29 nov 2012

VÍDEO DE COCIÑA. TORTILLA DE CABAZA E CABACIÑA

Por problemas técnicos non foi posible subir este vídeo ata hoxe, pero o traballo deste equipo de cociña non podía quedar sen visualizar. Que disfrutéis igual que o fixemos nós... mirade as súas caras e xestos!


28 nov 2012

1999 RQ36

Ese nome tan estrano é o que ten un asteroide ao que a sonda OSIRIS-REx vai visitar para recoller mostras.
Eiquí o tedes. Sae un pouco pixelado, porque está moi lonxe i é moi pequeno.

O asteroide é un veciño noso, e está moi cerquiña da Terra (tarda 436 días en dar unha volta ao Sol... lembrade que nós tardamos 365: iso significa que está un pouquichiño máis lonxe do Sol que nós). 
É pequecho: só mide 493 metros de diámetro, e está un pouco triste, xa que non ten nome.

Pero iso vaise arranxar: dende a páxina Planetary.org propuxeron un concurso: Poñer nome a ese asteroide!

O grupo de Atención Educativa de 4º, composto por Yasmina Rey, Khadija, Ana, Diana e Juan, decidimos concursar e chamarlle BREOGÁN, coma o nome do mítico rei galego. Pensamos en PEÓN, por ser un xoguete popular; en VITE, en OBRADOIRO, en COMPOSTELA e noutros nomes, pero logo vimos que os da UAI (a Unión Astronómica Internacional) preferían nomes mitolóxicos. Mandamos un formulario coas nosas razóns para chamarlle Breogán, e o teacher Pablo traducíuna ao inglés e aló a mandamos.

Ogallá nos elixan!


Posdata: nesta LIGAZÓN poderedes ver onde está agora mesmo 1999 RQ36. Tarda un chisco en cargar e hai que ter Java instalado, pero dentro da caixa onde pon Orbit  Diagram aparecerá a posición con respecto aos planetas interiores.
Recomendamos tamén os programas gratuítos Celestia e Stellarium para poder desfrutar do Cosmos.

26 nov 2012

VÍDEOS COCIÑA_DÍA3 (NOCES - CABAZA)

Ata hoxe non apareceran as nenas pola nosa cociña. Mirade que xeito lle puxeron, xa din elas que axudan na súa casa. Eles tamén o fixeron moi ben aínda que amasar fora un pouco "noxento".

TALLER COCIÑA_DÍA 3: AS FOTOS (EQUIPOS NOCES E CABAZA)

TANIA, PAULA, MARÍA, ÓSCAR E ROBERTO. Novamente deron a talla e, aínda que o normal é que as receitas non saian ben á primeira, estes cociñeiros e cociñeiras teñen tan boa man que son capaces de experimentar unha vez e xa facer unhas comidas moi boas: hoxe había algo verde ( a tortilla de cabaza e cabaciña) e xa non gustou a todos... pero si á gran maioría! As lambetadas sempre teñen éxito e hoxe había boliñas de noz, moi, moi doces... riquísimas e moi doadas de facer aínda que algo pringosas para as mans, verdade Óscar?
PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN




VÍDEOS TALLER COCIÑA- DÍA2 (LIMONADA)

Para que vexades a habilidade destes rapaces... Ao millor aquí se está a fraguar o futuro da escola de Hostelería de Santiago!

25 nov 2012

TALLER DE COCIÑA DÍA 2 (INGREDIENTE: OS LIMÓNS)_IMAXES

Mario, Andrés e Sergio Seijas conseguiron facer, según a opinión maioritaria, "a mellor limonada das súas vidas". Todos foron para a casa con intención de facela: teño que dicir que na receita hai un erro, xa o vedes nas fotos: usaron a licuadora e non a batidora.


22 nov 2012

LUNS, 26 DE NOVEMBRO: COCIÑA - DÍA 3

Déixovos as receitas dos dous equipos; preme nas imaxes para poder velas e/ou descargalas.
EQUIPO NOCES: Óscar - Roberto

EQUIPO CABAZA E CABACIÑA: María - Tania - Paula

MAÑÁ VENRES ABRE A NOSA COCIÑA OUTRA VEZ

Nesta segunda xornada o equipo de cociñeiros tiña como ingrediente principal o LIMÓN. Sergio Seijas, Andrés Martínez e Mario van facer unha orixinal limonada... os limóns non se pelan! Xa veremos que sabor final consiguen.
Preme sobre a imaxe para ver a receita e/ou descargala

21 nov 2012

OS ANIMAIS VERTEBRADOS


Nesta ligazón poderás repasar as características máis importantes dos animais vertebrados. Preme sobre a imaxe e atoparás diferentes actividades para afianzar os contidos traballados na aula e coñecer algunhas peculiaridades dos animais da comunidade cántabra xa que alí atopamos este interesante recurso educativo.



