamos arepas (unhas tortiñas de millo) e tamén usamos boliños de pan (os hidratos de carbono).

Preparamos unha riquísima crema de berros con maionesa e ovos cocidos, tamén tomate relado con aceite.
Outros alimentos disponibles foron: queixo, ovo, xamón cocido, peituga de pavo (proteínas),  leituga, tomate, aguacate, berros cultivados por nós (vitaminas), aceite de oliva (graxas).

Montamos o noso "buffet" con todas as elaboracións preparadas polos distintos equipos e chegou o momento de montar os bocadillos tendo en conta que debían aportar nutrientes de todos os grupos.

Aínda que foi moi, moi traballoso o resultado final foi moi bo. E incluso poidemos convidar aos nenos e nenas de Ed. Infantil - 5 anos que viñan con moito apetito.

Esperamos que estes aprendizaxes sirvan para promover rutinas de alimentación sudable a diario!




8 abr 2019

A TENDA DOS LARETAS

Por fin chegou o día da reapertura da Tendas dos Laretas, un "completísimo" supermercado de aula onde xogar a comprar e a vender.


3 abr 2019

Obradoiro PlayEnergy - Endesa educa

Unha boa clase teórica e práctica sobre enerxía: as fontes para obtela, tipos, aforro enerxético e usos axeitados.
E para comprobalo usamos xoguetes ben interesantes.

25 mar 2019

ACTIVIDADES DE ED. INFANTIL NO TELEXORNAL DE 4º

Un problema, por fin solucionado, impediunos publicar antes o último Telexornal. Neste caso a nova refírese ás actividades que fan na aula de Ed. Infantil - 5 anos.

28 feb 2019

SEMENTAR, COLLEITAR E COMER

Levamos un tempo sementando dentro da aula á espera de que teñamos o espazo destinado a horto do cole xa preparado e tamén que chegue o tempo óptimo para planta fóra.
Non se nos da nada mal. Aínda que algunhas sementes non quixeron xerminar, outras van medrando cada día.
E, no medio de todo isto, chega Lorraine a facer prácticas con nós e súmase a iniciativa aportando unhas sementes para colleitar berros. Plantamos en algodón e procuramos ter o conxunto ben hidratado. O crecemento foi moi, moi rápido e xa estamos coméndoos nas nosas merendas diarias. Isto provocou que moitos nenos e nenas traian substitúan outro tipo de merendas por os clásicos bocadillos. Así collen a correspondente ración de berros e... merenda saudable!

TELEXORNAL 4º- NOTICIAS 6º

Que fai o alumnado de 6º cos caldeiros amarelos dun lada para outro? Iso é o que este equipo intentou averiguar. Agora informan detalladamente sobre iso.


XOVES DE COMADRES ( E DE COMPADRES TAMÉN)

Hoxe é o día en que as mulleres de algunhas vilas e pobos galegos celebran o xoves de comadres.
Na aula de 4ºA quixemos vivenciar o que iso significa e estabamos preparados. Os nosos bonecos e bonecas xa feitos saíron ao patio para divertirnos un pouco: primeiro tocoulles ás comadres escapar cos seus bonecos e despois foi a quenda dos compadres coas súas bonecas.


27 feb 2019

STOPMOTION: A FUNCIÓN DE RELACIÓN

Por fin rematamos a nosa primeira experiencia creando esta presentación coa técnica do stopmotion. Usamos a aplicación Stop Motion para ipad para crear o efecto de movemento e así, coa participación de todos os nenos e nenas da clase, conseguimos explicar a función de relación dun xeito diferente.


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DO COMEDOR

O equipo formado por Seil, Samuel, Iago e Álex Seone decidiron informarnos sobre o funcionamento do comedor: curiosidades sobre as persoas que traballan alí, os menús, os prezos e as actividades que fan. Bo traballo!


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 2º

Os xornalistas que fixeron este traballo de investigación foron: Jesús, Sofía, Lucía, Raúl e Lucas. Estiveron falando cos nenos e nenas e tamén con Nuria, a profe de 2º á que pillaron polos pelos porque era o seu último día no cole.
Esperamos que vexa este telexornal e que lembre os bos momentos pasados en Vite.


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 4ºA

Aarón, Teo, Adriana e Javier estiveron cos seus compañeiros/as de 4ºA e interesoulles moito un traballo que estaban a facer usando os Ipads.

TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 5º

Joel, Noelia, Patricia e Andrea viron uns traballos colgados no taboleiro de 5º que está no corredor. Decidiron averiguar como se facía aquilo que lles gustaba tanto.

26 feb 2019

TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 3º

Neste grupo a noticia seleccionada foi unha saída didáctica relacionada coa alimentación; se queredes saber máis tedes que ver o telexornal que fixeron Álex, Carla, Sara e Abel.






TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 1º

Os nenos e nenas de 4º (A e B) andan moi ocupados no seu novo papel de xornalistas. Preguntando aquí e acolá averiguaron unha chea de cousas que se están a facer nas distintas aulas. Tiveron que escoller unha actividade para elaborar a noticia final.

Moito traballo previo e moito esforzo que agora ven recompensado, os resultados están á vista.

O equipo formado por Lara, Alejandro Oti e Cristina (e coa colaboración de Claudia no traballo inicial) seleccionou unha noticia relacionada co traballo artístico do alumnado e profes de 1º.




20 feb 2019

NARRACIÓN EN CADEA

Aprender a escribir non é tarefa doada. Por iso hoxe fixemos esta actividade en parellas e resultou así de ben: mellorou a creatividade, a caligrafía, a ortografía... E non o pasamos nada mal!

13 feb 2019

AS MATEMÁTICAS SABEN RICAS RICAS!

Quen dixo que as matemáticas son aburridas?
Hoxe demostramos que unha clase de matemáticaspode ser moi divertida. Tratábase de afianzar o concepto matemático de fracción utilizando como recurso unha riquísima pizza. Ademais de facelas tuveron que ir superando os retos que tiñamos preparados: repartir entre 5, repartir en trozos diferentes pero que todas as persoas comeran a mesma cantidade, trozear a pizza rectangular para compartir entre todos/as, calcular con decimais os cartos que gastamos para facer esta actividade...

Lorraine, a alumna en prácticas, e máis eu quedamos gratamente sorprendidas polo bo traballo feito.


19 ene 2019

O TELEXORNAL DE 4ºA

Este traballo fixémolo no remate do 1º trimestre. Como eles e elas decían foi o traballo de despedida dos equipos de traballo (agora houbo cambios) e puxéronlle moito entusiasmo.

Fixérono moi ben e en moi pouco tempo. Estou moi orgullosa dos seus progresos.

17 ene 2019

XOGOS TRADICIONAIS NO COLE

Hoxe tivemos a oportunidade de gozar coa práctica dos xogos de sempre. Xogos de destreza, de estratexia, de habilidade, de memoria, etc. Non se precisaron explicacións, abondou con poñerse diante de cada un e poñerse a xogar.
Unha hora de compartir xogando durante a que ninguén botou de menos as maquiniñas!