24 feb 2014

ACTIVIDADES PREVIAS Á CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Estes días temos moita actividade extra preparando o Entroido: fixemos o cartel anunciador, maratón de preguntas, etc.
Déixovos unha pequeniña mostra das imaxes.


24 febreiro: DÍA DE ROSALÍA

Os alumnos e alumnas de 3º celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, lendo algúns dos seus poemas e unha pequena biografía.

17 feb 2014

XIMNASIA DE MANTEMENTO CON PERSOAS MAIORES


Hoxe tivemos unha clase de Ed. Física especial. Viñeron as señoras de AGADEA para facer, coa súa a monitora, a ximnasia que realizan habitualmente. Son exercicios onde traballan as articulacións máis importantes, con movementos suaves que lles permitan mellorar a mobilidade que se vai perdendo co paso dos anos e as enfermidades.

10 feb 2014

PARABÉNS CON RETRASO PARA SANDRA

O seu aniversario foi o 1 de xaneiro e, claro, como estábamos de vacacións non celebramos nada. Hoxe lembrámonos e houbo cánticos e estiróns de orellas.

TEATRO PRINCIPAL

     


        Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º e as súas mestras Pilar, Chus, Mercedes e Rita fixemos unha saída ao Teatro Principal para asistir ao concerto do grupo de percusión ODAIKO xunto coa BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO. Gustounos moitísimo! e acabamos todo o público berrando: Queremos máis, queremos máis...


7 feb 2014

SEGUNDA ENTREGA DO VITEINFORMA DE 4º

O prometido, aquí está o VITEINFORMA que estabamos a preparar. Xa podedes dar os parabéns aos vosos fillos e fillas polo seu traballo e entusiasmo para expresarse en galego diante dun público moi esixente. Sen complexos e que sigan progresando.