28 feb 2019

SEMENTAR, COLLEITAR E COMER

Levamos un tempo sementando dentro da aula á espera de que teñamos o espazo destinado a horto do cole xa preparado e tamén que chegue o tempo óptimo para planta fóra.
Non se nos da nada mal. Aínda que algunhas sementes non quixeron xerminar, outras van medrando cada día.
E, no medio de todo isto, chega Lorraine a facer prácticas con nós e súmase a iniciativa aportando unhas sementes para colleitar berros. Plantamos en algodón e procuramos ter o conxunto ben hidratado. O crecemento foi moi, moi rápido e xa estamos coméndoos nas nosas merendas diarias. Isto provocou que moitos nenos e nenas traian substitúan outro tipo de merendas por os clásicos bocadillos. Así collen a correspondente ración de berros e... merenda saudable!

TELEXORNAL 4º- NOTICIAS 6º

Que fai o alumnado de 6º cos caldeiros amarelos dun lada para outro? Iso é o que este equipo intentou averiguar. Agora informan detalladamente sobre iso.


XOVES DE COMADRES ( E DE COMPADRES TAMÉN)

Hoxe é o día en que as mulleres de algunhas vilas e pobos galegos celebran o xoves de comadres.
Na aula de 4ºA quixemos vivenciar o que iso significa e estabamos preparados. Os nosos bonecos e bonecas xa feitos saíron ao patio para divertirnos un pouco: primeiro tocoulles ás comadres escapar cos seus bonecos e despois foi a quenda dos compadres coas súas bonecas.


27 feb 2019

STOPMOTION: A FUNCIÓN DE RELACIÓN

Por fin rematamos a nosa primeira experiencia creando esta presentación coa técnica do stopmotion. Usamos a aplicación Stop Motion para ipad para crear o efecto de movemento e así, coa participación de todos os nenos e nenas da clase, conseguimos explicar a función de relación dun xeito diferente.


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DO COMEDOR

O equipo formado por Seil, Samuel, Iago e Álex Seone decidiron informarnos sobre o funcionamento do comedor: curiosidades sobre as persoas que traballan alí, os menús, os prezos e as actividades que fan. Bo traballo!


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 2º

Os xornalistas que fixeron este traballo de investigación foron: Jesús, Sofía, Lucía, Raúl e Lucas. Estiveron falando cos nenos e nenas e tamén con Nuria, a profe de 2º á que pillaron polos pelos porque era o seu último día no cole.
Esperamos que vexa este telexornal e que lembre os bos momentos pasados en Vite.


TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 4ºA

Aarón, Teo, Adriana e Javier estiveron cos seus compañeiros/as de 4ºA e interesoulles moito un traballo que estaban a facer usando os Ipads.

TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 5º

Joel, Noelia, Patricia e Andrea viron uns traballos colgados no taboleiro de 5º que está no corredor. Decidiron averiguar como se facía aquilo que lles gustaba tanto.

26 feb 2019

TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 3º

Neste grupo a noticia seleccionada foi unha saída didáctica relacionada coa alimentación; se queredes saber máis tedes que ver o telexornal que fixeron Álex, Carla, Sara e Abel.






TELEXORNAL DE 4º: NOTICIAS DE 1º

Os nenos e nenas de 4º (A e B) andan moi ocupados no seu novo papel de xornalistas. Preguntando aquí e acolá averiguaron unha chea de cousas que se están a facer nas distintas aulas. Tiveron que escoller unha actividade para elaborar a noticia final.

Moito traballo previo e moito esforzo que agora ven recompensado, os resultados están á vista.

O equipo formado por Lara, Alejandro Oti e Cristina (e coa colaboración de Claudia no traballo inicial) seleccionou unha noticia relacionada co traballo artístico do alumnado e profes de 1º.




20 feb 2019

NARRACIÓN EN CADEA

Aprender a escribir non é tarefa doada. Por iso hoxe fixemos esta actividade en parellas e resultou así de ben: mellorou a creatividade, a caligrafía, a ortografía... E non o pasamos nada mal!

13 feb 2019

AS MATEMÁTICAS SABEN RICAS RICAS!

Quen dixo que as matemáticas son aburridas?
Hoxe demostramos que unha clase de matemáticaspode ser moi divertida. Tratábase de afianzar o concepto matemático de fracción utilizando como recurso unha riquísima pizza. Ademais de facelas tuveron que ir superando os retos que tiñamos preparados: repartir entre 5, repartir en trozos diferentes pero que todas as persoas comeran a mesma cantidade, trozear a pizza rectangular para compartir entre todos/as, calcular con decimais os cartos que gastamos para facer esta actividade...

Lorraine, a alumna en prácticas, e máis eu quedamos gratamente sorprendidas polo bo traballo feito.