19 nov 2012

VÍDEOS TALLER COCIÑA_DÍA1: MILLO E CASTAÑAS

Non están editados, ás veces alguén ponse diante do obxectivo porque non se lembra de que se está a facer unha gravación... De todos os xeitos seguro que a todos vos gusta ver o que fixemos na nosa improvisada cociña e con que soltura se desenvolven estes "pequenos laretas".

TALLER DE COCIÑA - DÍA 1

Que marabilla! Aquí hai "madeira" de cociñeiros pero tamén de catadores. As imaxes falan por sí mesmas. Verdade que Carmela non cociñou?
O pudin de castañas que fixeron Teo, Sergio e Pedro estaba sensacional e só tivemos dous problemiñas: a nata era de cociñar e foi imposible montala (aínda así estaba riquísima) e por outro lado é un pouco difícil controlar o tempo exacto de cocción. De todos os xeitos, estaba moi saboroso!
As papas de millo de Fernando e Marcos complicáronse un pouco porque había lume por medio e pegáronse un chisco pero ao final tiveron moito éxito e probaron tres versións: normais, con azucre e con chocolate.
Todo moi rico!


17 nov 2012

UN AGASALLO

Xosé Luis Fernández Alló é o pai de Marcos. Que é un "manitas"  xa o sabiamos os que fai algún tempo que o coñecemos porque sempre colabora en todas as actividades nas que fai falta un pouco de creatividade. No día da celebración do magosto-peón veu preparadísimo con distintos trompos feitos por él que aparecen nas fotografías xa publicadas en leriasdevite e tamén aquí; tamén Marcos trouxo peóns nos que aparecía a man de seu pai.
E como o prometido é débeda, hoxe chegoume un fermoso agasallo en forma de "pin" que me tiña prometido. Todos o celebramos como agasallo común (encántame este aire de comunidade que se respira aquí) aínda que está gardado na miña casa.
Moitas grazas, pois, de parte de todos nós.
Fotografía realizada por Tania Cortés

O LUNS EMPEZAREMOS A COCIÑAR!

Familias: xa sabedes que estivemos facendo un proxecto de investigación que empezou cando fumos recoller cogumelos polas zonas verdes do noso colexio e despois o estudo foi abarcando moitos outros produtos de outono. O alumnado, repartido en parellas ou tríos, foi cubrindo os distintos apartados das súas fichas de traballo nas que sempre se incluía unha receita para poder elaborar eles/as con algunha axuda. Pois chegou o momento de levar á práctica esas receitas.
A primeira quenda será para Sergio Liste - Pedro e Teo que farán un "Pudin de castañas". O luns tamén  cociñará o equipo de Marcos: "Papas de millo".
Todos deberán traer a maioría dos ingredientes (xa levaron unha nota para a casa). Os aparatos e algunha outra cousa aportáremolos as profes.

Preme na imaxe para ver a receita e poder descargala/copiala.
http://issuu.com/carmelarro/docs/pudindecasta__as

16 nov 2012

MÁIS PUBLICIDADE

Aquí están os/as da quenda de hoxe (LUCÍA, ROBERTO, NOA E MARCOS); algún outro non sae porque hai que repetir a vindeira semana.
E lembrade: o texto non debería ser demasiado curto nin tampouco demasiado longo porque senón resulta aburrido e ninguén vai mercar o produto que queredes vender! E en galego!

OS MAGNÍFICOS PEÓNS DE MARIO E MARCOS

Por falta de tempo non destacamos aquí estas dúas magníficas obras de arte: son dúas mostras do que pode dar de sí a colaboración entre os nenos e os adultos, entre a familia e a escola. Os nenos disfrutan e os adultos tamén e despois todos podemos alegrar a vista vendo os resultados. Eso sí, non son para facelos bailar pero podemos poñelos como decoración.
Moitas grazas familias e nenos polo voso traballo conxunto.


REMATAMOS UN TRABALLO SOBRE A VENDIMA

Teo, Andrés Felipe, Tania, Fernando, Sandra, Noa e Tzarik
















O outono avanza e o noso alumnado vai progresando no estudo sobre distintos aspectos do mesmo. O grupo de nenos e nenas de Atención Educativa (os que non asisten ás clases de Relixión Católica) veñen de rematar un estudo sobre as distintas fases da vendima, unha labor ben característica nalgunhas zonas de Galicia durante o outono.
Na foto aparecen moi contentos co seu flamante traballo, realizado en equipo. Dentro duns días colgaremos unha presentación con todo o traballo, para que o poidades ver cun pouco máis de detalle e, de paso, aprender algo do seu traballo.




Táboas de multiplicar

As táboas de multiplicar son un recurso moi útil para case calquer aspecto da vida cotián, polo que aprendelas axudará a desenvolvernos mellor na vida. Ademais, sabendo multiplicar aprenderemos a dividir.

