30 abr 2014

10º ANIVERSARIO DE HUGO

O pasado sábado foi o aniversario de Hugo e onte agasallounos con uns brownies para cuparse os dedos. Non faltaron os parabéns de todos e os tiróns de orellas, como en todas estas ocasións.

SEMANA DA LECTURA

 Hoxe veu lernos un conto, a 3º e 4º, Marisol (amiga da profe Chus), que a maioría xa a escoitaramos con outros dous contos (escritos todos por ela): "Que misterio está ocurrindo aquí?" (baseado no conto titulado "As botas vellas" do libro "Historias máxicas e verdadeiras" de Santiago Gil Espinosa, relato finalista do concurso convocado por Aldeas Infantis SOS; que tamén nos contou Marisol  porque llo pedimos!). Graciñas!!!!






29 abr 2014

SEMANA DA LECTURA: LUCAS QUERE SER PALLASO

Estas son as fotos, de pouca calidade pola falta de luz, da presentación do conto "LUCAS QUERE SER PALLASO" a cargo do alumnado de 4º. O magnífico público estaba formado polos compañeiros/as de 3º, 5º e 6º.
Todos xuntos pasaron uns momentos moi agradables e con moitas risas.

LUCAS QUERE SER PALLASO. A PELÍCULA

Hoxe foi a estrea da película "LUCAS QUERE SER PALLASO". O alumnado de 4º recibiu fortes aplausos dos seus compañeiros/as de 3º, 5º e 6º, que envexaban o seu traballo.
Parabéns para todos e todas pola súa contribución a esta magnífica película.

28 abr 2014

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO DO COLEXIO


        Na hora de Coñecemento o alumnado de 3º e a titora fixemos unha saída ao noso patio para ver as árbores. A profe de Música ensinounos: sabugueiros, magnolios, pradairos, carballos, álamos, freixos, nogueiras, loureiros, aveleiras, maceiras, bidueiros, piñeiros, abetos, camelias, rododendros, ameneiros, castiñeiros, acivros, roseiras, mirtos, tullas, hedras... E levamos unha folla de... (Ver a foto e adiviñar).

25 abr 2014

TURQUÍA: PRESENTACIÓN DE NOA

Os tíos de Noa viaxaron a Turquía; á volta contaron a súa experiencia e Noa quedou enamorada dese país. Decidiu facer un powerpoint para compartir cos compañeiros/as e mestras algunhos datos moi interesantes sobre a vida e cultura nese país.
Os nosos parabéns para Noa por esta magnífica inciativa e pola súa exposición seguida con interese e numerosas preguntas por parte de todos. E a sorpresa final: a aportación dunhas prendas para facer a danza do ventre, que Sandra non tivo inconveniente en mostrar en público. Grazas tamén para ti, Sandra, pola túa colaboración e estilo.



TURQUÍA from Noa Feás


A SEMANA DA LECTURA

 Hoxe empezou no noso colexio a Semana da Lectura onde participan familiares do alumnado e profesorado do centro. A nai de Amal veu contarnos a 3º e 4º dous contos en árabe: "A araña Tuta" e "A árbore de granada". Graciñas!!!!





24 abr 2014

XIX CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS DE COMPOSTELA E COMARCA.

   Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º coas nosas titoras fumos ao Salón de Actos da Facultade de Educación, para  ver a representación de dúas obras de teatro: "O Tío Miseria" (Uns galegos chegan ao outro mundo pensando que sería mellor ca este) do colexio López Ferreiro e "Catro esquiniñas de nada" (Conta a historia de Cadradiño que quere xogar na casa dos seus amigos Redondiños...) do colexio de Aspanaes (onde vai a nosa compañeira Triana). Ao final, votamos. (O Xurado estará integrado polo alumnado asistente e por profesionais do teatro e as obras premiadas representaranse no Teatro Principal os días 12 e 26 de maio ás 20 h).





23 abr 2014

HUGO EN ROMA

Hugo quixo contribuír hoxe ao traballo sobre a Historia aportando unhas fotos do seu paso por Roma o ano pasado. E tamén aportou os seus coñecementos á presentación. Grazas e moi bo traballo, Hugo.


ANIVERSARIO DE ANDRÉS FELIPE

Todos os días temos algo especial; hoxe foi o 10 aniversario de Andrés Felipe. Despois dos parabéns e estiróns de orellas lucía así de feliz.

22 abr 2014

OS OFICIOS E PROFESIÓNS

O alumnado de 3º fixemos nas vacacións de Semana Santa un traballo co título. Que quero ser de maior? Empezamos a lelos para toda a clase e vimos que están moi ben!!!!

XIV CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

  Hoxe o alumnado de 3º e 4º coas nosas titoras estivemos no obradoiro de ilustración ABC DIARIO: Encontro co ilustrador Pablo Otero (na galería Sargadelos). Fixemos as letras do abecedario con diferentes materiais e serán expostas no blog da editorial Kalandraka.


                                          As primeiras letras : S , G , M (ou W, dándolle a volta).

AS NOSAS CARTAS

   Hoxe (día da Terra) recibimos as cartas do alumnado de 3º e 4º de Portosín, despois de enviarlles as nosas. Estas son as que nos chegaron a 3º. Agora temos máis gañas de coñecernos ( o 19 de maio virán a Santiago)!



CORRESPONDENCIA CO CEIP DE PORTOSÍN

Á volta das vacacións tivemos unha magnífica sorpresa: chegaron as cartas dos nenos e nenas do CEIP de Portosín que tanto estabamos esperando. Foi todo un acontecemento ler e compartir as novas dos nosos amigos e amigas da beira do mar. Están desexando coñecerse persoalmente e poder xogar todos xuntos... E xa falta pouco para que iso aconteza!


