28 feb 2013

Hoxe póñovos actividades de Matemáticas, para que fagades prácticas de cálculo mental. Unha recomendación: para non perder tempo é mellor utilizar o teclado numérico (o que está á dereita). Cantas operacións eres capaz de resolver correctamente en un minuto?

27 feb 2013

PARA APRENDER A ESCRIBIR CONTOS

Gustaríavos ser escritores? Se esta non é a profesión do teu futuro pero queres divertirte un pouco inventando as túas propias historias con un pouco de axuda, preme na imaxe e sigue as pautas.


CADERNOS DE CALIGRAFÍA

Estes son os cadernos de caligrafía dos que falamos na reunión coas familias do pasado martes; empeza no nº 1 coa dirección no trazo das letras e vaise avanzando a medida que cada un vai vendo as necesidades (os números 1, 2 e 3 son os máis elementales pero para asentar a direccionalidade no trazo están moi ben)



SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL - GALICIA: CONTOS DO MUNDO

Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar dunha interesante actividade de dinamización lectora, coa presenza dunha representante da ONG Solidariedade Internacional  - Galicia. O alumnado estivo moi atento en todo momento, seguindo as evolucións do conto "Irene no Oriente próximo": a través das súas aventuras, e das historias recompiladas durante os seus días por Líbano, Xordania e Palestina, Irene, filla de cooperantes, achegará unha boa parte da cultura e tradicións aprendidas durante a súa viaxe a nenos e nenas..
Ao final houbo agasallos para todos eles e elas un exemplar do libro e un chisco da prezada area do deserto.
Déixovos unha mostra das fotos da sesión.

22 feb 2013

Técnicas de Estudo

A profe Mercedes tróuxonos unhas técnicas de estudo para mellorar as nosas habilidades!
Eiquí o segundo equipo de Informática dos venres pasamos a copialo:

Técnicas de estudo
1) Dúas Lecturas
2) Subliñado
3) Esquema
4) Memorización
5) Repaso

1) Lectura rápida do tema


2) Lectura comprensiva e subliñado

Ler e subliñar o máis importante.
  • Os títulos (pode ser con rotulador fluorescente). 
  • As ideas principais en vermello.
  • As ideas secundarias en azul.
 

3) Esquema

Se se fixo ben o subliñado, só é cópialo ordenadamente.

4) Memorización

Memorizar comprendendo.

5) Repaso

OLLO! Moi importante repasar. Memorizar e repasar deben ir xuntos. Se non repasamos, non nos acordaremos de nada. 


20 feb 2013

PRESENTACIÓNS DIXITAIS (PPT) ANIMAIS-PEDRO E TANIA

Seguimos traballando a fondo o temas dos animais como tema transversal. Na área de Coñecemento do Medio imos pouco a pouco avanzando na elaboración das presentacións dixitais sobre o animal elixido; xa sabedes que despois cada un tén que facer unha exposición ante os seus compañeiros/as que sempre teñen unha chea de preguntas para eles. Un montón de experiencias enriquecedoras, sen dúbida.

Aquí están os traballos de Pedro e de Tania,  feitos en powerpoint e pasados a película para poder compartilos con vós.
PEDRO VALERO (O RINOCERONTE)


TANIA (O GATO PERSA)





12 feb 2013

Ligazóns de exercicios online

Ola chicos e chicas. Xa sei que estamos de vacacións pero hai que deixar un tempo para repasar porque recordade que o xoves e o venres teremos exame de Mate e de Coñe. Seguide esta ligazón.




7 feb 2013

MARCHOU ZARIK: GRAN AMIGA, COMPAÑEIRA E ALUMNA

O seu nome é Zarnigor Mardonova. Hoxe marchou para o seu país, Uzbequistán, na Asia central  e quedamos con moita pena. A súa familia veu despedirse e fixemos algunhas fotos, non moitas para non prolongar demasiado o momento nin facer perder a clase aos compañeiros para esquecer os momentos tristes.
Un bico moi forte de todos nós Zarik!
Moita sorte a toda a familia!

6 feb 2013

GRAFOMOTRICIDADE... URXENTE EN 3º!!!

Un número bastante elevado de alumnos/as de 3º necesita corrixir erros adquiridos na adquisición da aprendizaxe da escritura de letras e números, trazos feitos nunha dirección incorrecta que impide un avance na velocidade e mellora da escritura.
Con esta finalidade realizaranse exercicios de caligrafía partindo desde o máis básico, que é o punto inicio de cada letra e número así como o sentido do trazo.
Déixovos aquí esta ligazón para practicar. Preme na imaxe.

OS DISFRACES DE HOXE

Como manda o Meco eles e elas  xogan; así estaban hoxe de guapos.


EXPERIMENTANDO NO RECREO

Teo, Tania e Liyukeni estiveron probando este xogo moi vello pero que tiñan abandonado: o xogo das chanclas. A cousa require unha boa coordinación entre as tres persoas pero lograron o obxectivo. O máis difícil foi xirar para facer as curvas.

5 feb 2013

TALLER DE CARAUTAS

O luns facendo estas fermosas carautas dos personaxes da película de Kung Fu Panda. O obradoiro estivo dirixido por varias monitoras e un monitor do concello de Santiago. Todo o resto de nenos/as do cole tamén elaboraron as súas e... haberá premios para as millores!


UN "LIBRO" PARA ZARIK

Este é o libro que fixemos para agasallar a Zarik, cos nosos mellores desexos para que se lembre do cole de Vite e dos seus compañeiros e compañeiras; tamén das profes. Nós imos botala moito de menos.

4 feb 2013

DÍA EMOCIONANTE - VAISE ZARNIGOR

Hoxe era un día emocionante porque puxemos cousas brillantes, tamén porque fixemos unhos agasallos que tiñamos preparados para Zarik.
Zarik é unha gran compañeira, no tempo que estivo aquí conseguiu que todos a queiramos un montón e por iso se merece todos estes agasallos: un libriño feito por todos, uns DVDs con fotos e vídeos e tamén algo que mercamos na tenda.