Para aqueles que tedes problemas con elas eiquí tedes estes recursos:




E xa que estamos, pois preséntovos a Xosé Rodríguez González, un matemático galego que vivíu hai case douscentos anos: para que vexades que a ciencia en galego tamén conta!




15 nov 2012


Algún pai estaba esperando por recursos de Lingua para repasar na casa co seu fillo, aquí vai un pouco de todo, clasificado por temas: vocabulario, ortografía e gramática.

EU BUSCO PALABRAS

CURIOSOS ANIMAIS

BÓTAME UN FEITIZO

HABÍA UNHA VEZ

TRABALLANDO A PUBLICIDADE

Estamos a traballar a linguaxe publicitaria e cada alumno/a fai as súas propostas, con cancións de anuncios que lembran.
Hoxe pilleinos por sorpresa coa cámara e estaban algo tímidos (sobre todo Sergio, que sempre é moi espontáneo) pero seguro que despois haberá "empurróns" para ser protagonistas. A Mario fastidiárono un pouco os "coristas" que cantaron en castelán cando el tiña adaptada a letra ao galego.


14 nov 2012

Xa estamos no tema: OS ANIMAIS!. E xa sabemos clasificar os animais que viven no medio acuático dos que viven no medio terrestre. Pero..., canto nos queda por investigar, descubrir, aprender...


12 nov 2012

OS DEBUXOS DO PEÓN

Así quedaron as decoracións, sobre o papel, dos peóns de 3º e 4º. Non están todos porque algúns "esqueceron" a data de entrega dos traballos.

AS FAMILIAS DE 2º CICLO COLABORAN NO DÍA DO PEÓN

Grazas a todas as familias que colaborástedes dalgún xeito para que este día de celebración fora todo un éxito:  decoración de peóns con imaxinación, aportación de produtos e materiais, búsqueda de información, exhibición de habilidades co peón e, como non, a vosa inestimable presenza o pasado venres 9 de novembro.


AS CAMISETAS SOLIDARIAS DE 3º

O venres trouxemos as camisetas solidarias ao cole e aquí estamos na foto que nos fixo Noa. Falta a profe Inma que ese día chegou máis tarde e os dous despistados (Pedro e Hugo), que non se lembraron de traela.
Lembrade que cando vaiades a lgunha viaxe é importante facer unha fotografía coas vosas camisetas solidarias para ir espallando o seu percorrido.
A profe Carmela con Marcos, Mario, Óscar, Roberto, Sergio Liste e Sergio Seijas

O PROXECTO DAS CABAZAS


María: estes días estivemos facendo un proxecto sobre as cabazas, atopamos moita información.

Paula: aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben.

Tania: coas follas de información aprendemos moito sobre as cabazas.

7 nov 2012

PALABRAS POLISÉMICAS E MÁIS

Como as familias nos estades decindo que vos veñen moi ben os  recursos para repasar os contidos traballados na aula, aquí vos deixo unha ligazón que reúne diferentes apartados que estamos vendo nestas datas na aula de 3º. Premendo na imaxe, éntrase nunha páxina con todo tipo de actividades de: Lengua, Coñecemento do Medio. Espero que vos resulte interesante.

UNHA PISTA PARA O TRABALLO DE ED. FÍSICA: O REFRANEIRO DO PEÓN


 O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado ou ao faiado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón.

PRACTICAMOS COS NOSOS PEÓNS

Estes días os peóns non deixan de xirar: na clase de Ed. Física, no recreo, na clase e ata investigamos coa profe de Relixión sobre o refraneiro e os santoral referido ao peón. Pero o máis divertido e velo bailar e facer os trucos.

A CABAZA DE MARÍA

Parece que as cabazas medraron moito este ano, a de María é tan grande que se meteu dentro unha bruxa e despois non podía saír.
MARÍA, MOI ORGULLOSA DESPOIS DO BONITO TRABALLO QUE FIXO.

5 nov 2012

O MURAL DO OUTONO XA ESTÁ REMATADO

O título é "AS CORES DO OUTONO"; a cor que lle tocou ao 2º ciclo foi o amarelo e así foi como tivemos que facer toda a decoración: fixemos distintos detalles entre os de 3º e os de 4º; hoxe colocámolo no mural (os que axudamos acabábamos de recibir as caras verdes do mes de outubro e foi un bo agasallo; outro día tocarálles a outros compañeiros/as que tamén gañaron as caras verdes).


TROUXEMOS CABAZAS PARA A EXPOSICIÓN

A ROBERTO NON SEMELLABA QUE LLE DESE MOITO MEDO PORQUE ESTÁ MOI SORRINTE.


MARCOS, A SÚA DABA UN MEDO QUE ARREPIABA.

MARIO, CASE NON PODÍA CON ELA DE TANTO COMO PESABA.