11 abr 2014

A IDADE CONTEMPORÁNEA: PAULA, TANIA, SANDRA E FERNANDO

FERNANDO, SANDRA, PAULA E TANIA presentaron hoxe o seu traballo de investigación sobre a última etapa da historia: A IDADE CONTEMPORÁNEA. Fixeron unha exposición bastante detallada e sen demasiados contratempos.


A IDADE MODERNA: TEO, MARCOS, ROBERTO E ÓSCAR


ÓSCAR, MARCOS, TEO E ROBERTO presentaron o seu traballo de investigación sobre a cuarta etapa da historia: A IDADE MODERNA. Con algúns atrancos para facer aclaracións sobre o vocabulario pero foron resolvendo bastante ben.


10 abr 2014

A IDADE MEDIA: PEDRO, SERGIO SEIJAS E ANDRÉS

SERGIO SEIJAS, ANDRÉS E PEDRO presentaron o seu traballo de investigación sobre a terceira etapa da historia: A PREHISTORIA. 

Os errores das primeiras presentacións vanse corrixindo e están a facer unhas exposicións estupendas, demostrando coñecemento do que están a falar.




A IDADE ANTIGA: SERGIO LISTE, NADHIFA, LUCÍA E ANDRÉS FELIPE

SERGIO LISTE, NADHIFA, LUCÍA e ANDRÉS FELIPE presentaron o seu traballo de investigación sobre a segunda etapa da historia: A IDADE ANTIGA.
A exposición sempre da lugar a  situacións  comprometidas pero pensando e relacionando todas as dúbidas vanse resolvendo.



A PREHISTORIA - MARÍA, HUGO, NOA E MARIO

MARÍA, HUGO, NOA e MARIO presentaron o seu traballo de investigación sobre a primeira etapa da historia: A PREHISTORIA.


7 abr 2014

A HISTORIA A TOPE

Ordenadores mac, pc, ipads, correo electrónico, pendrive, pdf, power point, keynote, google, controlC, controlV... Toda unha colección de termos que imos manexando pouco a pouco, e non sen dificultades, no camiño da realización dos nosos traballos sobre as distintas etapas da Historia.
O importante é o queremos conseguir e, claro, polo medio temos que superar etapas na adquisición das destrezas tecnolóxicas.
Unha mostra da sesión de hoxe:

5 abr 2014

APRENDEMOS HISTORIA

Estes días o alumnado de 4º, organizados en 5 equipos, están traballando duro para completar unha presentación dixital sobre as etapas da Historia. En breves días farán a presentación para os seus compañeiros/as.

10º ANIVERSARIO DE FERNANDO

Onte, venres, Fernando cumpriu 10 anos e celebrámolo con entusiasmo e alegría. E, como sempre, comendo e cantando.
Parabéns Fernando e gozade moito nesa festa cos amigos, con cine incluído.

3 abr 2014

FIN DO TORNEO DE BRILÉ 2014


Estas son as fotos da entrega de agasallos do torneo de brilé deste ano. Non están todos/as os que xogaron porque só 4 equipos acadaron "trofeo" (3 equipos máis tiveron penalizacións por non axustarse estrictamente ás normas do torneo: solución pacífica dos conflitos. Outra vez será.
Parabéns para todos os gañadores/as e os xogadores/as dos outros equipos que souberon participar con limpeza e compañeirismo no xogo e que conseguiron o seu diploma. Tamén para as tres axudantes colaboradoras (Bea de 5º e Paula e María de 3º) polo seu magnífico traballo.

BRILÉ 2014 on PhotoPeach

2 abr 2014

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO E DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

VISITA Á EXPLOTACIÓN GANDEIRA DA FAMILIA CARRO EN BOADO - MESÍA

A MILLOR EXCURSIÓN DO MUNDO. Este era un dos múltiples comentarios que facían hoxe os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Ed. Primaria ao remate da visita a esta granxa.
Todo partiu da colaboración dos pais de Roberto (4º) coa finalidade de ampliar coñecementos sobre os oficios e as profesións; eles coordinaron esta saída que non sería posible sen a colaboración dos seus cuñados, José Manuel e Flora. Entre todos fixeron da mañá de hoxe un tempo inesquececible.
José Manuel e Flora mostráronnos as instalacións e foron explicando as distintas facetas do seu traballo diario.
Todo está automatizado. Os robots están presentes en distintos traballos: limpar os establos, ordeñar, cepillar as vacas, etc.
Hai animais de distintas idades; os máis pequenos con tan só dúas semanas de vida resultaron ser uns bonecos nas mans do noso alumnado, desexosos todos de tocarlles. Pero tamén houbo lambetadas de parte das vacas leiteiras.
E falando do leite... Que marabilla ver o proceso de muxir, todo informatizado ata o punto de que cada vaca vai á sala de muxido cando quere; a máquina rexistra os datos (nº de identidade, litros de leite, etc.)
Vimos tamén todo tipo de forraxes para a súa alimentación: silo de millo, de restos da elaboración da cervexa, unha finca experimental con VEZA, unha leguminosa semellante ás lentellas...
Os nosos anfitrións prepararon unha magnífica merenda para todos e todas, con leite de verdade e galletas.
Non vou contar eu todo; que sexan eles e elas os que vos conten os pormenores.
E despídome por hoxe cun enorme agradecemento a Mª José e Luis, os pais de Roberto, e a Flora e José Manuel, seus tíos, por brindarnos esta magnífica xornada.