6 jun 2014

O PLANETA TERRA ESTÁ EN PERIGO

Esa é a conclusión que sacaron os nosos alumnos/as ao facer este traballo. Eles propoñen unha serie de solucións que todos podemos aportar para resolver, en certa medida, moitos dos problemas que a vida actual provoca no noso planeta.
Así que xa sabedes... A aportar o vóso gran de area!



O PLANETA TERRA ESTÁ EN PERIGO on PhotoPeach

O HORTO COMO ECOSISTEMA

Por fin rematamos este traballo de investigación sobre ecosistemas. O horto en xeral e o horto ecolóxico foron obxecto de profundo estudo. Na vindeira semana faremos a presentación, cada parella mostrará a súa parte e entre todos iremos facendo suxestións, preguntas, etc. A edición en maxilibro xa a temos na aula para que o poidan ir manexando libremente.
Estamos moi satisfeitos co traballo realizado grazas á colaboración de todos.


5 jun 2014

AULA DE INFORMÁTICA

O alumnado de 3º tivemos durante todo o curso unha hora semanal na aula de Informática.

BIBLIOTECA

Todos os xoves fumos, na hora que tiñamos o curso de 3º, á biblioteca a ler e coller libros.

DESEQUILIBRIO NATURAL: UNHA PELÍCULA SOBRE ECOSISTEMAS

Preséntovos hoxe a película que crearon as nosas artistas de 4º (NOA, MARIA, SANDRA E PAULA), coa colaboración de algún compañeiro/a (Sergio, Pedro, Teo e Lucía).
Na mesma elixiron a temática dos ecosistemas, que estamos traballando en Coñecemento do Medio.
Teño que dicir que estamos totalmente emocionadas e satisfeitas de ver como xa son capaces de crear, suxerir, investigar... de xeito autónomo e partindo dos seus intereses e motivacións.

PRACTICANDO XOGOS TRADICIONAIS EN E.F.

Os nenos e nenas de 3º practicaron con entusiasmo dous xogos tradicionais: PAÍSES, PAÍSES e A RAIA DO CARACOL. Nos dous desenvólvense habilidades de salto e moitas relacións sociais.

3 jun 2014

ATOPÁRONSE NA POBRA DO CARAMIÑAL

Sempre vos dicimos que a colaboración das familias é importantísima. Nesta ocasión José Luis, o pai de Marcos mandounos esta nova: o reencontro dos rapaces de Vite e Portosín nun torneo de fútbol na Pobra do Caramiñal (31 - maio - 2014). A sorpresa e alegría foron enormes ao coincidir no mesmo torneo, aínda que non chegaron a competir entre eles xa que non estaban no mesmo grupo da competición.
Grazas, José Luis, pola colaboración.