Cada equipo tiña unha táboa coas tarefas asignadas para conseguir finalmente presentar varias elaboracións para o recheo dos bocadillos.
Cociñamos arepas (unhas tortiñas de millo) e tamén usamos boliños de pan (os hidratos de carbono).
Preparamos unha riquísima crema de berros con maionesa e ovos cocidos, tamén tomate relado con aceite.
Outros alimentos disponibles foron: queixo, ovo, xamón cocido, peituga de pavo (proteínas), leituga, tomate, aguacate, berros cultivados por nós (vitaminas), aceite de oliva (graxas).
Montamos o noso "buffet" con todas as elaboracións preparadas polos distintos equipos e chegou o momento de montar os bocadillos tendo en conta que debían aportar nutrientes de todos os grupos.
Aínda que foi moi, moi traballoso o resultado final foi moi bo. E incluso poidemos convidar aos nenos e nenas de Ed. Infantil - 5 anos que viñan con moito apetito.
Esperamos que estes aprendizaxes sirvan para promover rutinas de alimentación sudable a diario!
No hay comentarios:
Publicar un comentario