29 oct 2013

TANIA E SANDRA NA BIBLIOTECA DE GALICIA

Tania e Sandra participaron o sábado pola mañá nunha interesante actividade, de balde, na BIBLIOTECA DE GALICIA (Cidade da Cultura).

Da tabula ao tablet: o libro e as bibliotecas a través do tempoé o título xenérico para as actividades que se realizan cada sábado en horario de 12 a 14 horas. Debedes facer a inscrición previamente.

Sandra e Tania explicaron hoxe aos seus compañeiros/as os coñecementos que adquiriron mentres se divertiron na biblioteca: fixeron un marcapáxinas nun anaco de papiro, explicáronlles como se escribía nunha táboa con signos cifrados na época dos exipcios... Ata lles regalaron un fermoso libro ilustrado por prestar atención!

23 oct 2013

OS EXPERIMENTOS DE 3º






   Hoxe estivemos con Álex (alumno de prácticas), facendo os nosos experimentos sobre os sentidos. Graciñas, Álex!!!!!

22 oct 2013

APARECEU O MOFO NO PAN!

Levamos días observando os tres anacos de pan, cada un coa súa peculiariedade, esperando ver os cambios que se ían producindo. Hoxe apareceu un mofo que se apreciaba a simple vista, pero o millor de todo foi observar unha mostra de cada un a través da lupa binocular.
Despois fixemos un debuxo das tres imaxes nos nosos cadernos (pan seco, pan húmido e pan con mofo)

APRENDER A RECICLAR DE XEITO DIVERTIDO

Ese foi o obxecto da charla que recibiron hoxe os alumnos e alumnas de 3º e 4º. Non sempre sabemos con exactitude cales son as cousas que teñen que ir a cada contenedor;  outras xa as teñen moi claras.

Por exemplo: unha percha de colgar a roupa, aparentemente de plástico, non vai ao contenedor amarelo.

Entre todos temos que contribuír a producir menos lixo e a reciclar os residuos utilizando axeitadamente  os contenedores.

21 oct 2013

AUDITORIO DE GALICIA

                                          Agardando a que empece...         
                                        Aquí nos están ensinando A TAMA (O tambor que fala)
    O alumnado de 3º e 4º (coas titoras e a profesora de Música)  estivemos no Auditorio vendo unha actuación dun grupo musical africano do Senegal: TERANGA, "O legado dos griots do Senegal". Os griots son os gardas da tradición africana. Interpretaron varias danzas e cancións con diferentes instrumentos de África  ("Que facemos se non chove?", "Se queres casarte comigo terás que traerme vacas!"... eran algúns dos títulos). Acabaron cunha danza e canción de paz na que participou o numeroso público dende os seus asentos. Tamén nos falaron da importancia da tradición oral: "Só escoitando podes aprender". Foi moi interesante!!!

20 oct 2013

OS NOSOS CONTIÑOS

   O venres levamos para a casa os contos que escribimos todos e todas co título: QUEN LLE TEN MEDO A CARAPUCHIÑA VERMELLA? Todos están moi ben, pero o que máis nos gustou foi o de Hugo que o titulou "O LOBO QUE TIÑA VERGOÑA" (e tamén ía o de Bruno: "Mario e os mosquitos").

         Aquí vemos o orixinal de Amal.

17 oct 2013

A FESTA DO CORDEIRO

 O 15 de outubro a nosa compañeira Amal non veu a clase porque os musulmáns de todo o mundo celebran ese día a festa do cordeiro. E púxose tatuaxes de henna (e fíxonos un traballo escrito coa axuda da súa familia) para ir moi guapa!